Escoitar, Aprender e Compartir

Chegou o verán

Mañá martes será o último día lectivo deste atípico curso que comezou coa incerteza de saber se sería posible desenvolver a pé de aula. Atrás quedou aquel 23 de setembro do ano pasado no que as máis pequenas e pequenos do IES de Chapela traspasaban as portas do centro as nove da mañá. Desde aquela son moitos os momentos e as experiencias compartidas entre o alumnado de tan diferentes idades. Cento sesenta e sete días de clase nos que non foi preciso pechar o centro nin ningunha das súas aulas, e nos que no interior do instituto non se constatou ningún contaxio. O labor incansable de Celia, Sefi, Marina e Fátima; a planificación e elaboración de plans e protocolos deseñados por Isabel e Elena desde o equipo COVID e implementados polo profesorado e persoal non docente; a sorte; e sobre todo a madurez e responsabilidade do noso alumnado no cumprimento das medidas de hixiene e seguridade, fan que poidamos dicir, agora si, que contivemos a pandemia no curso 2020/21. Por riba dos resultados académicos mañá toda a nosa comunidade educativa celebra a aprendizaxe da nosa resistencia activa. Moitas grazas a todas e a todos e os nosos parabéns! Bo verán!

A dirección

Eratóstenes en Chapela - Experimento no solsticio

Lecturas para o verán

Sesé en Chapela - 2021

José Manuel Ares

 

Golpéanos a tráxica nova do falecemento do noso compañeiro e profesor de latín, José Manuel Ares González, e non sabemos nin como sentirnos. Lembramos a Manolo encabezando este ano a comparsa da rapazada de 4º ESO B no Entroido, cun baile frenético onde era primus inter pares. Recordamos o seu verbo fácil e acendido salpicado de latinismos, como non podía ser doutra maneira. E como esquecer as súas conversas nas que sempre se colaba unha escapada á praia para entrar en contacto co líquido elemento, porque ao final, como dixo a escritora Isak Dinesen, todo se cura coa auga salgada: co suor, coas bágoas ou co mar. Así quedas na nosa memoria, Manolo. Sit tibi terra levis.

 

 

 


Chapela, 12 de xuño de 2021 

A comunidade educativa do IES de Chapela

 

Dígocho eu no IES de Chapela

 l

Laura Villaverde e Sara vilas, as grandes gañadoras do concurso "Dígocho eu" do IES de Chapela

Con mozas así o noso idioma ten futuro. Moitos parabéns!

 

Consellos de vida

A experiencia das persoas maiores, grazas polos vosos consellos de vida

Manifestación IES de Chapela - 4 de xuño de 2021

MANIFESTACIÓN - Venres 4 de xuño - 20:00

TANXUGUEIRAS GAÑADORA DO CONCURSO MUSICAL

As TANXUGUEIRAS, co seu tema MIDAS, foron as gañadoras da nova edición do noso concurso musical, no que participou durante 7 xornadas o alumnado da mañá e da tarde, decidindo cos seus aplausos o mellor tema do ano:

TANXUGUEIRAS AGRADECE AO IES DE CHAPELA SER O GRUPO GAÑADOR DO CONCURSO MUSICAL

 

 

CUARTOS DE FINAL SEMIFINAIS FINAL GAÑADORA
Tanxugueiras
Midas
Tanxugueiras
Midas
  Tanxugueiras
  Midas
Tanxugueiras
Midas
Rhome
Reina
Ezetaerre
A insurxencia por vir
Ezetaerre 
A insurxencia por vir
Nao
Mafia
Natasia Zürcher e outros
O maio
Natasia Zürcher e outros
O maio
  Rebeliom do Inframundo
  No choio fálase dun ERE
Relámpago
Ti podes ser um heroe
Rebeliom do Inframundo
No choio fálase dun ERE
Rebeliom do Inframundo
No choio fálase...
As Efémeras
Sofre o mar
Distribuir contido