Skip to main content

Economía

Departamento economía

DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA

DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA

ECONOMÍA - PRIMEIRO DE BACHARELATO

Sona o despertador… son horas de levantarse! Premo a chave da luz, desconecto o cargador do móbil e vou a ducha… non queda xabón...ESPERA. Es consciente que nos 5 minutos que levas espert@ xa empregaches un montón de cousas que NON fas ti? Despertador, luz, teléfono, cargador, pixama, xel, auga… Pero, se ti non as fas, de onde veñen? Pois moi sinxelo, mercámolas!

Desde que espertamos ata que nos deitamos estamos constantemente consumindo ECONOMÍA, é por isto polo que existe esta materia en primeiro de Bacharelato na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais.

Que aprendemos nesta materia? Estudaremos como funciona a Economía, de que depende que os prezos das cousas que mercamos suban ou baixen, como actúan os Gobernos para mellorar a calidade de vida das persoas mediante políticas económicas, que moeda debería levar se viaxo ao estranxeiro… entre outros temas.

 

ECONOMÍA DA EMPRESA - SEGUNDO DE BACHARELATO

 Por que gañan tanto os/as youtubers? Pois moi sinxelo, porque teñen capacidade de influír sobre nós e as empresas... sábeno!

Mediante técnicas de marketing, as empresas son capaces de influir nas nosas decisión de compra, facendo que compremos ou deixemos de comprar o que elas queren. Con que finalidade? Pois coa de aumentar os seus ingresos e polo tanto os seus beneficios. En resumo, gañar máis.

Na materia de Economía da Empresa analizamos por dentro o funcionamento dun negocio e axudámosche a comprender entre outras, diversas técnicas de marketing ou que deberíamos ter en conta á hora de pedir un préstamo nunha entidade bancaria.

FUNDAMENTOS DE ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN?

Por que uns negocios teñen éxito e outros son un fracaso absoluto?

A resposta a esta e outras preguntas relacionadas co mundo empresarial poderás resolvela na materia de Fundamentos de Administración e Xestión na que traballaremos, entre outros contidos, como podemos obter boas ideas empresariais ou como deseñar campañas de marketing atractivas que aumenten as vendas dun negocio. Esta materia ten carácter totalmente práctico e o seu fin último é crear unha empresa ficticia desde cero e ver cales son as súas posibilidades de éxito.