Galería do IES Breamo

Galería de imaxes


13_panteon_galegos_ilustres_1891.JPG
13 Panteón dos Galegos Ilustres248 vistasCo traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro en 1891 inaugúrase o Panteón dos Galegos Ilustres en Santiago.

Dado que non había nin lápida nin cruz na tumba de Rosalía, cando menos a dous meses do seu enterro no cemiterio de Adina, comezou unha mobilización de desagravio en La Habana canalizada pola Liga Gallega en 1891 para o traslado dos seus restos de Adina a San Domingos de Bonaval.
14_panteon_de_Carral.jpg
14 Panteón aos mártires de Carral242 vistasMonumento en homenaxe aos chamados mártires de Carral, mártires da Revolución do 46, inaugurado en 1904.

Este panteón realizouse por iniciativa da Liga Gallega cos cartos dos emigrantes.
15_RAG_1904.jpg
15 A RAG nace na Habana241 vistasAínda que foi inaugurada o 30 de setembro de 1906 na Coruña, o verdadeiro mérito e punto de partida da fundación da Real Academia Galega está, como tantas outras iniciativas, no fervor e na xenerosidade do mundo societario da emigración, como sinala o historiador Ramón Vilar Ponte e como se recolle na web da propia RAG.
16_himno.JPG
16 O himno galego soou por primeira vez na Habana208 vistasEstreouse na cidade da Habana o 20 de decembro de 1907 e, ao igual cá bandeira de Galicia, é froito da emigración.
a-guarda.jpg
Escola de indianos da Guarda332 vistasA Guarda (Pontevedra). Colexio “San José”, levantado pola benfeitora Vicenta Cachadas en 1894 mercé a un legado procedente de Porto Rico.
cabo-viveiro.jpg
Escola de indianos de Cabo, Viveiro304 vistasCampo de Cabo, San Pantaleón de Cabanas, Ourol (Lugo). Modesta escola sostida pola sociedade “Vivero y su Comarca” formada por emigrantes residentes en La Habana.
cee.jpg
Escola de indianos de Cee301 vistasCée (A Coruña). Colexio-Instituto de Santa María, promovido polo filántropo Fernando Blanco de Lema desde Cuba, inaugurado en 1886.
cervas.jpg
Escola de indianos de Cervás299 vistasCervás, Ares (A Coruña). Edificio escolar levantado en 1925 pola sociedade “Centro de Instrucción, Protección y Recreo de Cervás”, formado por emigrantes radicados nos Estados Unidos.
estas-tomino.jpg
Escola de indianos de Estás, Tomiño286 vistasEstás, Tomiño (Pontevedra). Edificio escolar promovido pola Fundación Peirópolis, desde o Brasil, baixo a patrocinio do filántropo Abdón Alonso. Inaugurado en 1935.
negreira.jpg
Escola de indianos de Negreira295 vistasCobas, Negreira (A Coruña). Grupo escolar construído pola sociedade Unión Barcalesa, desde A Habana, inaugurado en 1922.
padrons.jpg
Escola de indianos de Padróns281 vistasPadróns, Ponteareas (Pontevedra). Escolas e local sindical promovido polos irmáns Generoso e José Benito Barcia Boente, emigrados a Iquitos, Perú. Este edificio foi inaugurado en 1915.
san-adrian-ortigueira.jpg
Escola de indianos de San Adrián, Ortigueira279 vistasSan Adrián, Ortigueira (A Coruña). Grupo escolar que a “Sociedad de Instrucción San Adrián” levantou naquela parroquia en 1912.
29 ficheiros en 3 páxina(s) 2