Skip to Content

IES O COUTO NA OLIMPIADA DE BIOLOXÍA

Departamento de Ciencias Naturais

Olimpíada de Bioloxía  -  Fase galega

 

       O venres 16 de xaneiro, celebrouse na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo, a “X OLIMPÍADA DE BIOLOXÍA”, organizada polo Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, e a colaboración das tres universidades galegas, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e a Editorial SM.

       Participaron máis de cen estudantes de 2º de bacharelato, representando, en grupos de catro alumnos, a centros de toda Galicia.

       O I.E.S. “O Couto” presentou para a súa participación a catro alumnos  do grupo de 2º A de bacharelato:

                                           Garrido Suárez, Nerea

                                           Gómez Rodríguez, Elisabet

                                           González Fernández, Cristina

                                           Picouto Moreda, Damián.

    A participación foi promovida polo profesor de Bioloxía de 2º de bacharelato, Manuel Antonio Latorre Díaz, que os acompañou durante toda a xornada.

   Despois da recepción de participantes, desenvolveuse o exame teórico en dúas aulas da Facultade.

   Tras un pequeño descanso, e xa na Aula Magna, fixeron a proba práctica sobre imaxes proxectadas en común para todos os participantes.

   Logo da comida posterior ( convite para alumnos e profesores, pola Facultade de Bioloxía) procedeuse á visita de varios departamentos, en grupos reducidos, e ás explicacións das diversas investigacións que se desenvolven neles.

   Tiveron a oportunidade de facer pequenas observacións e manipulacións de material de microscopía e coñecer a contribución á divulgación (especialmente de páxinas web de acceso libre) dos membros dos departamentos visitados.

   Posteriormente, asistiron á conferencia sobre ás “achegas da Bioloxía” á sociedade.

   Por último, procedeuse ao acto de clausura e á entrega de premios aos gañadores.

  Todos os participantes considéranse “finalistas” e, para certificalo, recibiron o seu correspondente diploma acreditativo da súa participación na Olimpíada de Bioloxía, nun vistoso desfile dos alumnos.

   Os catro participantes do noso Cenro, amosaron a súa satisfación pola participación e gardarán seguramente un grato recordo da xornada.

 

 OLIMPIADA BIO 1  BIOL 2  BIOL 3  
       


story | by Dr. Radut