Skip to Content

III SEMANA CULTURAL. TALLER DE ECOPRINT.

Ecoprint, a alquimia das plantas, foi un obradoiro que tivo lugar na semana cultural do IES de Cacheiras organizado polo departamento de Artes Plásticas. No obradoiro o alumnado de 1° de ESO ensinou a outros alumnos/as a técnica natural de imprimir as cores e formas das follas e flores elixidas sobre teas, tote bags e camisetas. Os estampados resultantes quedaron moi chulos.

 

III SEMANA CULTURAL. TALLER DE ECOPERCUSIÓN

Grazas á ANPA, que financiou esta actividade en colaboración coa Deputación da Coruña, o alumnado de 2º ESO puido desfrutar deste obradoiro de Ecopercusión impartido por Didier Díaz.

III SEMANA CULTURAL. AXENDA DO DÍA 20

III SEMANA CULTURAL. LUCÍA CASAL

A gandeira Lucía Casal, premio Nacional de Juventud 2023 na categoría de Medio ambiente, deu unha charla ao alumnado de 4º ESO na que falou da súa vida na granxa, a relación coas redes sociais e a importancia de loitar polo que un quere, superando críticas e dificultades.

E XA ESTAMOS EN CARRIÓN DE LOS CONDES!

O noso Camiño de Santiago avanza: hoxe chegamos a Carrión de los Condes. 315 Km.

Seguimos pedaleando ata Santiago!

III SEMANA CULTURAL. ADUARDO RIAL

O alumnado de 4º ESO tivo a sorte de poder coñecer a traxectoria deste artista multidisciplinar que nos falou dos diferentes proxectos que levou a cabo no ámbito da artesanía, a moda e a arte.

III SEMANA CULTURAL. MONDRA.

Mondra regresou ao seu antigo instituto para ter un encontro co alumnado de 1º bacharelato. Explicounos como foi o proceso de creación do seu traballo discográfico e conseguiu que o alumnado se animase a cantar con el.

III SEMANA CULTURAL. ÁNGEL CARRACEDO

Tivemos a honra de contar con Ángel Carracedo no segundo día da nosa semana cultural. Falou do seu traballo ao alumnado de ciencias de bacharelato e animou aos de 2º de bacharelato a tomar as cousas con calma e a elixir aquilo que os apaixone.

 

III SEMANA CULTURAL. AXENDA DO DÍA 19

III SEMANA CULTURAL. PEDALEANDO NO CAMIÑO DE SANTIAGO

Comezamos hoxe o Camiño de Santiago nas bicis estáticas do patio. Non está mal para a primeira xornada:

Bici A:224 Km

Bici B:222 Km

Chegamos a Santo Domingo de la Calzada!

Distribuir contido


by Dr. Radut