Libros de texto

LIBROS DE TEXTO E VALES MATERIAL CURSO 2023/24

Publicada a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas en FONDOLIBROS 2023/24. Poderán consultarse na aplicación fondolibros ou no taboleiro do IES de Curtis.

Os libros entregaranse en setembro ao alumnado. Os vales de material estarán dispoñibles en setembro e terá que ser recollido pola persoa solicitante ou persoa autorizada. Achégase modelo de autorización que se deberá presentar asinada xunto cunha fotocopia do NIF da persoa autorizante e da autorizada.

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO CURSO 2023/24

Ven de ser publicada a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H)

AMPLIACIÓN AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

As persoas que foron beneficiarias de vale de material no curso 2022/23 poden recoller na secretaría do IES de Curtis os vales de 25 Euros para material escolar por ampliación das axudas en virtude da RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.

Pode consultarse a citada Resolución nesta ligazón

FONDO LIBROS 2022/23

IMPORTANTE: O PRAZO REMATA O VINDEIRO MÉRCORES 22 DE XUÑO

Aberto o prazo para participar na convocatoria do Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar correspondente ao curso 2022/23.

O prazo de  entrega de solicitudes remata o 22 de xuño de 2022

Máis información e obtención das solicitudes:

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar 2021/22 PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS

Veñen de ser publicadas as listaxes provisionais de solicitudes de participación na convocatoria de participación no fondo solidario de libros de texto e material escolar para o curso 2021/22.

Segundo establece o artigo 13 da ORDE do 6 de maio de 2021 (DOG 20 de maio de 2021) as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.

As listaxes tamen poderán ser consultadas no taboleiro do IES.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2021/22

Xúntase listaxe de libros de texto para  o curso 2021/22

FONDO LIBROS 2020/21. LISTAXE DEFINITIVA

Xúntase a listaxe definitiva de solicitudes admitidas na convocatoria do fondo solidario de libros de texto e material escolar para o curso 2020/21 (ORDE do 12 de maio de 2020 – DOG 19 de maio de 2020). Nesta listaxe poden comprobarse os fondos asignados a cada alumn@, no caso de dúbida ou para calquera aclaración contactar co centro mediante o enderezo electrónico ies.curtis@edu.xunta.es ou no teléfono 881880620

FONDOLIBROS CURSO 2020/21. LISTAXES PROVISORIAS E VALES

Xúntanse as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas na convocatoria do fondo solidario de libros de texto e material escolar para o curso 2020/21 (ORDE do 12 de maio de 2020 – DOG 19 de maio de 2020)

LIBROS DE TEXTO CURSO 2020/21

Documento coa listaxe de libros de texto para o curso 2020/21

FONDO LIBROS 2019/2020. LISTAXES DEFINITIVAS

Achéganse as listaxes definitivas de admitidos con indicación dos libros que corresponden e excluídos. O vindeiro luns 16 de setembro de 2019 farase o reparto dos libros que correspondan a cada alumno/a. No caso dos textos sen existencias entregaránse tan pronto sexa posible.

Distribuir contido