"Eu falarei" premiado no XVII Festival Internacional de Cine de Ourense

O martes 6 de novembro de 2012 tivo lugar en Ourense a entrega de premios do IV Certame OUFF Escola, no marco do XVII Festival Internacional de Cine de Ourense. Entre as 46 obras participantes na categoría “Secundaria e ensino non universitario” o xurado decidiu darlle o 1º premio ao lipdub EU FALAREI do IES de Chapela. Con este premio o xurado recoñece o traballo coordinado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Chapela no que participou toda a comunidade educativa no pasado mes de xuño e que deu lugar á gravación do lipdub EU FALAREI. Foron recoller o premio a Ourense 53 persoas, alumnado e profesorado do IES Chapela, que dedicaron o premio a toda a veciñanza de Chapela “que se identificou co proxecto e hoxe canto orgullosa EU FALAREI”.

Eu Falarei nos medios.   Nova no Faro de Vigo