Skip to Content

Novas

PROXECTO E-DIXGAL NO IES DE CACHEIRAS

 

 

 

O IES de Cacheiras foi seleccionado para participar no Proxecto E-Dixgal en 1º da ESO no curso 2018-19, segundo a resolución definitiva publicada no portal da Consellería de Educación e O.U

O proxecto E-Dixgal consiste en proporcionar ao alumnado un ordenador portátil co obxectivo de traballar con recursos dixitais gratuítos (libros dixitais, actividades interactivas, etc.). O alumnado pode acceder ao material seleccionado polo profesorado tanto a través dunha conexión a internet (modo online) como dende o seu netbook (modo offline). Deste xeito, garántese que o alumnado que non dispoña de conexión a Internet desde a súa casa, poida seguir o curso sen dificultade.

Distribuir contido


by Dr. Radut