Skip to Content

VII OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA

“VII Olimpíada de Xeoloxía”  Fase galega / Ourense

cartel olimpíadas

 

O día 17 de Febreiro de 2016, celebrouse na Facultade de Ciencias do Campus de Ourense, da Univesidade de Vigo, a sétima edición da Olimpíada de Xeoloxía.

     A competición é de carácter nacional, con unha primeira fase por autonomías, unha segunda xeral  que terá lugar en Jaca, Huesca, no mes de abril, e unha internacional (este ano en Japón) 

     Está organizada pola AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra), con la colaboración del IGME y diversos colexios de xeólogos.

     En Ourense, os responsables da organización son os membros da AEPECT Manuel Antonio Latorre Díaz ( profesor do Instituto “O Couto” de Ourense) e Salud Gago Menéndez ( profesora do Instituto de Bande).

     Na edición deste ano, participaron 54 alumnos de distintos centros da provincia, dos cales 11 pertencían ao noso Instituto:

Os alumnos de 1º Bach. A:

Blanco Nieto, Arantxa

Álvarez Alonso, Anxo

Araujo Rodríguez, Helena

González Nóvoa, Paula

Bouzo Blanco, Antonio

Crucis Vidal, Lucía

Estévez Amoeiro, Carla

Vázquez Vázquez, Nazaret

       e de 4º E.S.O. C:

Feijóo Díaz, David

Velasco Pérez, Daniel

Rodríguez Blanco, Alexandre

    

 

 

  As probas desenvolvéronse ao longo de toda a xornada ( xunto coas actividades complementarias: acto de presentación, entrega de obsequios aos participantes, conferencia sobre “Termalismo en Ourense”, acto de clausura e entrega de premios).

    Pola mañá tiveron lugar as probas prácticas en grupos ( sobre mapas topográficos e recoñecementos “de visu” de rochas, minerais, …). Pola tarde fíxose a proba teórica individual.

   Os resultados dos alumnos do Instituto “O Couto” foron moi satisfactorios, gañando en todas as categorías:

    Gañadora individual absoluta:

                                        NAZARET VÁZQUEZ VÁZQUEZ

                         que participará na fase nacional , en Jaca (Huesca)

    Gañador individual , 4º E.S.O.:

                                        DANIEL VELASCO PÉREZ

    Gañadores na proba práctica de grupos:

                                        CARLA ESTÉVEZ AMOEIRO

                                        LUCÍA CRUCIS VIDAL

                                        ANTONIO BOUZO BLANCO

                                        NAZARET VÁZQUEZ VÁZQUEZ

    Os parabéns aos gañadores é extensible a todos os alumnos do Centro que participaron nas probas, polo alto nivel xeral de coñecementos demostrado, e polo seu enorme interese e adicación en tempo e esforzo na preparación desta Olimpíada.

 

 

 



story | by Dr. Radut