Skip to Content

BECAS MEC CURSO 24/25

Xa se pode solicitar beca MEC para o curso 24-25.

1º Esta beca pode ser solicitada por alumnado que no curso 24-25 curse:

    • Bacharelato
    • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á formación profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grado medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
    • Formación profesional de grao medio e de grao superior
    • Ensinanzas artísticas: profesionais e superiores
    • Ensinanzas de idiomas en escolas oficiais, incluída a modalidade a distancia
    • Ensinanzas deportivas
    • Estudos relixiosos superiores
    • Formación profesional de grao básico
    • Ensino universitario: graos, mestrado...

2º Lugar de presentación: Sede electrónica.

3º O prazo de presentación: 19 marzo ao 10 de maio ás 15:00.

Pódese atopar esta información ampliada no documento e mais información no enlace.

 

 

 

 

Infografías 8M

O alumnado de 4º da ESO elaborou estas infografías para celebrar a conmemoración do 8M, día internacional da muller. Fixeron estos vistosos deseños coa axuda da profesora María Estraviz nas aulas de TIC. Bo traballo! Podedes ver asobras orixinaisd expostas no Hall de entrada do IES Canido. 

Gañadores da fase previa do Club de debate Alingua.

Aquí tedes ós dous equipos gañadores da fase previa do Club de debate Alingua, que tivo lugar o pasado 28 de febreiro en Santa Comba. Grazas ó traballo e orientación das súas profesoras Carmen Cuesta, Victoria Mosquera e Marcela Ríos, un dos nosos equipos quedou cuarto e o outro,vencedor. O IES Canido destacou nesta fase previa que versaba sobre se se deben prohibir os móbiles nos institutos.

En la imagen, los alumnos de los dos equipos del IES Canido que participaron en el Club de Debate Alingua

Na imaxe, temos ó equipo gañador que pelexará pola final: Clara Barja, Raúl Barragán, Laura Castro, Denisse García, Ángela Monteagudo, Eva e Lola Monteiro, Andrea Sánchez e Lida Suoniemi. Na mesma fotografía, as profesoras coordinadoras da actividade e mais os alumnos gañadores do cuarto posto: Irene García de Aguiar, Mateo Inglés, María Martín, Jorge Momán, Ainara Montoya, Hugo Pita, Noel Ramos, Ladislau Rodríguez, Aroa Rodríguez e Adriana Suárez.Parabéns a todos e todas!

 

Link ó artigo da Voz de Galicia

Link ó artido do Diario de Ferrol

Saída do alumnado de 1º e 2º de Bacharelato. Departamento de Latín

O pasado mércores día 21 de febreiro o profesor Jose Luis López acompañou ó alumnado de Latín e Grego a dúas representacións de obras clásicas no Teatro Colón da Coruña:  a traxedia "Agamenón" de Esquilo e a comedia "Persa" de Plauto, no cadro do XXIV Festival de Teatro Grecolatino. Aproveitaron a viaxe para  visitar o Museo Arqueolóxico e Histórico, no Castelo de San Antón. Esta saída coordinada dende o departamento de Latín foi,dende logo, tempo ben aproveitado. 

Saída ó Teatro de 2º da ESO "Les trois Mousquetaires"

O pasado xoves día 22 o alumnado de 2º e 3º da ESO de Francés, acudiron ó Colexio Cristo Rey a unha representación teatral en francés da obra "Les trois Mousquetaires". Esta actividade foi coordinada dende o departamento de Francés e foron os propios profesores Marcela Ríos e Luis Rivas os que acompañaron ó alumnado na saída. Un dos nosos alumnos de 2º da ESO, que vedes retratado nas imaxes, mesmo subiu ó escenario e interactuou cos actores. "Tous pour un, un pour tous!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut