CONVIVENCIA ENTRE OS EQUIPOS DE MEDIACIÓN DO IES DE CASTRO E O IES DE BECERREÁ.

Se o ano pasdao foron os nosos mediadores/as os que visitaron o "IES da Terra Cha, José Trapero Pardo" (Castro), este ano eles foron os anfitrións e recibiron ao alumnado que forma parte do equipo de mediación do citado centro. Se queres coñecer o contido desta xornada, preme na imaxe para visitar a galería de fotos (percorrido polas instalacións do centro, demostración do alumando de 3º na clase de música, xogos cooperativos, intercambio de experiencias como alumnado mediador ...). Un grato encontro que serviu para acordar a repetición deste evento en cursos posteriores e poder enriquecernos da experiencia mutua.