Dispensas

Dispensas de Lingua Galega e Educación Física

Exención da cualificación das probas de lingua galega

Decreto 24/2007 (DOG de 29 de xuño de 2007)

Artigo 15º.-Exención da cualificación das probas de lingua galega 

1. O alumnado que se incorpore ao sistema educativo de Galicia en cuarto de educación secundaria obrigatoria ou en bacharelato, procedente doutras comunidades autónomas ou dun país estranxeiro con lingua oficial castelá, poderá obter a exención da cualificación das probas de avaliación de materia de lingua galega durante dous cursos académicos.
2. A exención suporá unicamente a consignación de «exento» no libro de cualificacións e mais no expediente do alumnado
3. O alumno ou a alumna terá que asistir obrigatoriamente ás clases como medio de integración lingüística e coa finalidade de que, cun esforzo especial pola súa parte, con materiais didácticos específicos e cunha axuda continua do seu profesorado, poida, ao remate do prazo da exención, ter un dominio adecuado da lingua galega e seguir as ensinanzas propias do nivel en que estea ou vaia matricularse en igualdade de condicións ca os demais compañeiros de clase
4. O incumprimento por parte do alumno do establecido no punto anterior determinará, logo dos informes pertinentes e oído o interesado e, se é o caso, pai, nai ou titores legais, a revogación da exención.
5. Tanto a revogación como a denegación da exención producirán como efecto a obriga para o alumnado de ser cualificado nas avaliacións parciais ao final do curso en que se atopa
6. No respectivo libro de escolaridade e mais no expediente do alumnado farase constar a exenciónconcedida e, se é o caso, a posible revogación e a conseguinte cualificación

Artigo 16º.-Solicitudes de exención.
1. A exención solicitarase para cada ano académico de permanencia na Comunidade Autónoma de Galicia e os seus efectos limitaranse ao citado ano, sen que se poidan conceder máis de dous anos consecutivos, conforme o previsto no artigo 15º deste decreto
2. As solicitudes de exencións dirixiranse ás direccións dos centros. Os centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria resolverán sobre a súa concesión ou denegación no prazo máximo de dez días hábiles, contados a partir da presentación da documentación completa. No caso dos centros privados e privados concertados, a resolución correspóndelle á dirección dos centros públicos a que estean adscritos.
3. A resolución da dirección do centro docente público poderá ser impugnada mediante recurso de alzada, no prazo dun mes, perante o delegado provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. 

DISPENSAS DE EDUCACIÓN FÍSICA

        Os alumnos oficiais de Ensinaza Secundaria Obrigatoria e Bacharelato que teñan algunha imposibilidade física que non permita a práctica da materia, presentarán unha Certificación Médica Oficial na que necesariamente, teranse que expecificar os exercicios que non pode facer o alumno así como o tempo de dispensa dos mesmos. En todo caso, a exención aplicarase, exclusivamente, ás clases prácticas. Esta Certificación e a solicitude serán presentadas nas oficinas do centro.

    Os alumnos matriculados no Bacharelato de Adultos maiores de 25 anos, ou que cumpran esa idade no período para o que formalizaron a matrícula presentarán soamente a solicitude.

NOTA: Os impresos de solicitude facilitaránse na Conserxería

Enviado por webmaster en Lun, 2007-03-12 19:35. categories [ ]