Skip to Content

Avaliación de diagnóstico no 2º curso de ESO


En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado do 4ºcurso de educación primaria e 2º curso de educación secundaria obrigatoria. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril 2024.
Pode atopar máis información, prema na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/ad2324_faq.pdf

Presentación da Lectura Continuada da obra « A República dos Sonhos » de Nélida Piñón.

Onte tivemos o pracer de realizar no noso centro a presentación da Lectura Continuada da obra « A República dos Sonhos » de Nélida Piñón.
Esta interesante iniciativa parte da AGAL (Associaçom Galega da Língua) e conta coa colaboración do noso concello de Cerdedo-Cotobade.

Aberto o prazo de solicitude de bolsas e axudas do Ministerio para estudos postobrigatorios

Aberto o prazo para as solicitudes de bolsas e axudas a alumnos de niveis postobrigatorios. Desde o 19 de marzo de 2024 ás 09:00 ata o 10 de maio de 2024 ás 15:00.

Ligazón: 

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050130/ficha/050130-2024.html#dg1

Obradoiro do Programa Coeducación e Educación non sexista da Cruz Vermella Xuventude

Hoxe o alumnado de 2º e 3ºESO asistiu ao obradoiro do Programa Coeducación e Educación non sexista da Cruz Vermella Xuventude, enmarcado na Campaña do 8 de marzo polo Día Internacional da Muller. Obradoiro dirixido por Marta Peón Filgueira, Educadora Social da Cruz Vermella.


Plan Proxecta Quérote +

Continuamos traballando a educación afectivo-sexual a través do Plan Proxecta Quérote +, falando sobre a orientación do desexo e cuestionando o modelo do amor romántico que sustentan as relacións de maltrato.

O día 12 de marzo, para as familias e o día 21 de marzo, para o alumnado de 3ºESO, terá lugar un obradoiro complementario impartido pola psicóloga Noa Tilve Cabada, coordinadora dos centros Quérote +. 


Día de Rosalía de Castro 2024

 

Programa Quérote +

Dende as titorías de 3ºESO seguimos traballando a educación afectivo-sexual co programa Querote + . Que é a sexualidade? Que é o desexo e a identidade sexual? Dende o respecto pola diferenza,  nos xeitos de sentir e desexar.
Velaquí algunhas fotografías relacionadas coas actividades 2 e 3 do programa.

 

Visita ao Xulgado de Pontevedra

Esta mañá o noso alumnado do 3º curso de ESO visitou o Xulgado de Pontevedra dentro do programa “Educar en Xustiza” promovido polo TSXG. 

Parabéns ao departamento de xeografía e historia pola organización e iniciativa. 

Visita ao museo de Pontevedra e teatro en inglés

O pasado xoves 11 de xaneiro, os grupos de 1º e 2º curso de ESO asistiron á representación da obra de teatro en inglés I Spy, na sede da Fundación ABANCA en Pontevedra.

O noso alumnado desfrutou da interpretación dos membros da compañía Face to Face e dalgúns dos grandes artistas que temos entre nós.

Ademais, o alumnado de 1ºESO fixo unha visita guiada ao Museo de Pontevedra, polos edificios Castelao e Sarmiento. Coñeceron o Tesouro de Caldas, a historia da fábrica de cerámica de Sargadelos, a pintura do século XVIII e a obra completa de Castelao.

Parabéns aos departamentos de inglés e de EPVA pola iniciativa e organización.

Orde sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos


Orde de 4 de xaneiro de 2024 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos,  pola que se aproba o protocolo sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros docentes de niveis non universitarios sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para ver ou descargar a Orde, prema aquí 

Distribuir contido


by Dr. Radut