Actividades 2014/2015

30 de xuño…

Acabouse!

     Miramos atrás e son moitas cousas:

A pizarra case chea, voces altas, anacos de xiz polo chan, o canón que non funciona,  libros, o agardado recreo, mans amigas, outra vez esta clase que aborrezo, unha cita que promete, un sorriso, unha caída, unha mirada furtiva, unha palabra moi alta, libros, os lentes non aparecen, un papel vén polo baixo, libros, primeira avaliación, unha noite sen durmir, outra garda no salón, algunha liorta por nada, o que non devolve o libro, a merenda, a “excursión” que se agradece, exame de… tanto ten: exame, un partido de futbito!, castigado pola tarde, a mochila que te tumba, ese timbre que non chega, a aula de convivencia, unha charla orientativa, a falar co director, segunda avaliación, un papel nas oficinas, apuntes e fotocopias, libros, libretas e follas, presentacións power point, chamada a conserxería, a roupa de EF, un cuestionario acabado, control de formulación, sen chuleta por favor, profesorado de garda, pupitre limpo e carné, lecturas obrigatorias, unha recuperación, Nietzsche, Einstein, Napoleón, terceira avaliación

Acto de recoñecemento da USC

O martes 30 de xuño as alumnas Raquel Alfonso, Andrea Carballo e Clara Puime participaron no acto de recoñecemento da Universidade de Santiago de Compostela aos mellores estudantes de centros de Ensino Medio de Galicia ó acadaren unha nota media superior a 9 entre o bacharelato e a fase xeral das probas de acceso á universidade. Parabéns!

Visita á Casa-Museo de Rosalía

O pasado 28 de maio os alumnos  de 3º ESO A, B, C e 3º e 4º de PDC, acompañados por Elena, Carme e Gloria, profesoras do centro, visitaron a Casa  da Matanza, a Casa- Museo de Rosalía de Castro, en Padrón.

 Alí, ademais de coñecer  algúns aspectos da súa vida e obra, percorremos as estancias da casa e xardíns onde a autora pasou os últimos anos da súa vida.

Vídeo do "flashmob": Hora do Planeta

En marzo organizamos un "flashmob" con motivo da novena edición da Hora do Planeta, unha campaña global de concienciación cidadá e loita contra o cambio climático que promove a organización WWF dende 2007. Aquí podedes ver a montaxe de Jonathan Valcárcel (1º Bac-C). Parabéns a todos os participantes!

Gran final da V Xincana na Biblioteca

     Como xa se anunciara, o día 18 de xuño celebrouse na Biblioteca a Gran final da Xincana deste curso. Participaron os gañadores das súas respectivas clases de 1º de ESO e despois de superaren -non sen certas dificultades nalgúns momentos- as DEZ probas que se lles propuxeron, nesta ocasión o vencedor foi o equipo de 1º ESO-C.

 

      Parabéns!

V Xincana na Biblioteca

         

V  XINCANA NA BIBLIOTECA

 

           Os días 3 e 4 de xuño desenvolvemos cos tres grupos de 1º da ESO a xa tradicional Xincana na Biblioteca, durante a cal os rapaces teñen que salvar obstáculos e vencer dificultades de tipo lingüístico ou literario, sobre todo, facer busca de datos, resolver algún xogo... coa axuda dos elementos de que unha biblioteca pode dispoñer: dicionarios, libros de lectura, revistas, ordenadores...

Cea fin de curso 2º Bac

O Diario Atlántico publicou na súa edición do 7 de xuño un artigo sobre a cea de fin de curso de 2º de bacharelato:

Vídeo: Homenaxe a Filgueira Valverde

Velaquí o vídeo da nosa pequena homenaxe a Filgueira Valverde no Día das Letras Galegas. Parabéns a todos os participantes pola súa actuación.

De "rafting" polo río Miño

Pica na imaxe para ver algunhas fotos da actividade de rafting polo río Miño con Arrepións que varios alumnos e alumnas do noso centro realizaron o 25 de maio. Percorreron un tramo de 9 km entre Crecente e Arbo.

Distribuir contido