Skip to main content

Electromecánica de Vehículos Autopropulsados

Presentación

CICLO MEDIO :ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS.

 PRIMEIRO CURSO

 Módulo profesional: sistemas de transmisión e freada (STFr)

 Neste módulo veremos contidos tanto prácticos, teóricos e actitudinais para poder diagnosticar e reparar, ademáis de realizar tarefas de mantemento, de todos os elementos do vehículo que interveñen no sistema de transmisión (embrague, caixa de cambios, caixa de transferencia, árbores de transmisión, …) e no sistema de freada (freo de servizo de disco e de tambor, freo de estacionamento, freo de emerxencia, freo automático, sistemas de ABS, …)

 Módulo profesional: Circuítos de fluídos suspensión e dirección (CFSD).

O módulo de Circuítos de fluídos suspensión e dirección pertencente ó ciclo de grao medio de Transporte e mantemento de vehículos e organízase en tres bloques chamados unidades formativas:

  • MP0454_13 Circuítos de fluídos.
  • MP0454_23 Sistemas de suspensión.
  • MP0454_33 Sistemas de dirección e rodas.

Os contidos que se tratan nesta unidades formativas son os seguintes:

  • MP0454_13 Circuítos de fluídos.
    • Leis de hidráulica e pneumática. Estudio das magnitudes e leis fundamentais da hidráulica e pneumática.
    • Elementos de hidráulica e pneumática. Estudio los elementos de hidráulica e pneumática.
    • Circuítos hidráulicos e pneumáticos básicos. Interpretación, deseño e montaxe de circuítos hidráulicos e pneumáticos.
    • Seguridade e xestión ambiental no taller I. Estudio das normas de seguridade e xestión ambiental I.
  • MP0454_23 Sistemas de suspensión.
    • Suspensión convencional. Características, funcionamento, avarías, e mantemento dos sistemas de suspensión convencional.
    • Suspensión con regulación de altura. Características, funcionamento, avarías, e mantemento dos sistemas de suspensión con regulación de altura.
    • Suspensión pilotada electrónicamente. Características, funcionamento, avarías, e mantemento dos sistemas de suspensión pilotados electrónicamente.
    • Seguridade e xestión ambiental no taller II. Estudio das normas de seguridade e xestión ambiental II.
  • MP0454_33 Sistemas de dirección e rodas.
    • A Roda. Características, avarías e reparación das rodas.
    • A Dirección. Características e funcionamento dos sistemas de dirección. Reparación de avarías e mantemento dos sistemas de dirección.
    • A Dirección asistida. Características e funcionamento dos sistemas de dirección asistida. Reparación de avarías e mantemento dos sistemas de dirección asistida.
    • Seguridade e xestión ambiental no taller III. Estudio das normas de seguridade e xestión ambiental III.

 

MÓDULO PROFESIONAL: MOTORES (MOT)

Neste módulo tratase de analizar de maneira teórica a composición, funcionamento, reparación e mantemento dos distintos tipos de motores utilizados en vehículos ,así como o desenrolo de tarefas prácticas e actitudinais relacionadas co módulo ulizando equipos de comprobación como Metroloxía e equipos especiais para esta finalidade.

MODULO PROFESIONAL: TÉCNICAS DE  MECANIZADO NO MANTEMENTO DO VEHÍCULO (TMMV)

Neste módulo impartense coñecementos de materiais metálicos utilizados nos vehículos , así como as tecnicas e ferramentas  axeitadas para mecanizalos, como por exemplo.: Ferramentas manuais, taladros, torno, etc

 MÓDULO PROFESIONAL: SISTEMAS DE CARGA E ARRANQUE

 Este módulo impártese no primeiro curso do ciclo medio de electromecánica de vehículos. Con él preténdese darlle o alumno as primeiras ferramentas para o estudio do sistema eléctrico do coche, explicándolle dende os conceptos básicos de electricidade e introducíndoo específicamente no sistema eléctrico dos automóbiles.

As unidades impartidas neste módulo abarcan:

Unidade

Título

Resumo de contido

1

Conceptos, magnitudes e leis fundamentais da electricidade

Exposición dos conceptos e magnitudes máis importantes da electricidade.

2

Leis fundamentais da electricidade e acoplamento de resistencias

Estudo da relación entre as distintas magnitudes eléctricas.

3

Aparellos de medida

Funcionamento e manexo dos instrumentos de medida e aplicación en circuítos.

4

Circuítos e compoñentes eléctricos básicos. Avarías.

Clasificación dos compoñentes eléctricos, aplicacións e conexionado dos mesmos e avarías. Realización de montaxes eléctricos analóxicos.

5

Electrónica analóxica. Compoñentes. Funcionamento, características, aplicacións e avarías.

Estudo da electrónica analóxica (compoñentes, aplicacións e avarías). Realización de montaxes eléctricos analóxicos.

6

Álxebra de Boole, portas lóxicas, dispositivos dixitais e aplicacións.

Exposición das bases da electrónica dixital. Realización de montaxes eléctricos dixitais.

7

O electromagnetismo: Fenómenos e aplicacións. Máquinas eléctricas.

Estudo dos fenómenos electromagnéticos e as súas aplicacións.

8

Acumuladores para automoción: Baterías

Estudo da batería: Características, distintos montaxes e tipos.

9

Circuíto de arranque do motor.

Análise do circuíto de arranque do vehículo.

10

Circuíto de carga do vehículo.

Estudo do alternador.

 

SEGUNDO CURSO

 Módulo profesional: sistemas de seguridade e confortabilidade  (SSCo)

Neste módulo veremos contidos tanto prácticos, teóricos e actitudinais para poder diagnosticar e reparar, ademáis de realizar tarefas de mantemento, de todos os elementos do vehículo que interveñen nos sistemas de confortabilidade no habitáculo (calefacción, aire acondicionado, climatización,…), sistemas de audiovisuais de comunicación e confort (equipos de son, multimedia, mans libres de telefonía, alarmas antirroubo, …) e sistemas de seguridade pasiva (airbag, pretensores,…)

 Módulo profesional: Circuítos Eléctricos Auxiliares do Vehículo

 No módulo traballaremos cos circuítos eléctricos auxiliares do vehículo (circuítos de iluminación, sinalización e acústicos, información e control, computadores de abordo e cadros de instrumentos e de axuda a condución) vendo os seus compoñentes, localizando avarías, facendo o seu mantemento e novas instalacións. E estudaremos as redes multiplexadas dos vehículos actuais como forma de comunicación entre centraliñas.

  MÓDULO PROFESIONAL: SISTEMAS AUXILIARES DO MOTOR: S.A.M.O.

 Con este módulo pretendese unha formación xeralista sobre os diferentes sistemas de acendido por chispa,sistemas de inxección de gasolina , diésel e turbo.

O número de sesión semanais é de 14.O total se sesión repartidas o longo  do curso é de 293, das cales 147 adicanse a sistemas de motores Otto(gasolina) e 146 sesións o motores Diesel.

No módulo trátanse contidos tanto prácticos como teóricos e tamén se valora a actitude no desenvolvemento da materia.Trátase de poder diagnosticar,reparar e ,se fora preciso substituir os elementos auxiliares nos motores Otto(galolina) ou Diesel.

Destacaremos os principais:sistemas de acendido e alimentación de motores de gasolina e diésel.Control de parámetros,utilización de documentación técnica,etc.Combustibles empregados,bombas de inxección,sistemas common rail,inyectores-bomba.

Tamén se estudian os tipos de compresores e turbocompresores empregados asi coma o control dos sistemas anticontaminación cada vez con maior relevancia ante as normas en vigor en Europa(Euro V,Euro VI).Compre suliñar  a necesidade de coñecer e respetar as Normas de  Seguridade e Hixiene e medidas de autoprotección na aula-taller o traballar con máquinas, vehículos,elevadores,combustibles,etc.

Para levar adiante o ensino-aprendizaxe do módulo destacaremos algúns dos materiais empregados para conquerir as competencias necesarias para a superación do módulo:distintos tipos de vehículos con motorizacións diésel e gasolina,analizador de gases de escape,banco diésel,maquetas diversas equipadas cos principais componentes,equipos de diagnose de avarias  do grupo Bosch e Berton,etc.

 ACCESO O CURRÍCULO DOS MÓDULOS DO CICLO

 http://www.edu.xunta.es/fp/sites/fp/files/fp/Curr%C3%ADculos/LOE/Transporte%20e%20mantemento%20de%20veh%C3%ADculos/cm_electromecanica_vehiculos_automobiles.pdf

 

FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA : MANTEMENTO DE VEHÍCULOS

 PRIMEIRO CURSO

 Módulo profesional: Mecanizado e Soldadura

 Este módulo proporciona a formación necesaria para desempeñar as tarefas propias do mecanizado manual e a realización de unións soldadas sinxelas.

Desta maneira, abrangue aspectos tales como:

-          Debuxo e interpretación de planos e esbozos.

-          Conceptos básicos sobre os materiais máis empregados en automoción.

-          Prácticas de metroloxía.

-          Operacións de mecanizado: limado, cortado, taladrado, roscado, avellanado…

-          Operacións de soldadura.

-          Cumprimento das normas de prevención de riscos laborais e xestión de residuos.

 

Módulo profesional: Amovibles

 Este módulo proporciona a formación necesaria para desempeñar o mantemento básico nas áreas de desmontaxe, substitución e montaxe de elementos accesorios, gornecementos e cristais.

Desta maneira, abrangue aspectos tales como:

-          Desmontaxe de pezas e accesorios.

-          Desmontaxe e montaxe de gornecementos.

-          Reparación de cristais.

-          Cumprimento das normas de prevención de riscos laborais e xestión de residuos.

 

Módulo profesional: Preparación de Superficies

 Este módulo proporciona a formación necesaria para desempeñar o mantemento básico nas área de preparación de superficies para o seu posterior pintado.

Desta maneira, abrangue aspectos tales como:

-          Decapaxe, limpeza e desengrasaxamento.

-          Enmascaramento total e parcial.

-          Aplicación de masillas, tipos e modos de emprego.

-          Aplicación de imprimación e aparellos.

-          Cumprimento das normas de prevención de riscos laborais e xestión de residuos.

 

SEGUNDO CURSO

 Módulo profesional: Mecánica do vehículo.

 O módulo de Mecánica do vehículo, pertencente ó ciclo de formación básica de Transporte e mantemento de vehículos organízase no seguintes contidos:

  • Seguridade, hixiene, medio ambiente e iniciativa emprendedora no taller de mecánica do vehículo. Estudo das normas de seguridade, hixiene e gestión medio ambiental. Estudo das capacidades asociadas á iniciativa emprendedora
  • O motor de combustión. Estudo do motor de combustión interna.
  • Compoñentes do motor. Estudo dos compoñentes do motor.
  • Circuítos auxiliares do motor. Estudo dos diferentes circuítos auxiliares do motor.
  • Suspensión, dirección e rodas. Estudo dos sistemas de suspensión, dirección e rodas.
  • Sistemas de transmisión e freado. Estudo dos sistemas de transmisión e freado que equipa un vehículo.

 

 

Módulo profesional: ELECTRICIDADE DO VEHÍCULO

 Con este módulo preténdese darlle o alumno unha formación xeralista sobre o sistema eléctrico do vehículo automóbil e presentarlle os conceptos básicos de traballo ca electricidade, tanto nos seus aspectos de seguridade, como de comprobacións e reparacións eléctricas, emprego de ferramentas eléctricas en automoción, etc.

Os contidos impartidos son os seguintes:

Unidade

Título

Resumo de contido

1

O taller de electricidade

Normativa básica dun taller de electricidade. Normas de seguridade e manipulación de equipos e sistemas nun taller de electricidade. Funcionamento básico dos equipos do taller eléctrico de automoción.

2

Sistemas eléctricos básicos

Compoñentes eléctricos básicos. Ley de Ohm y da potencia. Montaxe de circuítos eléctricos básicos e comprobación co polímetro sobre os mesmos.

3

Circuítos de carga e arranque

Compoñentes dos circuítos de carga e arranque. Estudo do funcionamento básico de cada un dos circuítos. Identificación de compoñentes e comprobación de funcionamento do circuíto sobre o vehículo.

4

Sistemas eléctricos auxiliares

Sistemas de limpia e lavaparabrisas, alumeado e maniobra, elevalunas eléctrico: estudo dos compoñentes básicos, proceso de funcionamento, avarías e verificación.

 

Acceso ao currículo dos módulos formativos:

https://www.edu.xunta.es/fp/sites/fp/files/fp/Curr%C3%ADculos/LOE/Transporte%20e%20mantemento%20de%20veh%C3%ADculos/anexo_06_mantemento_vehiculos_gal.pdf