Ed. Afectivo-Sexual

Lectura 4º ESO: Palabras envelenadas [abusos sexuais a menores]

Que pasou con Bárbara Molina? Nunca se atopou o seu corpo nen se conseguiron probas para deter a ningún culpable. Unha chamada a un móbil pon patas arriba o destino de moitas persoas: o dun policía a piques de xubilarse, o dunha nai que perdeu a esperanza de atopar a súa filla desaparecida, o dunha moza que traizoou a súa mellor amiga. Palabras envelenadas é unha crónica trepidante, vivindo a contrarreloxo e protagonizado por tres persoas próximas a Bárbara Molina, desaparecida misteriosa e violentamente cando tiña quince anos.  Un enigma que, despois de catro anos sen resolverse, vai verse sacudido por novas claves. Ás veces a verdade  permanece oculta na escuridade e só se ilumina ao abrir unha xanela. Unha historia de mentiras, segredos, enganos e falsas aparencias que pon o  dedo na chaga sobre mitos incuestionables. Un relato arrepiante que disecciona a hipocrisía da sociedade españoña moderna. Unha denuncia valente dos abusos sexuais infantís, as súas devastadoras consecuencias e a súa invisibilidade neste mundo benpensante noso.

La ciudade del silencio/Bordertown

A película baséase nos centos de asesinatos e desaparecións de mulleres que tiveron lugar polo menos desde 1993 na fronteiriza cidade de Juárez, e que recibiron o nome de "feminicidios". A película contén unha controvertida crítica ao Tratado de Libre Comercio entre México e Estados Unidos, responsable en boa medida da precariedade e indefensión das empregadas, das maquiladoras, rapazas xoves de orixe pobre que só gañan 5 dólares ao día.

Director: Gregory Nava

Pais: USA

Ano: 2006

Homo Baby Boom

Seis familias homoparentais de Catalunya e Valencia -tres con nais lesbianas, tres con pais gays- explican como tiveron aos seus fillos e fillas, que reaccións atoparon e como lles afectaron os cambios legais do 2005, que permiten o matrimonio e a adopción por parte de parellas homosexuais. Gañador de diversos premios, seleccionado en máis de 40 festivais de todo o mundo, emitido en televisións de Catalunya e Francia.

Tierra de Mujeres - Princesas

Charla Prostitución - 4º ESO e PCPI

O Martes 13 de marzo, o alumnado de 4º ESO e PCPI asistiu a unha charla impartida por FARAXA acerca da educación afectivo sexual, onde se lle explicou cal é a realidade que se esconde detrás da prostitución. A charla foi o colofón dun traballo que partiu da lectura Bangla, a historia dun matrimonio concertado en Bangladesh. Continuou coa análise da prostitución nese país a través dunhas fotos publicadas por El País, para rematar co estudo da situación na nosa cidade. Trátase de sensibilizar aos e ás xoves que se inician nas relacións sexuais, xa que se está adiantando cada vez máis a idade dos consumidores de prostitución.

 

Fotos en PDF

Voda concertada en Bangladesh

Todo bo matrimonio comeza con bágoas

Asia Pacific Premiere Asia y el Pacífico Premiere

UK 2006 / Reino Unido 2006 / 62min.
Director: Simon Chambers

Shahanara, tras ser rexeitada pola súa familia por levar unha forma de vida moi afastada da que eles cren correcta, decidirá por fin someterse aos desexos dos seus pais e asentirá casar cun mozo campesiño de Bangladesh que só viu unha vez na súa vida. No aeroporto de Londres, a moza esperará para coñecer o seu esposo cun sentimento que alberga amargura e ilusión. Pero días máis tarde, Shahanara sentirá que ese non é o destino que quere para si mesma e abandonará o seu prometido. Mentres tanto, a súa devota irmán pequena, Hushnara, prepararase tamén para o seu propio matrimonio concertado, algo para o que aos seus 19 anos non se sente preparada en absoluto, pero que irá aceptando co paso dos días. Toda a familia viaxará a Bangladesh para unha voda ao estilo tradicional, todo un evento ao que Shahanara non estará invitada por deshonrar a súa familia. A película é un fascinante e humano retrato sobre o choque entre as ideas de pais e fillos en torno a este tema tan conflitivo.

Interesante documental que recibiu unha Mención Especial do Xurado do Festival de Cine Astra 2007 de Sibiu (Rumanía).

Guía non sexista dirixida a rapazas

No te líes con los chicos malos é o título desta interesante guía para adolescentes elaborada por Mª José Urruzola.

 

Aprendiendo a amar - Vídeo de Documentos TV

Curso 2008/09: Taller Afectivo - Sexual / Quérote

Curso 2006-07: Webquest

 

Primeiro Premio na categoría de ensino secundario para a webquest elaborada no IES Chapela:

Resolución conxunta do 31 de maio do 2007 da Dirección Xeral de Ordenacion e Innovación Educativa da Consellería de Educación

Distribuir contido