Galería do IES Breamo

Galería de imaxes


Mellor puntuado - Fotobiografía Pondal
00_pondal_orla.jpg
00. EDUARDO PONDAL763 vistas33333
(15 votos)
17_titulo_medicina.jpg
17. TÍTULO DE MEDICINA755 vistasObtén o grao de Licenciado o 18 de Xuño de 1860.

Acabada a carreira de Medicina, traballou como médico da Armada en Ferrol, pero esta vida non lle resultaba satisfactoria. A pesar de todo, vai seguir en Ferrol ata o ano 1862.

Tras un breve paso pola Coruña foi a Madrid examinarse para médico de Sanidade Militar. Aprobou a oposición. Soamente consta a súa permanencia en destino durante o mes de Xullo, o 27 dese mes pediu permiso e non volveu máis.
33333
(12 votos)
22_pondal_1874.jpg
22. RETRATO DE PONDAL EN 1874678 vistasA mediados de 1885 decide marchar de Santiago e establécese na Coruña, cidade na que vai reproducir a súa vida compostelá e na que rexurdirán os problemas económicos.33333
(6 votos)
26_himno.JPG
26. HIMNO GALEGO663 vistasPartitura empregada para imprimir a primeira versión do Himno Galego na Habana, onde foi interpretado o 20 de decembro de 1907 no Gran Teatro da Habana.

Tendo en conta a aureola de consagración de Eduardo Pondal como o grande poeta de Galicia, non é de estrañar que un músico de sona, Pascual Veiga lle solicitase unha letra para presentar ao certame musical organizado polo "Orfeón Coruñés nº 4".

OS PINOS
¿Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ó raio trasparente
do prácido luar?
¿Que din as altas copas
de escuro arume harpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
"Do teu verdor cinxido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso clan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso rouco son,
mas sós os ignorantes
e férridos e duros,
imbéciles e escuros
non os entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante,
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.
33333
(4 votos)
36_rua_hotel_la_luguesa_actual.JPG
36. RÚA DO HOTEL "LA LUGUESA" NA ACTUALIDADE633 vistasA MORTE DO POETA

O día 8 de Marzo de 1917 morreu no hotel "La Luguesa", na rúa Juana de Vega da Coruña, nº 21.
Este foi un dos moitos hoteis onde Pondal residía durante as súas estancias na Coruña. La Luguesa converteuse en escenario das súas derradeiras horas. Desde aquí enviou unha última carta, preocupado polos seus manuscritos, a Andrés Martínez Salazar. Tras varios anos de saúde moi precaria, o Bardo de Bergantiños morre neste hotel cego e en soidade.

O edificio actualmente atópase en rehabilitación.
33333
(4 votos)
33_pondal_no_segundo_cabodano.jpg
33. PONDAL NO SEGUNDO CABODANO DE CURROS ENRÍQUEZ654 vistasInstálase definitivamente na Coruña a partir de 1908 e vive recluído en diferentes hospedaxes sen facer ningunha caste de vida social.

Isto non impide o seu recoñecemento como académico honorario por parte da Academia de Poesía Española de Madrid en 1910, cando xa levaba 25 anos sen publicar nada en español.

Tamén acode ao segundo cabodano do enterro de Curros en 1910.
33333
(4 votos)
11_domen_na_actualidade.jpg
11. O DOLMEN DE DOMBATE NA ACTUALIDADE778 vistas22222
(8 votos)
06_peirao.jpg
06. PEIRAO833 vistasAínda que a familia era de posición social elevada, grande parte da fortuna paterna foi gañada en América e investida na Ponteceso. Aquí estableceuse a carón do río Anllóns, onde construíu un peirao para atracaren os barcos que utilizaba nas relacións comerciais con América. Ademais conseguiu dos Abente de Laxe unha parte do negocio do sal, fundou un banco e chegou a ser deputado provincial e encarregado das estradas.22222
(12 votos)
12_camara_dolmen_dombate.jpg
12. CÁMARA INTERIOR DO DOLMEN DE DOMBATE754 vistas22222
(9 votos)
25_pondal_1886.jpg
25. RETRATO DE PONDAL EN 1886703 vistasA recepción do libro foi importante. Desde moi cedo sempre aspirara á aureola poética. Hai numerosas anotacións persoais na liña de autoafirmación da propia superioridade a través da identificación coa figura de grandes poetas. Nos Queixumes faise patente a elaboración literaria desta obsesión egolátrica materializada agora na figura do bardo.

A fins de 1887 retírase a Ponteceso. No verán de 1888 vai tomar as augas a Carballo, onde vai ficar algo máis dun ano. Durante estes anos continúan a ser constantes as referencias a unha inmediata aparición da grande epopeia Os Eoas.
22222
(9 votos)
28_igrexa_de_anllons.jpg
28. IGREXA DE ANLLÓNS625 vistasEn 1895 aparecen dúas novas obras, O dólmen de Dombate e A campana d'Anllóns.

A continuación A campana d'Anllóns:

E ti, campana de Anllóns,
que vagamente tocando
derramas nos corazóns
un bálsamo triste e brando,
de pasadas ilusións.
Alá nos pasados ventos
primeiros da miña vida,
oio os teus vagos concertos,
reló dos tristes momentos
da miña patria querida.
¡Cantas veces te lembrou
o que marchou para a guerra,
cando á súa nai deixou,
e partindo a extraña terra
de Baneira de escoitou!
¡Cantas do mar africano,
cautivo bergantiñán,
oio nun soño tirano
o teu tocar soberano,
aló nas tardes do vran!
Cando te sinto tocar,
campana de Anllóns doente,
nunha noite de luar...
rompo triste a suspirar,
por cousas dun mal ausente.
Cando doída tocabas
polas tardes á oración,
campana, sempre falabas
palabras con que cortabas
as cordas do corazón.
Estabas contando ós ventos
cousas do meu mal presente,
os meus futuros tormentos,
que dabas cos sentimentos
según tocabas doente.
Campana, se polo vran
ves lumiar na Ponte-Ceso
a cachela de San Xoán,
dille a todos que estou preso
nos calabozos de Orán.
E a aquela rula inocente
que me morría de amor
no regazo docemente,
tremendo como unha flor
sobre a escondida corrente;
diraslle que unha de ferro
arrastro, rouca cadea,
castigo atroz do meu erro;
e que dentro deste encerro
o seu amor me alumea.
Ei ti, golondrina errante
dos longos campos de Arxel,
se á miña terra distante
te leva o voxo constante
dille o meu penar cruel.
Se alguén por min preguntar,
dille que estou en prisións;
e unha noite de luar
iraste unha vez pousar
no campanario de Anllóns".
Así, triste en terra allea,
aló nas prisións de Orán,
cantaba un mozo de aldea;
e nos grillóns da cadea
levaba o compás coa man.
"Oh, nai da miña vida,
adios, adios, meu pai;
prenda de min querida,
adiós, oh, miña nai:
sombras dos meus avós,
río da Ponte-Ceso,
pinal de Tella espeso...,
acordávos dun preso
como el o fai
de vós:
campana de Anllóns,
noites de luar,
lúa que te pos
detrás do pinar;
adios...
adios...
adioooos...”
22222
(9 votos)
16_pondal_1859.jpg
16. RETRATO DE PONDAL EN 1859769 vistasÉ de supor que, tal e como reflicte unha boa parte das súas primeiras composicións, estivese interesado en procurar relacións de carácter amoroso. Aínda que morrese solteiro, ao longo da súa biografía existen numerosos testemuños de relacións con mulleres diversas. A visión idealizada da muller que ofrece nos poemas primeiros en español contrasta extraordinariamente coa máis crúa da maioría dos textos de madureza centrados na relación erótica, nos que a idea dominante é o asoballamento e a violación, idea que alternará na súa obra en galego coa imaxe idealizada das guerreiras virxes celtas, as fadas (mouras na mitoloxía galega) e as freiras. 22222
(10 votos)
42 ficheiros en 4 páxina(s) 2