Galería do IES Breamo

Galería de imaxes


Últimas subidas - Fotobiografía Pondal
17_titulo_medicina.jpg
17. TÍTULO DE MEDICINA755 vistasObtén o grao de Licenciado o 18 de Xuño de 1860.

Acabada a carreira de Medicina, traballou como médico da Armada en Ferrol, pero esta vida non lle resultaba satisfactoria. A pesar de todo, vai seguir en Ferrol ata o ano 1862.

Tras un breve paso pola Coruña foi a Madrid examinarse para médico de Sanidade Militar. Aprobou a oposición. Soamente consta a súa permanencia en destino durante o mes de Xullo, o 27 dese mes pediu permiso e non volveu máis.
mai 23, 2009
18_pondal_1862.jpg
18. RETRATO DE PONDAL EN 1862726 vistasUnha vez que abandonou a profesión médico-militar dedicou toda a súa vida a exercer de bardo, vivindo a conta da herdanza familiar. mai 23, 2009
19_escritorio_casa_natal.jpg
19. ESCRITORIO DA SÚA CASA NATAL686 vistasInicialmente instalouse na Ponteceso, posiblemente non só polo fracaso profesional, senón sobre todo por problemas de saúde mental, que xa se manifestaban desde cedo, mostrando síntomas de neurose obsesiva. A partir de agora, existen constantes probas dun proceso que desembocará na crise de 1903 e culminará na loucura final.
mai 23, 2009
10_dolmen_dombate.jpg
10. O DOLMEN DE DOMBATE849 vistasCamiño da reitoral de Nemiña pasaba diante do dolmen de Dombate ao que lle adicaría este poema de Queixumes dos Pinos:

O DOLMEN DE DOMBATE

Aínda recordo, aínda,
cand'eu era estudiante,
garrido rapacete
que ben rexerse sabe,
cand'iba p'ra Nemiña
a estudiar o arte
do erudito Nebrija
e do bo Villafañe,
qu'iba a cabalo, ledo,
como fan os rapaces.
Pasado Vilaseco,
lugar batido do aire,
no alto da costa d'Ures,
de montesía canle;
pasado Vilaseco,
indo p'la gandra adiante,
xa vía desde lonxe
o dolmen de Dombate.
Deixando Fonte-Fría
cara o lado de Laxe,
e levando o camiño
de San Simón de Nande,
polo chan de Borneiro
de cativos pinales,
cuase pasaba a rentes
do dolmen de Dombate.
........................................
Entonces eu deixando
ambas rendas flotantes,
pensoso iba cuidando,
p'la Viqueira salvaxe,
nos nosos xa pasados,
nos celtas memorabres,
nas súas antigas glorias,
nos seus duros combates,
nos nosos vellos dolmens
e castros verdexantes.
E despois a Nemiña,
ou que fose ou que tornase,
ó velo desde lonxe,
indo p'la gandra adiante,
sempre ledo escramaba:
"¡O dolmen de Dombate!".
Agora que pasano
meus anos xogorales,
agora que só vivo
de tristes suïdades,
que cumpro con traballo
meu terrenal vïaxe
e qu'a miña cabeza
branquea a grave edade,
aínda recordo, aínda,
o dolmen de Dombate.
mai 23, 2009
11_domen_na_actualidade.jpg
11. O DOLMEN DE DOMBATE NA ACTUALIDADE778 vistasmai 23, 2009
12_camara_dolmen_dombate.jpg
12. CÁMARA INTERIOR DO DOLMEN DE DOMBATE754 vistasmai 23, 2009
13_aurelio_aguirre.jpg
13. AURELIO AGUIRRE804 vistasEduardo Pondal trasládase a Santiago para iniciar os estudos de Bacharelato e rematado o ensino secundario, matricúlase na Facultade de Medicina en 1854.

Nos anos nos que chegou a Compostela estaba comezando o rexurdir político-cultural galego (primeiras publicacións periódicas defendendo os intereses de Galiza, as primeiras agrupacións e mais os primeiros movementos reivindicativos que finalizaron co levantamento frustrado de 1846). É a época en que comenzan a escribir en galego Añón, os Camino, Turnes, Valladares, etc. e destacan entre a xuventude universitaria ou cultural Faraldo, Neira de Mosquera, Romero Ortiz, os Rúa Figueroa, Murguía, Rosalía, Aguirre...

O xoven Pondal participará en moitas destas actividades dos provincialistas, alén de compartir protagonismo no Banquete de Conxo coa principal figura do ambiente universitario do momento, Aurelio Aguirre, o que supuxo para Pondal a entrada na vida pública galega, aos 21 anos de idade.
mai 23, 2009
14_murguia_novo.jpg
14. MANUEL MURGUÍA773 vistasAs amizades que establece durante este período van ser permanentes, tal e como se manifesta na relación epistolar intensa.

No Banquete de Conxo faise moi amigo de Murguía. Os dous desenvolverán o celtismo, un na poesía e outro na historia. Fixo testamento aos 35 anos e deixáballe os libros e manuscritos a Murguía. (Tal era a súa obsesión pola morte que fixo como mínimo tres testamentos).
mai 23, 2009
05_Eulogia.jpg
05. A SÚA IRMÁ EULOGIA806 vistasCando tiña 16 meses morreu a nai e este feito, unido a que pouco despois en 1838 seu irmán Cesáreo marchou para América, fixo que se convertese no home-neno a protexer pola familia.
mai 23, 2009
06_peirao.jpg
06. PEIRAO833 vistasAínda que a familia era de posición social elevada, grande parte da fortuna paterna foi gañada en América e investida na Ponteceso. Aquí estableceuse a carón do río Anllóns, onde construíu un peirao para atracaren os barcos que utilizaba nas relacións comerciais con América. Ademais conseguiu dos Abente de Laxe unha parte do negocio do sal, fundou un banco e chegou a ser deputado provincial e encarregado das estradas.mai 23, 2009
07_cesareo.jpg
07. O SEU IRMÁN CESÁREO812 vistasO seu irmán Cesáreo, que tamén pasa un tempo en América, proseguirá coas actividades do pai e chegará a ser alcalde, conseguindo centrar na Ponteceso toda a actividade económica e administrativa do concello: feira, notaría, aduana, casa do Concello, etc.mai 23, 2009
08_reitoral_de_neminha.jpg
08. REITORAL DE NEMIÑA812 vistasAínda que no concello da Bugalleira (ao que pertencía Ponteceso) había dúas escolas, o futuro poeta vai estudar a unha reitoral como era costume faceren os rapaces que no futuro querían seguir estudos eclesiásticos ou universitarios. Pondal, pois, vai formarse en Vilela de Nemiña, baixo a dirección do cura párroco de Touriñán, Cristóbal de Lago, até o ano 1848, que se trasladará a Santiago a facer o bacharelato.

Esta época da súa vida debeu ser importante na súa traxectoria vital, humana e académica, posto que a ela vai aludir repetidamente na súa obra, lembrando os seus antigos compañeiros e citando insistentemente o criado que o acompañaba no percorrido á reitoral de Nemiña:

Meu criado e compañeiro,
da Bouza, Farruco amigo,
paremos un pouco aquí:
práceme o fungar dos pinos,
que cando os sinto de preto
na alma non sei que sinto,
se é pracer ou son suidades
dun pasado tempo antigo.
mai 23, 2009
42 ficheiros en 4 páxina(s) 3