PRIMEIRO EQUIPO DE MEDIACIÓN EN CONFLITOS ESCOLARES DO IES DE BECERREÁ

Durante o mes de novembro desenvolveuse no noso centro o curso no que se formaron os primeiros mediadores en conflitos escolares do noso centro. Este grupo de voluntari@s queda conformado por Marcela e Joel, de 1º da ESO; por Elisa e Johanna, de 2º; Carolina, Xoel, Blanca, Bret e Carlota, de 3º; completa o grupo Isaac, de 4º. Tod@s eles, que xa recibiran formación en cursos anteriores, pasan a xogar o papel de mediadores naqueles conflitos nos que as partes implicadas soliciten a mediación para resolver a situación dun xeito pacífico e educativo, mediante a adopción dun acordo. Parabéns polo seu logro a este grupo de repaces e rapazas e o noso agradecemento polo seu entusiasmo e disposición. Proximamente, o grupo e as súas funcións serán presentados a toda a comunidade educativa.