Galería do IES Breamo

Galería de imaxes


Máis visto - Fotobiografía Pondal
29_pondal_1900.jpg
29. RETRATO DE PONDAL EN 1900616 vistasDesde que se instalara na Coruña en 1894, Pondal segue coa súa vida de relacións sociais, frecuentando sociedades recreativas e festas e convites, cos gastos conseguintes a esta vida cidadá, que, coma sempre, lle sufraga a familia. Os dispendios en vestimenta e complementos son importantes.
37_tumba_pondal~0.JPG
37. TUMBA DE PONDAL NO CEMITERIO DE SAN AMARO578 vistasO enterro, de primeira clase e sufragado polo Concello, constituíu unha mostra de fervor institucional e popular. Presidírono as autoridades municipais en pleno co alcalde, Manuel Casás, á cabeza e os gardas municipais en uniforme de gala, xunto con representacións da Deputación Provincial, da familia e da Academia. Na comitiva ían comisións en representación de case todas as institucións coruñesas, públicas e privadas, que ademais enloitaron as súas sedes. Ao paso do coche fúnebre ían cerrando as portas e escaparates todos os establecementos comerciais e bancarios, seguindo as recomendacións municipais, no medio dunha multitude expectante. No cemiterio de San Amaro falaron o Alcalde e, en galego, Lugrís. No final cantouse o Himno.

Estas pompas fúnebres contrastan co case inmediato abandono da tumba por parte da familia, duramente criticado polas Irmandades.
40_maleta_eoas.jpg
40. MALETA NA QUE ESTABAN OS EOAS544 vistasMaleta de Eduardo Pondal na que se conservaron esquecidos durante anos os manuscritos e borradores d'Os Eoas. Atópase na actualidade na sede da Real Academia Galega.
41_Portada_A_Nosa_Terra.jpg
41. BIBIOGRAFÍA CONSULTADA506 vistasDOBARRO PAZ, X.M. e FERREIRO, Manuel, "Achegamento á biografía de Pondal" en Eduardo Pondal. Home libre, libre terra., A Nosa Terra, 1986

FERREIRO, Manuel, Pondal. Do dandysmo á loucura, Laiovento, 1991
39_manuscrito_pondal.jpg
39. MANUSCRITO DE PONDAL500 vistasManuscrito autógrafo de Pondal "Po-lo baixo cantando...". Encóntrase na sede da Real Academia Galega.
38_sinatura.jpg
38. SINATURA DE EDUARDO PONDAL498 vistasPondal cifraba toda a súa gloria na obra que legou para o futuro.

A OBRA DO POETA (1916)

Eis a obra exhibín, que non o ardente
raio destruïdor, non o desterro,
non o decreto de tirano urxente,
non poderán o fogo nin o ferro
p'ra sempre destruír..., nin aparente
envidia, nin prisón, nin duro encerro,
nin odio escuro, nin soberbia adusta,
nin a morte, nin longa edá vetusta
   
42 ficheiros en 4 páxina(s) 4