Galería do IES Breamo

Galería de imaxes


Últimas subidas - Fotobiografía Pondal
31_pondal_escribindo_de_pe.jpg
31. PONDAL ESCRIBINDO DE PÉ631 vistasEn Febreiro de 1903, desde A Coruña manifesta a súa "terrible" soedade. Por primeira vez hai un recoñecemento explícito da situación de crise mental que o afectaba desde había anos e mesmo chega a falar de "neurastenia". É por iso que fai sucesivos testamentos hológrafos, o último e definitivo en 1910, no que deixou os seus libros á Real Sociedade Económica de Amigos del País de Santiago (da que era socio honorario) e os manuscritos e impresos á Real Academia Galega (da que era membro numerario).
mai 23, 2009
32_vista_monte_branco_desde_casa_pondal.jpg
32. VISTA DO MONTE BRANCO DESDE A CASA NATAL DE PONDAL622 vistasEstancia en Ponteceso (1905 -1908), na que pasa por fases de melloría e outras de recaída, sofrendo a morte do seu derradeiro familiar directo, a súa irmá Josefa.

¡Monte Branco, monte Branco,
cando te vexo de lonxe
verto a soas triste pranto!
Pois as nosas alegrías
ós dous nos fono fallando:
a ti das túas areas
os ventos te despoxano,
a min tamén me fallecen
aqueles gustos pasados.
¡Ti negreas i eu teño a cabeza
chea de cabelos brancos!

mai 23, 2009
33_pondal_no_segundo_cabodano.jpg
33. PONDAL NO SEGUNDO CABODANO DE CURROS ENRÍQUEZ654 vistasInstálase definitivamente na Coruña a partir de 1908 e vive recluído en diferentes hospedaxes sen facer ningunha caste de vida social.

Isto non impide o seu recoñecemento como académico honorario por parte da Academia de Poesía Española de Madrid en 1910, cando xa levaba 25 anos sen publicar nada en español.

Tamén acode ao segundo cabodano do enterro de Curros en 1910.
mai 23, 2009
34_pondal_1911.jpg
34. RETRATO DE PONDAL EN 1911677 vistasPondal fai unha vida recluída na cidade herculina desde 1908.

En 1916 xa está cego e, paralelamente ao proceso de deterioro físico, consúmase a súa ruptura coa realidade: a súa loucura empúxao a ditar obsesivamente fragmentos dos Eoas e doutros poemas por medo a que llos rouben. Esa idea obsesionouno desde moi cedo, pero agora chega ao medo paranoico de que lle rouben os seus versos os seus propios amigos.

(17/2/1916)

Na miña cámara entraran
con sixilosa perfidia,
seus alentos contenendo
por temor de que os sentiran.
Os feitos eran da patria,
que nobre respeto inspiran;
as glorias eran da patria,
a que un amor grande obliga;
os cantos eran da patria,
entusiasmo os escribira...:
e procurando suplantar meu nome,
de oprobio e de baldón o seu cubriran.
mai 23, 2009
25_pondal_1886.jpg
25. RETRATO DE PONDAL EN 1886703 vistasA recepción do libro foi importante. Desde moi cedo sempre aspirara á aureola poética. Hai numerosas anotacións persoais na liña de autoafirmación da propia superioridade a través da identificación coa figura de grandes poetas. Nos Queixumes faise patente a elaboración literaria desta obsesión egolátrica materializada agora na figura do bardo.

A fins de 1887 retírase a Ponteceso. No verán de 1888 vai tomar as augas a Carballo, onde vai ficar algo máis dun ano. Durante estes anos continúan a ser constantes as referencias a unha inmediata aparición da grande epopeia Os Eoas.
mai 23, 2009
27_rio_anllons_desde_o_alto.jpg
27. RÍO ANLLÓNS DESDE O MONTE BRANCO640 vistasVive unha temporada en Carballo (1890-92) e especúlase con posibles relacións de carácter sentimental cun final pouco grato, mesmo coa posibilidade de que deixase descendencia en Bergantiños.

O TESTAMENTO DO BARDO (1890)

Sepultade piadosos
o bardo dos gaélicos destinos,
baixo os dereitos troncos rumorosos
de esvelto grupo de soantes pinos,
nos eidos saüdosos
que habitaron os celtas brigantinos.
Que diga o camiñante
que alí dirixe os pasos pelegrinos:
"Este cantou con voz harmonïosa
de Breogán a raza xenerosa".
mai 23, 2009
28_igrexa_de_anllons.jpg
28. IGREXA DE ANLLÓNS625 vistasEn 1895 aparecen dúas novas obras, O dólmen de Dombate e A campana d'Anllóns.

A continuación A campana d'Anllóns:

E ti, campana de Anllóns,
que vagamente tocando
derramas nos corazóns
un bálsamo triste e brando,
de pasadas ilusións.
Alá nos pasados ventos
primeiros da miña vida,
oio os teus vagos concertos,
reló dos tristes momentos
da miña patria querida.
¡Cantas veces te lembrou
o que marchou para a guerra,
cando á súa nai deixou,
e partindo a extraña terra
de Baneira de escoitou!
¡Cantas do mar africano,
cautivo bergantiñán,
oio nun soño tirano
o teu tocar soberano,
aló nas tardes do vran!
Cando te sinto tocar,
campana de Anllóns doente,
nunha noite de luar...
rompo triste a suspirar,
por cousas dun mal ausente.
Cando doída tocabas
polas tardes á oración,
campana, sempre falabas
palabras con que cortabas
as cordas do corazón.
Estabas contando ós ventos
cousas do meu mal presente,
os meus futuros tormentos,
que dabas cos sentimentos
según tocabas doente.
Campana, se polo vran
ves lumiar na Ponte-Ceso
a cachela de San Xoán,
dille a todos que estou preso
nos calabozos de Orán.
E a aquela rula inocente
que me morría de amor
no regazo docemente,
tremendo como unha flor
sobre a escondida corrente;
diraslle que unha de ferro
arrastro, rouca cadea,
castigo atroz do meu erro;
e que dentro deste encerro
o seu amor me alumea.
Ei ti, golondrina errante
dos longos campos de Arxel,
se á miña terra distante
te leva o voxo constante
dille o meu penar cruel.
Se alguén por min preguntar,
dille que estou en prisións;
e unha noite de luar
iraste unha vez pousar
no campanario de Anllóns".
Así, triste en terra allea,
aló nas prisións de Orán,
cantaba un mozo de aldea;
e nos grillóns da cadea
levaba o compás coa man.
"Oh, nai da miña vida,
adios, adios, meu pai;
prenda de min querida,
adiós, oh, miña nai:
sombras dos meus avós,
río da Ponte-Ceso,
pinal de Tella espeso...,
acordávos dun preso
como el o fai
de vós:
campana de Anllóns,
noites de luar,
lúa que te pos
detrás do pinar;
adios...
adios...
adioooos...”
mai 23, 2009
29_pondal_1900.jpg
29. RETRATO DE PONDAL EN 1900616 vistasDesde que se instalara na Coruña en 1894, Pondal segue coa súa vida de relacións sociais, frecuentando sociedades recreativas e festas e convites, cos gastos conseguintes a esta vida cidadá, que, coma sempre, lle sufraga a familia. Os dispendios en vestimenta e complementos son importantes.
mai 23, 2009
20_pondal_1862_b.jpg
20. OUTRO RETRATO DE PONDAL EN 1862722 vistasContinúa o seu proceso formativo e transládase a Santiago, onde permanece ata 1885. Neste período confírmase a súa transformación en poeta "profesional" cada vez máis galeguizado. A súa intensa participación na sociedade compostelá obrigábao a gastar sumas importantes tanto de residencia como en vestimenta de luxo, preocupación continua da que existe constancia ao longo de toda a súa vida posterior, así como outros gastos suplementarios derivados dun modus vivendi propio dun dandy. Consecuentemente, polo que se pode apreciar na súa correspondencia, virán continuas peticións de cartos á familia para satisfacer os seus gastos.
mai 23, 2009
24_Queixumes.jpg
24. QUEIXUMES DOS PINOS PUBLÍCASE EN 1886721 vistasEn 1886 publica Queixumes dos pinos, que vai supor a súa consagración definitiva.

Desde a aparición da súa grande obra, débese salientar que xamais volverá a utilizar o español como lingua de creación (coa excepción dun poema asinado con pseudónimo, Himno al besugo).

Ademais é o único escritor decimonónico do que se conserva correspondencia privada en galego e que mantivo a súa fidelidade lingüística no campo da creación literaria.

A língua tiveran
por língua de escravos;
esqueceran os pátrios acentos,
suidosos e brandos.
Dos própios acentos
tiveran vergonza;
de cautivos falaran palabras
de servos e ilotas.
Deixaran os doces
acentos xocundos
por estrañas palabras de servos,
ignaros e escuros.
A nai afrixida
da escura miséria,
os própios tomara
por xente estranxeira;
e espantada escuitara dos fillos
a plática serva.
mai 23, 2009
15_Rosalia_Santiago_1855.jpg
15. RETRATO DE ROSALÍA NOS TEMPOS DO LICEO DE LA JUVENTUD CONSERVADO ENTRE AS COUSAS DE PONDAL741 vistasPor outra parte, en Compostela vai ter oportunidade de reforzar unha formación literaria que o ha de converter no máis culto dos poetas galegos do seu tempo. A súa preocupación pola literatura non se limitaba aos autores grecolatinos (Virxilio, Tucídides, Plutarco, Homero, Safo, etc.). Tamén coñecía a Milton, Shakespeare, Heine, Dante, Ariosto, Monti, Leopardi, Chateaubriand, etc, ademais da Biblia, Ossián, Tasso e Camoes, de grande transcendencia na súa obra.

Convén suliñar que lía os clásicos na lingua orixinal (latín, grego, portugués, italiano, francés e inglés); mesmo chegou a redactar textos en italiano e a publicar un poema en francés.
mai 23, 2009
16_pondal_1859.jpg
16. RETRATO DE PONDAL EN 1859769 vistasÉ de supor que, tal e como reflicte unha boa parte das súas primeiras composicións, estivese interesado en procurar relacións de carácter amoroso. Aínda que morrese solteiro, ao longo da súa biografía existen numerosos testemuños de relacións con mulleres diversas. A visión idealizada da muller que ofrece nos poemas primeiros en español contrasta extraordinariamente coa máis crúa da maioría dos textos de madureza centrados na relación erótica, nos que a idea dominante é o asoballamento e a violación, idea que alternará na súa obra en galego coa imaxe idealizada das guerreiras virxes celtas, as fadas (mouras na mitoloxía galega) e as freiras. mai 23, 2009
42 ficheiros en 4 páxina(s) 2