Galería do IES Breamo

Galería de imaxes

08. REITORAL DE NEMIÑA
Aínda que no concello da Bugalleira (ao que pertencía Ponteceso) había dúas escolas, o futuro poeta vai estudar a unha reitoral como era costume faceren os rapaces que no futuro querían seguir estudos eclesiásticos ou universitarios. Pondal, pois, vai formarse en Vilela de Nemiña, baixo a dirección do cura párroco de Touriñán, Cristóbal de Lago, até o ano 1848, que se trasladará a Santiago a facer o bacharelato.

Esta época da súa vida debeu ser importante na súa traxectoria vital, humana e académica, posto que a ela vai aludir repetidamente na súa obra, lembrando os seus antigos compañeiros e citando insistentemente o criado que o acompañaba no percorrido á reitoral de Nemiña:

Meu criado e compañeiro,
da Bouza, Farruco amigo,
paremos un pouco aquí:
práceme o fungar dos pinos,
que cando os sinto de preto
na alma non sei que sinto,
se é pracer ou son suidades
dun pasado tempo antigo.

06_peirao.jpg 07_cesareo.jpg 08_reitoral_de_neminha.jpg 09_borneiro.jpg 10_dolmen_dombate.jpg
Puntuar este ficheiro (Puntuación actual : 2.1 / 5 con 10 votos)