Saltar navegación.
Inicio
Abride escolas e se pecharán cárceres

Documentos

Documentos diversos do Ceentro

Enfermidades crónicas

 Existen dous tipos de actuacións para atender a alumnos con enfermidades crónicas, según a natureza da enfermidade :

*Plan de Alerta Escolar

*Plan de Atención Individualizado

 

PLAN DE ALERTA ESCOLAR

Definición: 

Alerta Escolar é un conxunto organizado de accións administrativas, informativas e operativas que pretende achegar unha atención sanitaria inmediata e eficaz a todos os nenos escolarizados de entre 0-16 anos, que padecen patoloxías crónicas susceptibles de descompensación con compromiso vital:

  • Crises alérxicas (anafilaxia) por exposición a alérxenos normalmente alimentarios.
  • Crises comiciais (epilepsia nas súas diferentes formas).
  • Crises diabéticas (en xeral, hipoglucemias).

Obxectivo:

Alerta Escolar pretende a coordinación entre o profesorado (facendo que sexa capaz de recoñecer a emerxencia médica provocada por un cadro agudo das patoloxías descritas, e de prestar unha primeira atención mentres chegan os recursos adecuados), e a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. 

Máis información na páxina web do 061

 

Formulario de inscripción

 

PLAN DE ATENCIÓN INDIVIDUALIZADO

Todo o alumnado con enfermidade crónica que precise apoio educativo no centro, contará cun plan de atención individualizado integrado por:

  • Ficha con fotografía, protocolo de emerxencia (sinais de alarma e actuación) e teléfonos de referencia, visible a disposición de toda a comunidade educativa (profesorado e persoal de administración e servizos)
  • Autorizacións da familia (modelo como Anexo).
  •  A familia debe aportar informe médico e pautas correspondentes. Os datos que poidan ser necesarios nunha actuación de urxencia trasladaranse á ficha do alumnado referida.

 


 

Información acerca da cobertura do seguro escolar

Distribuir contido