Galería do IES Breamo

Galería de imaxes


Últimas subidas - Fotobiografía Pondal
26_himno.JPG
26. HIMNO GALEGO663 vistasPartitura empregada para imprimir a primeira versión do Himno Galego na Habana, onde foi interpretado o 20 de decembro de 1907 no Gran Teatro da Habana.

Tendo en conta a aureola de consagración de Eduardo Pondal como o grande poeta de Galicia, non é de estrañar que un músico de sona, Pascual Veiga lle solicitase unha letra para presentar ao certame musical organizado polo "Orfeón Coruñés nº 4".

OS PINOS
¿Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ó raio trasparente
do prácido luar?
¿Que din as altas copas
de escuro arume harpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
"Do teu verdor cinxido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso clan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso rouco son,
mas sós os ignorantes
e férridos e duros,
imbéciles e escuros
non os entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante,
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.
xul 23, 2010
21_pondal_1865.JPG
21. RETRATO DE PONDAL EN 1865649 vistasxun 08, 2009
22_pondal_1874.jpg
22. RETRATO DE PONDAL EN 1874678 vistasA mediados de 1885 decide marchar de Santiago e establécese na Coruña, cidade na que vai reproducir a súa vida compostelá e na que rexurdirán os problemas económicos.xun 08, 2009
23_curros.jpg
23. MANUEL CURROS ENRÍQUEZ683 vistasA finais dos anos 70 do século XIX entra no panorama da literatura galega Curros Enríquez, mais o éxito e a constante presenza na prensa do poeta celanovés causa certo desagrado en Pondal.
xun 08, 2009
41_Portada_A_Nosa_Terra.jpg
41. BIBIOGRAFÍA CONSULTADA506 vistasDOBARRO PAZ, X.M. e FERREIRO, Manuel, "Achegamento á biografía de Pondal" en Eduardo Pondal. Home libre, libre terra., A Nosa Terra, 1986

FERREIRO, Manuel, Pondal. Do dandysmo á loucura, Laiovento, 1991
mai 23, 2009
36_rua_hotel_la_luguesa_actual.JPG
36. RÚA DO HOTEL "LA LUGUESA" NA ACTUALIDADE633 vistasA MORTE DO POETA

O día 8 de Marzo de 1917 morreu no hotel "La Luguesa", na rúa Juana de Vega da Coruña, nº 21.
Este foi un dos moitos hoteis onde Pondal residía durante as súas estancias na Coruña. La Luguesa converteuse en escenario das súas derradeiras horas. Desde aquí enviou unha última carta, preocupado polos seus manuscritos, a Andrés Martínez Salazar. Tras varios anos de saúde moi precaria, o Bardo de Bergantiños morre neste hotel cego e en soidade.

O edificio actualmente atópase en rehabilitación.
mai 23, 2009
39_manuscrito_pondal.jpg
39. MANUSCRITO DE PONDAL500 vistasManuscrito autógrafo de Pondal "Po-lo baixo cantando...". Encóntrase na sede da Real Academia Galega.mai 23, 2009
40_maleta_eoas.jpg
40. MALETA NA QUE ESTABAN OS EOAS544 vistasMaleta de Eduardo Pondal na que se conservaron esquecidos durante anos os manuscritos e borradores d'Os Eoas. Atópase na actualidade na sede da Real Academia Galega.mai 23, 2009
35_rua_hotel_la_luguesa.jpg
35. RÚA DO HOTEL "LA LUGUESA" NO QUE VIVIU OS SEUS DERRADEIROS ANOS634 vistasPondal sempre quixo ser enterrado ao modo celta, a carón dos piñeiros ou nunha gándara da súa terra natal, mais as circunstancias lévano a aceptar na derradeira fase da súa vida outra alternativa, desexa ser amortallado co hábito de San Francisco e, de non ser na Ponteceso, que o enterren na Coruña.

A DERRADEIRA VOLUNTÁ
Cando eu pasar desta vida,
levádeme á Ponte-Ceso,
non vestido este meu corpo
de profano vestimento,
mas do saial de Francisco,
cinxido, humilde, sinxelo,
-que, anque humilde non nacín,
humilde repousar quero-,
e xa alí me sepultade
no monumento paterno...
Cando eu pasar desta vida,
levádeme á Ponte-Ceso.
Se non for na Ponte-Ceso,
sepultádeme na Cruña,
nesta garrida ciudade
que mil bellezas aduna,
a cabo do insigne Curros,
xa que a del i a miña musa
a fala de Breogán
fixeron nobre e robusta:
eu quero xacer de par
de tan nobre sepultura...
Se non for na Ponte-Ceso,
sepultádeme na Cruña.
mai 23, 2009
37_tumba_pondal~0.JPG
37. TUMBA DE PONDAL NO CEMITERIO DE SAN AMARO578 vistasO enterro, de primeira clase e sufragado polo Concello, constituíu unha mostra de fervor institucional e popular. Presidírono as autoridades municipais en pleno co alcalde, Manuel Casás, á cabeza e os gardas municipais en uniforme de gala, xunto con representacións da Deputación Provincial, da familia e da Academia. Na comitiva ían comisións en representación de case todas as institucións coruñesas, públicas e privadas, que ademais enloitaron as súas sedes. Ao paso do coche fúnebre ían cerrando as portas e escaparates todos os establecementos comerciais e bancarios, seguindo as recomendacións municipais, no medio dunha multitude expectante. No cemiterio de San Amaro falaron o Alcalde e, en galego, Lugrís. No final cantouse o Himno.

Estas pompas fúnebres contrastan co case inmediato abandono da tumba por parte da familia, duramente criticado polas Irmandades.
mai 23, 2009
38_sinatura.jpg
38. SINATURA DE EDUARDO PONDAL497 vistasPondal cifraba toda a súa gloria na obra que legou para o futuro.

A OBRA DO POETA (1916)

Eis a obra exhibín, que non o ardente
raio destruïdor, non o desterro,
non o decreto de tirano urxente,
non poderán o fogo nin o ferro
p'ra sempre destruír..., nin aparente
envidia, nin prisón, nin duro encerro,
nin odio escuro, nin soberbia adusta,
nin a morte, nin longa edá vetusta
mai 23, 2009
30_Lectura_dos_Eoas.jpg
30. PONDAL LENDO OS EOAS CON MARTÍNEZ SALAZAR634 vistasNestes anos da derradeira década do século XIX e a primeira do XX, toda a súa actividade literaria móvese arredor da Cova Céltica. Un faladoiro que mantiña un grupo de intelectuais galeguistas na libraría Rexional da Coruña, onde Pondal exercía como o Poeta, o Bardo, perante a numerosa concorrencia que a frecuentaba.

A maioría das críticas contemporáneas da poesía pondaliana son positivas, pois en xeral limítanse a seguir os xuízos de Emilia Pardo Bazán, que o tiña en alta estima.
mai 23, 2009
42 ficheiros en 4 páxina(s) 1