Consultar catálogo

O Catálogo da Biblioteca

Todos os fondos da Biblioteca están rexistrados e catalogados informáticamente empregando o programa de xestión bibliográfica da Consellería de Cultura Proxecto Meiga.

Isto permítenos ter un acceso total á información sobre os libros e materiais que compoñen a colección, podendo recuperalos por diversos índices de busca: autores, títulos, editoriais, series, materias, etc.

Deste xeito, resulta doado atopar o libro, vídeo, cd... que queremos. Cada vez que buscamos un libro, se está na Biblioteca, obtemos a ficha ISBD coa descrición completa do rexistro e maila sinatura coa referencia que nos permitirá localizalo na sección correspondente.

Grazas ao portal web do Proxecto Meiga calqueira usuario pode ter acceso comodamente dende as súas casas ao catálogo da biblioteca. So necesitamos unha computadora conectada á Internet e premer no seguinte enlace:

OPAC Meiga

Proxecto Meiga

Distribuir contido