2º Bacharelato
SAÍDA ANULADA
A saída que tiñamos prevista no mes de Marzo a cidade de Lugo co obxectivo de asistir á representación dunha comedia do autor latino Plauto, non se pode levar a cabo e polo tanto foi anulada. Esperemos que o curso que vén non haxa ningún problema e poidamos ir.
LECTURA DA CARTA QUE EINSTEIN ESCRIBIU AO PRESIDENTE ROOSEVELT EN 1939

O luns 30 de xaneiro o alumnado de 4º ESO, 1º Bach e 2º Bach con Física e Química dará lectura á carta que Albert Einstein escribiu ao presidente norteamericano Roosevelt en 1939.
O Departamento de Física e Química celebrará con esta actividade o día da paz.
PROGRAMA A PONTE. VISITA Á USC
O vindeiro día 9 de febreiro o alumnado de 2º de bacharelato visitará diversas facultades da USC no marco do programa "A ponte entre o ensino medio e a USC".
Esta visita organizada polo Departamento de Orientación, complementarase cunha charla informativa que terá lugar no noso centro o día 15 de marzo a cargo da profesora Mª Teresa Flores Arias.
SAÍDA Á FACULTADE DE QUÍMICA E AO CICUS
O alumnado de Física e Química de 1º e 2º de bacharelato realizará unha saída o vindeiro día 25 de novembro á Facultade de Química da USC e ao CIQUS, dentro do programa "Acércate á Química!".
Entre outras actividades terán a oportunidade de visitar a exposición "Entre moléculas", producida polo CSIC con motivo do Ano Internacional da Química.
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
|
|
O Coodinadora Galega de ENDL organiza para o día da ciencia en galego unha videoconferencia a cargo do profesor Ángel Carracedo,Catedrático de Medicina Legal e director do Instituto de Medicina Legal e do Grupo de Medicina Xenómica da USC.
A videoconferencia "Aplicacións da investigación xenética: o seu uso na práctica policial" terá lugar o vindeiro venres 4 de novembro de 12:30 a 13:30.
Unha introdución sobre o ADN será o punto de partida para achegar as aplicacións da xenética no campo da investigación forense, área no que os grupos de investigadores liderados por Ángel Carracedo lideran a produción científica mundial.
No noso centro será o alumnado de 1º de bacharelato e 2º de bacharelato científico tecnolóxico o que terá a oportunidade de asistir ao evento.


