Skip to Content

Gañadores concurso de micro relatos de terror 2023

E aquí tedes, ós flamantes gañadores do 1º concurso de micro relatos de terror organizado pola biblioteca do IES.

Premio de 1º ciclo de secundaria: Sara Ramos con " Anuncio da morte" e un accésit a Inés Pedreiro con "Chorando sangue"

Premio do 2º ciclo de secundaria: Inés Sanesteban co seu relato  "Taxi" e un accésit para Jorge Momán co seu texto "Historias dun garda nocturno"

 

Parabéns!

  

Celebración do Magostín do IES Canido

O pasado venres, celebramos o Magostín. O alumnado de 4º da ESO cociñou e vendeu bocatas de chourizo e castañas para recadar fondos para a súa excursión de fin de etapa. Ademáis,  organizaron xogos populares coordinados polo departamento de educación física.  Ó son da banda de música tradicional tamén bailamos grazas á colaboración do departamento de música e de bailaríns espontáneos que nos mostraron os pasos a  seguir. Polo lado máis terrorífico, houbo maquillaxes de terror, disfraces e dous premios de concursos: portas terroríficas e concurso de micro relatos. Un fin de vernes ben completiño como podedes ver. Grazas a todos pola colaboración!

             

Gañadores do concurso de portas terroríficas.23-24

O pasado venres día 10, durante  a celebración do Magostín, coñecéronse os gañadores do concurso de portas terroríficas do IES de Canido. Noraboa a todo polos vosos espeluznantes traballos, e en especial a 4º da ESO B, que gañaron o concurso e celebrarán  unha pequena festa na cafetería do IES o vineiro martes día 28 de novembro.

      

MAGOSTÍN

O venres 10 festexaremos o Magostín no centro (celebración conxunta do Magosto e Samaín).

 

Participa o alumnado da ESO.

  • No 1º recreo colleranse os bocadillos de chourizo.
  • No 2º recreo repartiranse as castañas.
  • As clases suspenderanse ás 12:10 para que o alumnado participe nas actividades e estarán custodiados polo profesorado que lles imparta clase.
  • O nome do grupo gañador do concurso de portas terroríficas darase ás 13:00 horas, ó mesmo tempo que o nome do relato terrorífico gañador do concurso de relato curto. 

 

 

Clube lectura

Desde o Equipo de Biblioteca do IES Canido temos como propósito para este novo curso tentar formar un club de lectura dirixido ao profesorado, persoal non docente e familias. A temática que abordaremos centrarase na nosa cidade a través de encontros cos 3 ou 4 escritores propostos, así como coa realización de diferentes rutas literarias. Pensamos que nos poderiamos reunir 1 ou 2 veces á tarde por trimestre. Animámosvos a participar. A xente que desexe facer parte do Club de Lectura Navegantes pódenos escribir ao e-mail marcelarios@iescanido.org, antes do 31 de outubro.

Para máis información, podedes contactar connosco a través do mesmo e-mail, marcelarios@iescanido.org. Recibide un cordial saúdo

Distribuir contido


by Dr. Radut