Evitar navegación.
Principal

Campionato Provincial de Campo A Través

  O Campionato Provincial de Campo a Través celebrarase o vindeiro sábado 19 de febreiro en A Pobra do Caramiñal.

Acceso á normativa

O sábado, 29 de xaneiro, celebrouse nas instalacións de Acea da Ma o Campionato Intercomarcal da Zona de A Coruña de Campo a Través, ao cal acudiron os equipos clasificados nas fases comarcais de A Coruña, Bergantiños e As Mariñas, moitos deles clubes de atletismo federados.

Na clasificación por equipos, os atletas do IES Blanco Amor acadaron o segundo posto en Infantil Masculino e Cadete Masculino (equipo A), co cal eses equipos disputarán o campionato provincial na Pobra do Caramiñal o vindeiro 19 de febreiro.

Acadáronse tamén dous terceiros postos en Cadete feminino e Cadete masculino (equipo B). Individualmente, destacar a medalla de bronce de David Ares Patiño (infantil masculino) e o cuarto posto de Pilar Burillo Veiga en cadete feminino, que a clasifica individualmente para o campionato provincial.

 Acceso à clasificación do intercomarcal