Skip to Content

Extraescolares, 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO, 1º Bacharelato, 2º Bacharelato, Ed. física, Idioma estranxeiro

Certame Museo do Humor

A alumna de 1º ESO do noso centro, Salma García Castro gañou o 2º premio de Certame convocado polo Museo de Humor Xaquín Marín (Concello de Fene) e Demo Editorial co traballo presentado con título "A galiña"

O xurado valorou a capacidade de síntese da autora, o uso de humor a través do xogo de palabras e o uso da cor e da metalinguaxe do cómic.

Parabéns

Atividades para os días sen aulas / Activités pour les jours sans cours

 

Para os días sen aulas, este curso 2021-22, o Dpto de Francés utilizará a Aula Virtual do IES Canido.

O alumnado atopará alì as actividades realizadas na súa ausencia así como as posibles probas de avaliación, se fose necesario.

Londres 2018

Deixámosvos o vídeo da viaxe a Londres que fixo o alumnado de 4º de ESO:

 

 

Gala de entrega dos premios de "Jóvenes talentos de relato corto"

O noso alumno de 2º ESO B Sergio Pérez González obtivo o 2º premio na fase provincial do concurso "Jóvenes talentos de relato corto", organizado pola Fundación Coca Cola. Parabéns para el e para a súa profesora, a compañeira Raquel Ramilo!

Éxito no "Concurso de jóvenes talentos de relato corto"

O alumno de 2º ESO B Sergio Pérez González foi un dos gañadores este ano da fase rexional do "Concurso de jóvenes talentos de relato corto" de Coca Cola. O venres 25 de maio, na gala de entrega de premios, saberemos se será tamén o representante da nosa comunidade na fase nacional. Desexámoslle de novo moita sorte!

Distribuir contido


by Dr. Radut