Ciencias da Natureza, Bioloxía e Xeoloxía

HISTÓRICO:

 PRESTIGE 2012. Décimo aniversario                        EDUCACIÓN AMBIENTAL

         dunha catástrofe                                             En bici polo medio natural.....

                                                     

Departamento de Ciencias da Natureza, Bioloxía e Xeoloxía

O departamento de Ciencias Naturais, Bioloxía e Xeoloxía está composto por:

Lorena B.A.

Manuela J. Q. S.

J. Carlos Freiría Tato - Xefe de departamento

No departamento impártense as materias de  Bioloxía e Xeoloxía, Bioloxía , Anatomía Aplicada e Promoción de Estilos de vida saudable.

1º ESO 3ºESO 3º PDC AMBITO CIENTÍFICO
ANATOMÍA 1º BAC 1º BAC 2º BAC
4º ESO PROXECTO C. 3º ESO

PARABÉNS AO NOSO ALUMNADO OLÍMPICO DE XEOLOXÍA!!

Alumnado de 4° de ESO e 1° de Bacharelato participou na Olimpíada de Xeoloxía celebrada en Santiago de Compostela o pasado mércores 7 de febreiro.

Parabéns a Julia Rama, gañadora do accésit de 4°, e a Pablo Vidal, gañador do 2° premio, acadando así o pase á fase nacional que se celebrará o vindeiro 13 de abril en Zamora.

Moito éxito!

FELICITACIÓNS POLA ADICACIÓN E INTERESE NA XIII OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA

Unha representación do alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato participou na XIII Olimpíada de Xeoloxía celebrada o 16 de febreiro na Cidade da Cultura.

Parabéns a todos eles e elas, especialmente a Maruxa Garaboa Penabad polo premio accésit de 4º de ESO e Eirena Souto Pazó polo 1º premio acadando a máxima cualificación na sede provincial de Coruña, formando parte do equipo galego para representar á nosa comunidade na fase nacional que se celebrará  o vindeiro 26 de marzo en Almería.

                  Noraboa

Adaptación da Programación. Curso 2019/

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN. CURSO 19/20

Exposición sobre especies invasoras

Estes días na entrada do IES de Brión temos a exposición sobre especies exóticas invasoras "UNHA INVASIÓN SILENCIOSA. A BIODIVERSIDADE BAIXO AMEAZA". Merece a pena parar un pouco a vela e reflexionar sobre un problema tan grave como esquecido, contra o que quizais podemos facacer algo. Botádelle un ollo!

Mellor equipo na olimpíada de Xeoloxía en Santiago

As alumnas de 1º de Bacharelato Tania García, Antía Cunqueiro, Andrea Antelo e Alba Muñiz e o alumno Miguel Gil gañaron o premio ao mellor equipo na olimpíada de xeoloxía celebrada o pasado 13 de febreiro en Santiago, empatados con un grupo do IES Virxe dom Mar de Noia. Xeoloxía e traballo en equipo van da men, neste evento no que o noso alumnado destacou. Parabéns!

12 ALUMNOS E ALUMNAS DE 4º ESO PARTICIPAN NA FASE GALEGA DA IX OLIMPÍADA DE XEOLOXIA

Unha representación do alumnado de 4º de ESO participou o pasado mércores día 7 de febreiro na fase galega da IX olimpíada de xeoloxía en Santiago de Compostela. Parabéns a todos eles e elas, especialmente a Marta Rodríguez Lorenzo que conseguíu o premio Accesit para 4º ESO pola provincia da Coruña. Parabéns Marta!

Save

ACCÉSIT DE 4º ESO NA FASE GALEGA DA VIII OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA

Un ano máis estamos de noraboa!

Esta vez foi Alberte X. López Freire Accésit de 4º ESO na VIII Olimpíada de Xeoloxía convocada por AEPECTGALICIA que demostrou que a Xeoloxía se move no IES de Brión.

Parabéns Alberte!

Save

PREMIO ACCESIT NA OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA

Estamos de noraboa! A nosa alumna de 4º de ESO Belén Moldes conseguiu o premio accesit de 4º de ESO na VII Olimpíada de Xeoloxía celebrada o mércores 17 na Facultade de Bioloxía en Santiago.

Parabéns Belén!

Distribuir contido