Axudas e becas

Axudas municipais a familias con fillos e fillas en ensino obrigatorio. Curso 2023-24

Convocatoria do programa de "Axudas municipais a familias con fillos e fillas en ensino obrigatorio".

Prazo de presentación de solicitudes: do 25 de novembro de 2023 ao 24 de xaneiro de 2024.

Enlace para tramitar a solicitude ( a través de internet ou de xeito presencial).



Becas xerais para o curso 2023/2024

Do 27 de marzo ata o  17 de maio está aberto o prazo para solicitar as becas para cursar as ensinanzas postobrigatorias (Universidade, Bacharelato, Formación Profesional e FP Básica) no 2023/24. É importante que os alumnos pidan a bolsa neste prazo aínda que non saiban o que van estudar nin onde. Despois dese prazo xa non se poderá pedir a beca. A beca solicítase online.

- Consulta aquí a información para estudos NON UNIVERSITARIOS (Bacharelato e FP).

- Consulta aquí a información para ESTUDOS UNIVERSITARIOS.

- Clica aquí para consultar información xeral.

- Clica aquí para acceder ao trámite.

 

O primeiro paso é crear unha conta de usuario (podes acceder clicando aquí). Debe facelo o propio alumno ou alumna. Unha vez cubertos os datos chegarache un correo de confirmación que debes validar.

Unha vez creada a conta accede e crea a solicitude. Débese ter a man toda a documentación precisa, especialmente os DNIs dos membros da unidade familiar posto que para a sinatura da solicitude pedirannos a información que conteñen. O alumno ou alumna deberá ser titular da conta bancaria na que se solicita que ingresen a beca.

Débese comprobar que a solicitude está correctamente presentada. En SETEMBRO, notificarán se o alumno reúne ou non os requisitos económicos, PODERASE MODIFICAR A CONTA CORRENTE, O DOMICILIO NO QUE VAI A RESIDIR O ALUMNO E OS ESTUDOS QUE FINALMENTE VAI A REALIZAR.

Programa Vigo en Inglés 2023

 

          O alumnado de 3ºESO poderá solicitar a participación no Programa Municipal de Inmersión en Lingua Inglesa "Vigo en Inglés 2023". Prazo para realizar a solicitude: Luns 6 a venres 17 de marzo.

Axudas para a realización de actividades en linguas estranxeiras (2023)

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca 643 prazas para o alumnado de bacharelato que desexe realizar actividades de formación en linguas estranxeiras en Canadá, Reino Unido, Francia e Portugal no verán deste ano 2023. O prazo para solicitar estas axudas remata o 13 de marzo.

Máis información en: https://www.edu.xunta.gal/axudasle

Becas do MECD para alumnado con NEAE no curso 2023/24

Ata o 20 de setembro de 2023 pódense solicitar as becas dirixidas a alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo. A solicitude faise online.

Clica aquí para acceder a toda a información.

Becas do MECD para bacharelato (curso 2021/2022)

Ata o 30 de setembro pódense solicitar as axudas do Ministerio de Educación para cursar, entre outros, o bacharelato. A solicitude faise online.

Clica aquí para acceder á páxina de información na que podes consultar a axuda para tramitar a solicitude.

10 razóns para NON practicar sexting

Pica na imaxe para acceder á información:

Guía de redes sociais para familias V 1.0

Antonio Monje Fernández e Miguel Ángel Pereira Baz elaboraron este interesante material.

Distribuir contido