ALUMNOS DO IES DE BECERREÁ NO CAMPIONATO AUTONÓMICO ESCOLAR DE ORIENTACIÓN A PÉ

Diego Méndez e Miguel Ángel Mon, de 2º da ESO (categoría infantil masculino), foron os representantes do IES de Becerreá no Campionato Autonómico Escolar de Orientación a Pé, celebrado o 16 de abril no Carballiño. Acudiron ao estar clasificados entre os dez primeiros participantes da súa categoría no Campionato Provincial Escolar, e nesta segunda proba conseguiron dous meritorios postos (sétimo para Miguel e vixésimo noveno para Diego), sobre todo se consideramos que a súa experiencia previa coa orientación a pé redúcese ás clases de Educación Física no instituto e a participación na citada proba provincial. Parabéns aos dous e esperamos que a experiencia faga deles dous corredores que gocen desta interesante e actractiva actividade no futuro.