Iniciar sesiónUsuarios conectadosAgora mesmo hai 0 usuarios e 19 invitados conectados.
|
O pasado venres 2 de marzo tivo lugar no vestíbulo do instituto o debut da Banda do patio interpretando o Iogur de Fresa. Esta actividade, organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES, tivo continuidade cun karaoke no que o alumnado que quixo puido cantar o Iogur de Fresa con música en directo. Aquí tes o vídeo da actuación e dos karaokes. Parabéns para Elia Fernández Blanco A nosa alumna de 2º de Bacharelato acadou un segundo posto na Fase Local A proba correspondente á Fase Local celebrouse o pasado venres 24 de febreiro, ás 16:00 horas, na Facultade de Ciencias (Ciencias do Mar), Universidade de Vigo, VIGO. Os tres primeiros alumnos e alumnas seleccionados de cada Universidade, recibirán do Ministerio de Educación un premio en metálico e irán á fase Nacional. A Fase Nacional terá lugar en Bilbao do 20 ao 23 de abril de 2012, na que se seleccionará aos cinco estudantes que acudirán á Fase Internacional e aos catro da Iberoamericana. Parabéns tamén a Alba Fernández Blanco e Paula García Oliveira por participaren na proba. As e os gañadores nas tres universidades A partir do segundo recreo comezan as actividades. Esperamos a participación de todos e todas.
A nosa visita no Blog da Escola de Ponte Caldelas 1. Granxa -escola"El Kiriko" 2. Escola Infantil dePonte Caldelas.
Inscrición: na secretaría de calquera instituto de educación secundaria onde se impartan ciclos formativos de formación profesional entre os días 27 de febreiro e o 9 de marzo. Datas das probas: As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 25 de maio de 2012 O profesorado e o alumnado do Instituto posaron e iste foi o resultado Pica para ler a nova no Faro de Vigo Parabéns para Elia Fernández Blanco A nosa alumna de 2º de Bacharelato acadou un terceiro premio na XLVIII Olimpiada Matemática. A proba tivo lugar o dia 17 de decembro de 2011 en Santiago. Parabéns tamén a Quique e Alba, por participaren na proba. Gañadores da Olimpíada Matemática Galega 2011-12. A Comunidade Autónoma de Galicia vén de recibir tres premios a nivel nacional en materia de innovación e experimentación en formación e en orientación profesional. A comunidade de Galicia, recibiu unha mención honorífica na modalidade de orientación profesional polo proxecto do IES de Chapela, “Os indicadores do camiño. Mirar con atención para chegar sen perderme”, centrado na atención a diversidade do alumnado de formación profesional. Proxectos premiados |
Upcoming events |
||||||||||