Charla con Santiago Lopo

 

 Preme para ver a foto ampliada

O pasado 5 de maio os alumnos de 1º Bac C, D e E tiveron un ”encontro literario” con Santiago Lopo, autor de Hora zulú, unha das obras de lectura deste curso. O autor foinos contando, a  partir das preguntas do alumnado, como organizou a estrutura da novela, de onde xurdiron as historias,  como preparou e se informou sobre algúns aspectos da trama, os posibles finais…  Foi unha charla moi amena e proveitosa, que nos serviu para afondar nesta obra  que, dende hai anos, ten unha moi boa acollida entre o noso alumnado. É unha lectura moi recomendable.