CONCURSO DE POSTAIS CURSO 2014 2015
- Novas |
- Vicedirección |
- Novas
CONCURSO DE POSTAIS
CURSO 2014-2015
BASES:
- Poderán participar todos os alumnos do centro que o desexen
- A participación é individual e as postais deberán de ser orixinais
- As dimensións terán un máximo de 17cm X 12 cm
- O tema será libre e terá como finalidade servir de felicitación do I.E.S. "O Couto" para as festas do Nadal.
- Na parte posterior da postal deben escribirse os datos persoais completos: nome e apelidos, idade, curso e grupo ao que pertence.
- Entregarase na Secretaría ou aos profesores dinamizadores da actividade.
- Para fomentar a participación estableceranse os seguintes premios en metálico:
- Primeiro: un premio de 70 euros
- Segundo: un premio de 50 euros
- Terceiro: un premio de 30 euros
- Establecerase un xurado, cuxa decisión será inapelable, que designará de todas as postais presentadas a que servirá como felicitación oficial do centro.
- Con todas as postais presentadas ao concurso realizarase unha exposición no pasillo da Sala de Profesores.
- O Prazo de presentación iníciase dende a publicación das bases, o día 19 de novembro de 2014, ata o día 5 de decembro de 2014.