Galería do IES Breamo

Galería de imaxes


Últimas subidas - O Provincialismo
00_El_idolatra_de_Galicia.jpg
0. O Provincialismo12 vistasO provincialismo foi a primeira manifestación do galeguismo político. Naceu ao redor de 1840, ao remate da guerra carlista e o triunfo dos liberais, no seo do partido progresista, e rematou abruptamente co esmagamento do levantamento de Miguel Solís.

O provincialismo debe o seu nome á defensa da recuperación de Galicia como única provincia que mantivese a unidade administrativa, social, cultural e económica preexistente á división provincial de 1833 que rematara co reino de Galicia.

"Nesa loita, sobre todo entre moderados e progresistas, na Galiza comeza a aflorar una corrente de pensamento diferenciada que xa non ten como referente político principal España senón Galiza.

Outro factor importante son as influencias intelectuais que proceden de Europa. Por exemplo, o historicismo alemán que dá moito valor ás características culturais dos diferentes pobos. Tamén o celtismo, que nace en Francia no século XVIII e que introduce na Galiza Verea e Aguiar.

Foi importante un grupo de estudantes universitarios liberais en Compostela, fundamentalmente, que se xuntan na Academia Literaria e reciben esas influencias europeas.

Politicamente son progresistas e empezan a pensar Galiza doutra maneira a través dunha prensa propia e participando tamén en política dentro da Xunta revolucionaria do Partido Progresista e no levantamento de Solís de 1846. Crean un novo sistema no que ten moito valor a obra de Antolín Faraldo. Todo isto desemboca no levantamento de 1846."
(Xusto Beramendi 2022)
mar 08, 2023
05_cartel_banquete_conxo.jpg
05. Cartel do Banquete de Conxo7 vistasEn 1856, coincidindo co décimo aniversario dos Mártires de Carral, ten lugar o Banquete de Conxo, tamén coñecido como o Banquete Democrático de Conxo, un xantar de confraternización entre artesáns e estudantes que causou o terror entre as forzas vivas dunha cidade universitaria e clerical como Compostela.

A xuntanza interclasista, na que os estudantes universitarios serviron aos traballadores nun xesto considerado subversivo, tivo lugar na carballeira de Conxo e contou coas intervencións destacadas duns novísimos Aurelio Aguirre e Eduardo Pondal.

O banquete de Conxo converteuse nun acontecemento de grande importancia simbólica para o galeguismo e del xurdirá a xeración que vai promover o Rexurdimento pleno da cultura galega.
mar 06, 2023
04_Martires.jpg
04. Os Mártires da Liberdade37 vistasCoñécense como Mártires de Carral os militares sublevados que foron executados o 26 de abril na vila coruñesa de Carral, tras a derrota da Revolución de 1846.

Ao serán, o coronel Solís foi levado ao adro da igrexa de Paleo, onde foi fusilado. O comandante Víctor Velasco e dez oficiais máis foron pasados polas armas na Fraga do Rei, entre Carral e Paleo, e foron enterrados no día seguinte no cemiterio de Paleo, sen que se escribise sobre as súas tumbas inscrición ningunha. O párroco, que presenciou o fusilamento, na acta de defunción engadiu: "Espectáculo horroroso. Triste Memoria".
abr 27, 2021
10_Homenaxe175Aniversario.jpg
10. Homenaxe aos Mártires de Carral, 202126 vistasCartaz do acto de homenaxe aos Mártires de Carral no seu 175 cabodano.abr 27, 2021
07_1931-04-26_HomenaxeSEstevoPaleougris.jpg
07. Homenaxe aos Mártires de Carral, 193136 vistasHomenaxe aos Mártires de Carral no cemiterio de Santo Estevo de Paleo, onde foron enterrados anonimamente 85 anos antes.

Manuel Lugrís Freire atópase nesta fotografía feita o 26 de abril de 1931.

Fonte: Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia
abr 27, 2021
08_1931-04-26_DiscursoLugris_HomenaxeMartiresCarral__no_85_aniversario.jpg
08. Homenaxe aos Mártires de Carral, 193126 vistasMitin galeguista de Manuel Lugrís Freire ante o monumento aos Mártires de Carral, no 26 de abril de 1931, no 85 cabodano do seu fusilamento.


Fonte: Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia
abr 27, 2021
02_un-dos-manifestos-revolucionarios-da-xunta-superior-do-reino-de-galiza.jpg
02. Un dos manifestos revolucionarios da Xunta Superior do Reino de Galiza162 vistasManifesto pola Revolución de 1846, tamén coñecida como Levantamento de 1846, Pronunciamento de 1846 ou Sublevación Liberal de 1846

"(Tradución do orixinal en castelán) Galicia, arrastrando ata aquí unha existencia oprobiosa, convertida nunha verdadeira colonia da corte, vai levantarse da súa humillación e abatemento. Esta Xunta, amiga sincera do país, consagrarase constantemente á engrandecer o antigo reino de Galicia, dando proveitosa dirección ós numerosos elementos que atesoura no seu seo, levantando os cimentos dun porvir de gloria. Para conseguilo esforzarase constantemente en fomentar intereses materiais, crear costumes públicos, abrir as fontes naturais da súa riqueza, a agricultura, e o comercio, e poñer en harmonía coa época os hábitos e as ideas que deixou unha sociedade decrépita fundada sobre a ignorancia. Espertando o poderoso sentimento de provincialismo, e encamiñando á un só fin todos os talentos e todos os esforzos, chegará á conquistar Galicia a influencia de que é merecedora, colocándose no alto lugar á que está chamado o antigo reino dos suevos."
xul 23, 2010
01_antolin-faraldo.jpg
01. Antolín Faraldo (Betanzos 1822 - Granada 1853)177 vistasAntolín Faraldo foi un escritor e xornalista galego e un dos pais do movemento provincialista galego da primeira metade do século XIX.

Participou na chamada Revolución de 1846, para a cal redacta o 15 de abril de 1846 a proclama de constitución da Xunta Provisional de Goberno de Galicia, da que era secretario.

Fracasado o intento de revolución o 26 de abril, vese obrigado a exiliarse en Portugal.

Foi considerado por Murguía o primeiro dos precursores do Rexurdimento literario.
xul 23, 2010
03_o-coronel-miguel-solis.jpg
03. Miguel Solís (San Fernando, Cádiz 1816 - Carral 1846)152 vistasO coronel Miguel Solís Cuetos encabezou un levantamento liberal en 1846, ó mando do Segundo Rexemento de Zamora. A este pronunciamento sumáronse tropas de Santiago de Compostela, Vigo e Pontevedra.

O 23 de abril, na batalla de Cacheiras, Solís foi derrotado polas tropas de José Gutiérrez de la Concha.

Foi xulgado en Carrral nun xuízo sumarísimo. O medo á reacción dos seus simpatizantes explica que o xuízo tivese lugar en Carral e non en Santiago ou na Coruña.

Foi fusilado con once dos seus oficiais.
xul 23, 2010
09_panteonmartirescarral.jpg
09. Panteón aos mártires de Carral na actualidade152 vistasxul 23, 2010
06_panteon_Carral.jpg
06. Panteón aos Mártires da Liberdade, 1905318 vistasAs tropas de Solís foron derrotadas e os seus principais dirixentes militares detidos e fusilados en Carral.

Foi así como naceron os Mártires da Liberdade, o símbolo da historia do galeguismo que os rexionalistas plasmarían no monumento de Carral.

O Monumento aos Mártires de Carral é obra de Juan Álvarez Mendoza e foi inaugurado en 1905.
mai 31, 2007
 
11 ficheiros en 1 páxina(s)