JUVENES TRANSLATORES 2020

Tras un ano de descanso no que o IES de Brión non resultou seleccionado para participar no concurso de Juvenes Translatores da Comisión Europea, este ano voltamos ter a ser a oportunidade de facelo. Nunhas condicións algo diferentes, pero con toda a ilusión do mundo, participaron as alumnas da materia de tradución de 2º Bacharelato: Sara García Cibrán, Ana Cunqueiro Cajuso, María Cuñarro Guliás, Ana Pedrosa Finn e Sofía Sambade Formoso. Parabéns ás cinco magníficas polo voso traballo!!

RAFTING NO RÍO MIÑO

rating_miño

O pasado mércores 12 de maio o alumnado de 1º de Bacharelato, acompañados polos profesores Juan Carlos Freiría e Carmen García, puidemos desfrutar dunha mañá facendo rafting polo río Miño, actividade organizada polo Departamento de Educación Física.

Ao principio, iamos facer rafting polo río Ulla, pero debido á COVID, o concello de Padrón pechou. Non obstante, iso non nos impediu realizar esta emocionante actividade, xa que puidemos realizala no Miño.

A pesar do mal tempo que parecía ía facer, pouco despois de comezar a actividade parou de chover e puidemos pasar moi bo rato e contemplar mellor a paisaxe. Ademais, alí ensináronnos cousas dos arredores, como algunhas zonas de pesca da lamprea con redes, e logo puidemos tirarnos dende unha rocha ou deixarnos levar pola corrente no último tramo do río.

Esta foi unha actividade que a maioría realizamos por primeira vez e polo tanto, conservaremos un bo recordo deste día, a pesar das caídas e baños inesperados. Ademais, en compañía de amizades fíxose moito máis divertida, facendo que pasáramos un día xenial.

Iria Maceiras, 1º Bacharelato A.

Podedes ver as fotos do rafting premendo aquí

LISTAS DE ADMISIÓN CURSO 2021-22

Publicadas as listas de admisión definitiva no taboleiro de administración do centro.

Recursos e reclamacións

ORDE do 12 de marzo de 2013, artigo 32.

Impugnación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: recurso de alzada ou reclamación.

1. No caso de centros públicos, contra a relación definitiva, as persoas interesadas po­derán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

3. A resolución da persoa titular da xefatura territorial porá fin á vía administrativa.

 

RECLAMACIÓN ÁS CUALIFICACIÓNS DE 2º DE BACHARELATO E/OU ÁS CUALIFICACIÓNS DAS MATERIAS PENDENTES DE 1º BACHARELATO

Circular 2/2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, para o curso 2020-2021, as reclamacións ás cualificacións de 2º de bacharelato e/ou ás cualificacións das materias pendentes de 1º de bacharelato, presentaranse de acordo co seguinte procedemento e nas seguintes datas:

Día 19 de maio ás 8:30 horas

Entrega dos boletíns coas cualificacións finais de segundo de bacharelato por parte dos titores/as na aula de referencia do grupo.

As notas serán enviadas tamén por SIXA .

Días 19 e 20 de maio, en horario de 9:00 a 14:00 horas

Presentación de reclamacións Instancia dirixida á Dirección do centro.

Antes de presentar esta reclamación é conveniente que a/o alumna/o fale coa profesora ou profesor para recibir as oportunas explicacións sobre a nota.

Día 21 de maio de 11:30 a 14:00 horas

Resolución da reclamación presentada. O alumnado recollerá a resolución na secretaría do centro.

Días 24 e 25 de maio, en horario de 9:00 a 14:00 horas

De non estar de acordo coa resolución do departamento, o alumnado poderá solicitar que a dirección remita o expediente de reclamación á Xefatura Territorial, presentando unha nova instancia na oficina do centro.

As reclamacións basearanse nos criterios establecidos na circular 2/2021 (mencionada ao inicio deste oficio).

Os modelos para presentar as reclamacións atópanse na circular 2/2021 e tamén estarán na Administración do Centro.

As reclamacións serán formuladas polo alumnado no caso de ser maiores de idade e polas súas persoas proxenitoras ou persoas que ostenten a representación legal, no caso de ser menores de idade.

A Dirección

ESTE ANO, EN EDUCACIÓN FÍSICA, PURA RESILIENCIA!!!

Resiliencia é a  capacidade que permite a certas persoas superar as distintas adversidades que xorden na vida diaria.

Despois deste ano, creo que podemos dicir, que somos RESILIENTES (con maiúsculas, nin máis, nin menos). Noraboa polo voso traballo! Disfrutádeo!!!

DATAS DAS PROBAS DE MATERIAS PENDENTES

DEPARTAMENTO

DATA DA PROBA

INGLÉS

5 de Maio

LINGUA

12 de Maio

BIOLOXÍA E XELOXÍA

19 de Maio

FÍSICA E QUÍMICA

26 de Maio

FRANCÉS

4 de Maio (1º ESO)/ 5 de Maio (2ª ESO)

HISTORIA

18 de Maio

LINGUA CASTELÁ

20 de Maio

MATEMÁTICAS

11 de Maio (1º Bach)/27 de Maio(ESO)

E. PLÁSTICA E VISUAL

20 de Maio

CHARLA IGUALDADE

O próximo mércores 5  de Maio estades todos/as invitados/as á charla sobre Outras Masculinidades impartida por Xosé Cabido .

Entrada libre ata completar aforo

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2021-22

Informamos de que xa están publicadas no centro as listaxes provisionais resultantes do proceso de admisión do alumnado para o curso 2021/22.

As listaxes poden consultarse presencialmente no taboleiro de anuncios situado en administración. Non obstante, de forma non presencial, poderán acceder a información a través da aplicación admisiónalumnado.

Poderá formular reclamación, ante o consello escolar, no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

 

CERTAME CULTURAL 2021

Para acceder as bases do concurso preme no seguinte enlace: BASES

PRIMEIRO MUSICAL DE BAILADELA TEATRO

Mañá 31 de marzo estrearase  "DESORIENTADAS" o primeiro e  extraordinario musical de "Bailadela Teatro".

Moitos parabéns a todas vos!!

 

Distribuir contido