25 novembro: Día da Non Violencia contra as Mulleres

25 de novembro de 2013

Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller

O alumnado de 3º  ESO B preparou un manifesto para lembrar que a violencia contra as mulleres debe ser eliminada definitivamente. O manifesto preparouse na clase de estudo asistido e foi lido no Multiusos de Chapela o venres 22 de novembro ás 8.30 da tarde coa presenza da Concelleira de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, de Chapela.

Máis información: fotos, actuación da banda, fotos do día na rúa Príncipe

Intercambio en Lingua Francesa

PROXECTO DE INTERCAMBIO  EN LINGUA FRANCESA 2014

 « Notre petit comenius »

 Centros  socios participantes Datas
Lycée Aristide Bergés, Rhônes-Alpes (Francia)

 Ecolea Internationale Schule ,Schwerin (Alemaña)

 Istituto di Istruzione Superirore “V. Cardarelli”,Tarquinia –Viterbo (Italia)

 IES  Chapela

Galicia / visita dos nosos socios ao IES Chapela

Do 20/21 ata 26/27 de xaneiro 2014

Máis información


Magosto 2013

Chegou o magosto ao IES Chapela, cheo de castañas, xogos e fútbol, gincanas e froitas tuneadas; chegou con sorrisos a esgalla, velaquí a mostra!

Moitas grazas pola vosa participación!

Fotos nocturno  Máis fotos nocturno

  Fotos diurno en flash    Máis Fotos diurno

Vídeo diúrno Vídeo nocturno Vídeo nocturno

Magosto 2013

 MAGOSTO 2013.   Próximo venres 15 de Novembro.

Actividades: torneo de futbito e diversas actividades organizadas polo Departamento de Servizos á Comunidade.

Poderemos  degustar as ricas castañas asadas por Xosé Luis Grande e antigos membros da AMPA.

O envento dará comenzo as 12:10 e rematará  ás 14:10. (DIURNO)

Modular de adultos: desde as 18:50 ata as 21: 30. . Pica para ver o cartel


A banda do patio na TVG

Hai uns días  botaron na TVG o programa que viñeran gravar ao IES de Chapela no mes de xuño, no que sae a Banda do Patio e o alumnado que cursaba 4º da ESO. Aqui tedes o momento do programa no que saímos (menos de 4 minutos):

Picando  podedes ver  o programa enteiro  e  todos os  concertos da Banda do Patio.

Actividades do EDL: xoves con música

Comeza de novo a actividade dos Xoves con Música que ocupará o vestíbulo do IES todos os xoves de novembro e decembro durante o 1º recreo da mañá (10:10h-10:30h) e durante o recreo da tarde (19:40h-20:00h). Todas e todos podedes participar escoitando e votando os videoclips que máis vos gusten, que irán superando sucesivas roldas ata escoller o mellor videoclip de música en galego.

Información e cartel no Blog do EDL

Actividades do EDL: Día da Ciencia en galego

CONFERENCIA: O cambio climático na costa galega

Conferenciante: Xosé Antón Padín (IIM VIGO (CSIC)

Lugar: sa de conferencias ás 12.30

Data:  martes  5 de novembro

Alumnado que asistirá: 4º de ESO, 1º de Bacharelato e CM de Farmacia

Información e cartel no Blog do EDL.   Fotos do acto

O IES na TVG no programa Galicia Lipdub

O pasado sábado 7 de setembro pola tarde a TVG emitiu o programa Galicia Lipdub no que participou unha representación do IES de Chapela xunto con outras entidades culturais e deportivas do concello de Redondela.

Neste vídeo colocamos só os fragmentos nos que aparece o noso IES e o noso alumnado. Se queredes ver o programa enteiro, podedes facelo na web da TVG, no enderezo

   http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/galicia-lipdub

Powered by Drupal - Design by artinet