Skip to main content

Inglés

Presentation

INGLÉS 1ª LINGUA, 1º BACHARELATO

Neste curso, os alumnos deben ser capaces de saudar, presentarse, describir, falar de si mesmos, pedir algo, desculparse, falar de gustos e preferencias, expresar acordó e desacordo, falar de feitos do pasado e de plans futuros, formular hipótese, predicir acontecementos e facer pronósticos, expresar a obriga, necesidade, capacidade e posibilidade, relatar o que outra persoa dixo, preguntou, ordenou ou suxeriu, facer deduccións, expresar a consecuencia, o resultado e a causa, saber comentar lecturas e emisións televisivas.

Para iso deben coñecer todas as función  lingüísticas que regulan estas situacións de comunicación así como o léxico e a fonética adecuados para expresar estes mínimos, se definimos os mínimos tendo en conta o marco común de referencia europeo, falamos dun nivel B1.

 

INGLÉS  1ª LINGUA, 2º BACHARELATO

Neste curso os alumnos deben ser capaces de dar e pedir opinións e consellos, persuadir, advertir e argumentar, solicitar información utilizando preguntas indirectas, referirse a unha información recibida anteriormente utilizando verbos específicos, saber narrar acontecementos, películas, biografías, planificar o relato respectando as técnicas de expresión, formular hipótese, especular, establecer condicións, expresar queixas, desexos e sentimentos de pesar e arrepentimento, describir detalladamente o aspecto físico e o carácter dunha persoa real ou imaxinaria, amosar acordo e desacordo, dar explicacións, analizar cambios en diferentes lugares, cousas e na sociedade, facer suposicións ou referencias a accións pasadas, expresar sentimentos e falar das relación persoais. Esixiranse así mesmo os contidos mínimos do curso anterior.

Se definimos os mínimos tendo en conta o marco común de referencia europeo, falamos dun nivel B1/B2.

 

MÓDULO PROFESIONAL INGLÉS CICLO ADMINISTRATIVO

O módulo ten como obxectivo xeral establecer unha eficaz comunicación verbal, escrita e xestual para transmitir e recibir unha correcta información e resolver situacións conflictivas, tanto no ámbito das relacións no entorno de traballo como nas relacións externas, utilizando, no seu caso, unha lingua estranxeira.

REFORZO INGLÉS

This subject has been thought for those students who have problems with English.

Se tes problemas para entender esta frase, esta materia é para ti.

Trataranse aqueles contidos da materia de inglés considerados fundamentais neste curso, se ben cunha dinámica máis activa e participativa ao traballar en grupos máis reducidos.

Obxectivo: axudar ao alumnado de inglés que inicia a etapa de bacharelato con carencias previas a alcanzar os obxectivos marcados segundo o currículo.
 

 
 
 
 

En construción

En construción