Galería do IES Breamo

Galería de imaxes


Mellor puntuado - Fotobiografía Pondal
19_escritorio_casa_natal.jpg
19. ESCRITORIO DA SÚA CASA NATAL686 vistasInicialmente instalouse na Ponteceso, posiblemente non só polo fracaso profesional, senón sobre todo por problemas de saúde mental, que xa se manifestaban desde cedo, mostrando síntomas de neurose obsesiva. A partir de agora, existen constantes probas dun proceso que desembocará na crise de 1903 e culminará na loucura final.
22222
(10 votos)
21_pondal_1865.JPG
21. RETRATO DE PONDAL EN 1865649 vistas22222
(8 votos)
37_tumba_pondal~0.JPG
37. TUMBA DE PONDAL NO CEMITERIO DE SAN AMARO578 vistasO enterro, de primeira clase e sufragado polo Concello, constituíu unha mostra de fervor institucional e popular. Presidírono as autoridades municipais en pleno co alcalde, Manuel Casás, á cabeza e os gardas municipais en uniforme de gala, xunto con representacións da Deputación Provincial, da familia e da Academia. Na comitiva ían comisións en representación de case todas as institucións coruñesas, públicas e privadas, que ademais enloitaron as súas sedes. Ao paso do coche fúnebre ían cerrando as portas e escaparates todos os establecementos comerciais e bancarios, seguindo as recomendacións municipais, no medio dunha multitude expectante. No cemiterio de San Amaro falaron o Alcalde e, en galego, Lugrís. No final cantouse o Himno.

Estas pompas fúnebres contrastan co case inmediato abandono da tumba por parte da familia, duramente criticado polas Irmandades.
22222
(5 votos)
35_rua_hotel_la_luguesa.jpg
35. RÚA DO HOTEL "LA LUGUESA" NO QUE VIVIU OS SEUS DERRADEIROS ANOS634 vistasPondal sempre quixo ser enterrado ao modo celta, a carón dos piñeiros ou nunha gándara da súa terra natal, mais as circunstancias lévano a aceptar na derradeira fase da súa vida outra alternativa, desexa ser amortallado co hábito de San Francisco e, de non ser na Ponteceso, que o enterren na Coruña.

A DERRADEIRA VOLUNTÁ
Cando eu pasar desta vida,
levádeme á Ponte-Ceso,
non vestido este meu corpo
de profano vestimento,
mas do saial de Francisco,
cinxido, humilde, sinxelo,
-que, anque humilde non nacín,
humilde repousar quero-,
e xa alí me sepultade
no monumento paterno...
Cando eu pasar desta vida,
levádeme á Ponte-Ceso.
Se non for na Ponte-Ceso,
sepultádeme na Cruña,
nesta garrida ciudade
que mil bellezas aduna,
a cabo do insigne Curros,
xa que a del i a miña musa
a fala de Breogán
fixeron nobre e robusta:
eu quero xacer de par
de tan nobre sepultura...
Se non for na Ponte-Ceso,
sepultádeme na Cruña.
22222
(6 votos)
14_murguia_novo.jpg
14. MANUEL MURGUÍA773 vistasAs amizades que establece durante este período van ser permanentes, tal e como se manifesta na relación epistolar intensa.

No Banquete de Conxo faise moi amigo de Murguía. Os dous desenvolverán o celtismo, un na poesía e outro na historia. Fixo testamento aos 35 anos e deixáballe os libros e manuscritos a Murguía. (Tal era a súa obsesión pola morte que fixo como mínimo tres testamentos).
22222
(8 votos)
18_pondal_1862.jpg
18. RETRATO DE PONDAL EN 1862726 vistasUnha vez que abandonou a profesión médico-militar dedicou toda a súa vida a exercer de bardo, vivindo a conta da herdanza familiar. 22222
(8 votos)
08_reitoral_de_neminha.jpg
08. REITORAL DE NEMIÑA812 vistasAínda que no concello da Bugalleira (ao que pertencía Ponteceso) había dúas escolas, o futuro poeta vai estudar a unha reitoral como era costume faceren os rapaces que no futuro querían seguir estudos eclesiásticos ou universitarios. Pondal, pois, vai formarse en Vilela de Nemiña, baixo a dirección do cura párroco de Touriñán, Cristóbal de Lago, até o ano 1848, que se trasladará a Santiago a facer o bacharelato.

Esta época da súa vida debeu ser importante na súa traxectoria vital, humana e académica, posto que a ela vai aludir repetidamente na súa obra, lembrando os seus antigos compañeiros e citando insistentemente o criado que o acompañaba no percorrido á reitoral de Nemiña:

Meu criado e compañeiro,
da Bouza, Farruco amigo,
paremos un pouco aquí:
práceme o fungar dos pinos,
que cando os sinto de preto
na alma non sei que sinto,
se é pracer ou son suidades
dun pasado tempo antigo.
22222
(10 votos)
41_Portada_A_Nosa_Terra.jpg
41. BIBIOGRAFÍA CONSULTADA506 vistasDOBARRO PAZ, X.M. e FERREIRO, Manuel, "Achegamento á biografía de Pondal" en Eduardo Pondal. Home libre, libre terra., A Nosa Terra, 1986

FERREIRO, Manuel, Pondal. Do dandysmo á loucura, Laiovento, 1991
22222
(14 votos)
07_cesareo.jpg
07. O SEU IRMÁN CESÁREO812 vistasO seu irmán Cesáreo, que tamén pasa un tempo en América, proseguirá coas actividades do pai e chegará a ser alcalde, conseguindo centrar na Ponteceso toda a actividade económica e administrativa do concello: feira, notaría, aduana, casa do Concello, etc.22222
(10 votos)
09_borneiro.jpg
09. CASTRO DE BORNEIRO764 vistasCamiño da reitoral de Nemiña, Pondal pasaba á beira do castro de Borneiro e do dolmen de Dombate.22222
(7 votos)
29_pondal_1900.jpg
29. RETRATO DE PONDAL EN 1900616 vistasDesde que se instalara na Coruña en 1894, Pondal segue coa súa vida de relacións sociais, frecuentando sociedades recreativas e festas e convites, cos gastos conseguintes a esta vida cidadá, que, coma sempre, lle sufraga a familia. Os dispendios en vestimenta e complementos son importantes.
22222
(6 votos)
10_dolmen_dombate.jpg
10. O DOLMEN DE DOMBATE849 vistasCamiño da reitoral de Nemiña pasaba diante do dolmen de Dombate ao que lle adicaría este poema de Queixumes dos Pinos:

O DOLMEN DE DOMBATE

Aínda recordo, aínda,
cand'eu era estudiante,
garrido rapacete
que ben rexerse sabe,
cand'iba p'ra Nemiña
a estudiar o arte
do erudito Nebrija
e do bo Villafañe,
qu'iba a cabalo, ledo,
como fan os rapaces.
Pasado Vilaseco,
lugar batido do aire,
no alto da costa d'Ures,
de montesía canle;
pasado Vilaseco,
indo p'la gandra adiante,
xa vía desde lonxe
o dolmen de Dombate.
Deixando Fonte-Fría
cara o lado de Laxe,
e levando o camiño
de San Simón de Nande,
polo chan de Borneiro
de cativos pinales,
cuase pasaba a rentes
do dolmen de Dombate.
........................................
Entonces eu deixando
ambas rendas flotantes,
pensoso iba cuidando,
p'la Viqueira salvaxe,
nos nosos xa pasados,
nos celtas memorabres,
nas súas antigas glorias,
nos seus duros combates,
nos nosos vellos dolmens
e castros verdexantes.
E despois a Nemiña,
ou que fose ou que tornase,
ó velo desde lonxe,
indo p'la gandra adiante,
sempre ledo escramaba:
"¡O dolmen de Dombate!".
Agora que pasano
meus anos xogorales,
agora que só vivo
de tristes suïdades,
que cumpro con traballo
meu terrenal vïaxe
e qu'a miña cabeza
branquea a grave edade,
aínda recordo, aínda,
o dolmen de Dombate.
22222
(7 votos)
42 ficheiros en 4 páxina(s) 3