O MOSTEIRO DE OSEIRA. A CULTURA MONACAL

O alumnado de Lingua Galega de 1º de Bacharelato e o de 2º que cursa Arte ou Literatura Universal, tivo a oportunidade de achegarse á cultura monacal en Galicia in situ coa visita a un dos mosteiros galegos de máis sona: Oseira.
No interior do mosteiro visitamos con guías a igrexa cisterciense, o refectorio, a sala capitular ou sala das palmeiras, a acolledora biblioteca, a famosa escaleira pétrea, os claustros de diferentes estilos e algunhas estancias especializadas en traballos monacais diversos coma a botica, o scriptorium, o museo etnográfico da pedra, etc.
Nunca hai que esquecer un breve paso pola tenda dos monxes para degustar algunha delicatessen irresistible coma o chocolate, as pastas, os queixos ou os licores.
Moit@s picamos!