UN PROXECTO DO IES DE BRIÓN RESULTA PREMIADO EN "SENSORES PARA TODOS"

O proxecto "Xogando coa luz" elaborado por un grupo de alumnos e alumnas de 4º de ESO, acadou unha Mención Especial no concurso "Sensores para todos" promovido por Igaciencia e patrocinado por educaBarrié e pola Domus.

Os alumnos e alumnas que participan no proxecto son: Christian Capeáns Pérez, Martín Manuel Chaves Fraga, Brais Cuns González, Carlos Manuel García-Novio González, María Gramunt Cernadas, Lois Meira López, María Otero Anguiano, Xulia Sánchez Rodríguez e Daniel Eduardo Vila Mateus.

  

O proxecto, enmárcado nas actividades organizadas ao redor do Día da Ciencia e a Tecnoloxía en Galego, estivo titorizado nas súas diferentes fases polo profesorado dos departamentos de Tecnoloxía e Debuxo.

O éxito do proxecto, desenvolvido integramente con software e hardware libre (S4A e Arduino), é unha agradable recompensa ao esforzo que supón a cada vez máis necesaria introdución da programación nas aulas.