Concurso de robots Lego.

 Coma tódolos anos,   o Cifp A Carballeira,  intervén no concurso de robots Lego. Este ano do conxunto de centros participantes, tócalle organizalo evento o IES San Mamede de Maceda. Asistirán ao encontro os centros IES da Mercé de As Neves da provincia de Pontevedra, o Cifp Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol. O   alumnado que representa ao noso centro  será o 1º curso de SMR-1, diurno. O profesor que se encargou de coordinar  dende o departamento de informática ao alumnado participante,  foi   Juan Carlos Sarabando.

Ademáis do xa clásico xantar de convivencia,  xunto co  concurso de robots, están previstas outras actividades de lecer tales  como  tiro con arco e o xogo do pintball.

 

 

Concurso informático ProgramaMe 2014.

 

O esforzo dos profesores e alumnos na edición 2014, non se viu recompensado desta volta.

O equipo do centro mellor clasificado quedou de posto 5.

Ainda así parabéns !

 

 

 

 

 

Listaxe provisionais de persoas admitidas e excluidas no acceso a acreditación de competencias profesionais.2014.


 

 

Coordinación de Acreditación e Probas.

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2014.

Prazo para realizar reclamacións: do 2 ao 11 de abril de 2014, ámbolos dous incluídos.

Se vostede atopa algunha incidencia ou non está de acordo coas listaxes, debe realizar unha reclamación segundo o procedemento que se indica a continuación.

Procedemento para presentar a reclamación: Débese xerar unha solicitude de emenda ou reclamación no enderezo www.edu.xunta.es/acreditación, no menú<<Xestión de emendas e de reclamacións>> ? e posteriormente remitila á sede onde entregou a súa solicitude.

Nas listaxes provisionais figuran as persoas solicitantes agrupadas por ciclo formativo e unidade de competencia.
Dentro de cada listaxe aparecen as persoas solicitantes que acadan praza no proceso de acreditación por cada unha das competencias, as que quedan en lista de espera e as que non cumpren os requisistos de experiencia e formación.

Listaxes do CIFP A Carballeria -  Marcos Valcárcel: http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/4670

 

Programame.

 

O noso centro será sede on line na fase de clasificación zonal para o campeonato nacional ProgramaMe.

ProgramaMe é un concurso de linguaxes de programación no que poden participar estudantes de ciclos formativos de formación profesional. Nesta competición os alumnos demostran as súas destrezas en  programación resolvendo problemas nas linguaxes informáticas  C,  C++ ou JAVA.

Hai una fase de clasificación na que se seleccionan os equipos que participarán na final que se celebrará no mes de xuño en Madrid.

Na edición deste ano hai tres sedes físicas, e dúas on line. No centro da Carballeira hai inscritos 30 equipos de Valladolid, Sevilla, Cuenca, Jaén, Lugo, Sevilla, Salamanca e Ourense, que competirán o día 3 de abril por quedar entre os tres primeiros clasificados e poder participar na final de Madrid.

Máis información na web oficial de programaMe:

http://www.programa-me.com/

E para aqueles que lles  guste a programación:

 

https://www.aceptaelreto.com/

Probas de acceso a ciclos de grado superior.

 

 

 

 

Prazo: do 10 ao 21 de marzo.

Día da proba : 7 de maio.

 

Máis info: http://www.edu.xunta.es/web/node/11917

 

 

Xornada de portas abertas.

 

Dentro das xornadas de portas abertas, o pasado 23 de febreiro , recibimos ao alumnado dos centros de ensino de Cambeo e Mende .

Estes alumnos poideron ver in situ as diferentes disciplinas  que se desenvolven no noso centro. Interesáronse, e informáronse, dos distintos módulos e niveis formativos que se imparten no CIFP A Carballeira.

 

Acreditación de competencias. Listaxes de solicitantes

Publicación das listaxes de solicitantes para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2014.


Elexide o centro 32008902 - CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel

As persoas que  figuran na listaxe de solicitantes que precisan emendar a documentación achegada coa súa solicitude poden coñecer os erros detectados na súa solicitude na ligazón www.edu.xunta.es/acreditación, no menú<<Consulta e modificación de solicitudes>> –indicando o número da súa solicitude e o seu PIN–, ou tamén na sede onde presentou a solicitude.

As persoas que figuran na listaxe de solicitantes maiores de 25 anos que non poidan xustificar a documentación esixida deben coñecer que a súa solicitude e a súa documentación vai ser analizada pola comisión coordinadora do procedemento de acreditación de competencias.

Para todas as listaxes, independentemente da listaxe na que figure, debe verificar que os datos persoais ou as unidades de competencias solicitadas coinciden coas da listaxe. Sedetecta algún erro debe presentar unha reclamación.

Se non figura en ningunha listaxe, cargou a súa solicitude na aplicación dispoñible en www.edu.xunta.es/acreditación e entregou a documentación nalgunha sede, poderá presentar reclamación na mesma sede.

O prazo para presentar emenda de documentación ou reclamación será do mércores día 12 ao venres 21 de marzo de 2014, ambos os dous incluídos.

Procedemento para presentar emenda de documentación ou reclamación: Débese xerar unha solicitude de emenda ou reclamación no enderezo www.edu.xunta.es/acreditación, no menú <<Xestión de emendas e de reclamacións>> – e posteriormente remitila á sede onde entregou a súa solicitude.

A continuación atopará as listaxes de solicitantes que non precisan emendar a documentación, solicitantes que precisan emendar a documentación ou solicitantes maiores de 25 anos que non xustifican a documentación agrupadas polo Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) sede de participación.

Máis info :http://www.edu.xunta.es/fp/solicitantes-acreditacion-2014

 

Simulacro de incendio.

    

Simulacro de incendio: martes, 11 de marzo de 2014.

    Farase cara o final da 3º hora da mañá.

Os puntos de encontro son os seguintes:

  • Saída pola escaleira de incendios e escaleiras da cafetaría: Patio Leste ao carón dos vestiarios do polideportivo.
  • Saída de emerxencia, corredor laboratorios: Entrada patio posterior e o espazo entre o pavillón e o edificio dos laboratorios.
  • Saída principal  e saída lateral oeste (corredor baixada laboratorios): Zona do xardín Oeste.

           Axúntanse arquivos con protocolos de actuación.

 

Premio extraordinario de Formación Profesional.

 

 

 Unha alumna de informática, Alba Losada Diéguez, resultou gañadora nos premios extraordinarios de formación profesional de grado superior correspondentes ao curso 2011-2012, convocados Xunta de Galicia, na orde do 21 de xaneiro de 2013 (D.O.G. do 31).


O vindeiro día 14 de marzo de 2014, ás 12 horas, recibirao, na Sala de convencións do centro de Innovación Cultural (CINC) da cidade da Cultura, situada no Monte Gaiás s/n, en Santiago de Compostela.

Curso A.F.D. Candidatos e reservas.

Tódalas  persoas  tanto seleccionadas como reservas para o curso A.F.D. deben entregar os vindeiros 6 e 7 de marzo  a titulación alegada.

Máis información:

 


Na  secretaría do centro pódeseo  acceder  á listaxe de admitidos e excluidos ao mesmo. 

Distribuir contido