Skip to Content

Novas portal educativo

Distribuir contido
Actualizado: hace 2 min 18 seg

A Xunta reforza a colaboración con Stellantis Vigo na aposta por unha FP innovadora e adaptada ao tecido produtivo e á demanda de talento profesional

fai 5 horas 21 min

Summary: 

Trátase de acordos para programas duais nas especialidades de Mecatrónica, Robótica Colaborativa e Vehículos Híbridos/Eléctricos

Os 37 alumnos beneficiados combinarán a formación académica e práctica na planta viguesa e no Centro Integrado CIFP Valentín Paz Andrade e Instituto IES Politécnico

Román Rodríguez agradece o compromiso desta firma pioneira da automoción “co modelo de éxito de prestixio, confianza e utilidade que é a FP galega”

Idioma Gallego

A Xunta de Galicia reforza a súa aposta polo impulso dunha Formación Profesional innovadora e de calidade, adaptada ao tecido produtivo e á demanda de profesionais cualificados, a través da colaboración con Stellantis Vigo en materia de FP Dual que permitirán aos alumnos combinar a formación académica nos centros educativos coa formación práctica na factoría.

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e o director da factoría automobilística viguesa, Ignacio Bueno, asinaron esta mañá tres convenios para o impulso dos programas de FP Dual nas especialidades de Mecatrónica, Robótica Colaborativa e Vehículos Híbridos/Eléctricos, dos que se van beneficiar a partir do vindeiro curso 2024-25 un total de 37 alumnos do Centro Integrado de FP CIFP Valentín Paz Andrade e do Instituto IES Politécnico de Vigo.  

Ao abeiro destes acordos, no Centro Integrado de FP CIFP Valentín Paz impartirase a especialización en Mantemento e Seguridade en Sistemas de Vehículos Híbridos e Eléctricos, con 650 horas de formación compartida entre o centro educativo (o 65%) e empresa (o 35%). Para esta modalidade ofértanse un total de 14 prazas para o curso 2024-25, coa previsión de que a incorporación dos estudantes á factoría viguesa se realice a partir de febreiro de 2025.

No Instituto IES Politécnico de Vigo impartiranse os graos superiores de Mecatrónica e de Robótica Colaborativa, que se desenvolverán durante os curso 2024/25 e 2025/26, estando prevista a incorporación dos primeiros alumnos á empresa a partir de marzo de 2025.

No caso do grao de Robótica Colaborativa poderanse matricular ata 14 alumnos, que realizarán un total de 587 horas de formación, das cales o 53% será no centro e o 47% restante na empresa. No grao de Automatización e Robótica Industrial ofértanse nove prazas, con 2.229 horas de formación compartida entre o centro (o 60%) e a factoría Stellantis Vigo (o 40%).

En todos os casos, dadas as necesidades específicas do sector profesional, os graos teñen carácter plurilingüe, polo que os alumnos matriculados cursarán os módulos formativos en inglés establecidos no proxecto.

Aproveitamento de sinerxías

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, agradeceu a implicación e o compromiso de Stellantis Vigo coa Formación profesional galega, o que permite “afianzar un modelo de éxito que se caracteriza polo prestixio, a confianza e a utilidade”. “Os convenios que acabamos de asinar van permitir o acceso dos alumnos ao entorno laboral dunha das maiores industrias de automoción do mundo”, subliñou.  Así mesmo, puxo en valor a importancia de “aproveitar sinerxías” entre os axentes académicos, económicos, sociais e institucionais “para acadar unha Galicia máis competitiva e unha terra de futuro e de oportunidades para as xeracións máis novas”.

O titular de Educación referiuse tamén á “revolución silenciosa” que leva experimentando a FP na última década, “unha opción que pasou de ser a única alternativa para moitos mozos a converterse na súa primeira opción formativa”, así como “un seguro de futuro profesional”, xa que, por exemplo, os ciclos duais acadan unha inserción laboral plena. Finalmente, Román Rodríguez reivindicou o traballo realizado polos centros educativos que, tanto no caso do Valentín Paz Andrade como no do Politécnico de Vigo “teñen demostrado con creces que lideran unha oferta innovadora, inclusiva, atenta ás transformacións sociais e con resultados académicos sobresaíntes”.

O director de Stellantis Vigo, Ignacio Bueno, referiuse á traxectoria afianzada de colaboración coa formación de estudantes de FP desde 2007 que se reforzou a partir de 2020 coa acollida dos primeiros alumnos de FP Dual. “Estamos convencidos -dixo- de que a formación teórico-practica é fundamental para os estudantes antes de enfrontarse ao mercado laboral”, e puxo o acento no compromiso para “impulsar a representación feminina nestas especialidades”.

Por outra banda, no acto de hoxe, celebrado na planta olívica, fíxose efectiva a doazón por parte de Stellantis Vigo de 16 motores eléctricos á Xunta que se destinarán a outros tantos centros de FP da provincia de Pontevedra.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: departamentos

Román Rodríguez comparte a importancia das ensinazas deportivas cos profesionais Aíto García Reneses, Xisco Gil e Pepe Casal

fai 5 horas 23 min

Summary: 

O exseleccionador olímpico de Baloncesto, o seleccionador olímpico de Vela e o expreparador físico da Selección Olímpica de Baloncesto participan nas ‘Charlas olimpismo e deporte’

A actividade encádrase no programa didáctico das ensinanzas de Baloncesto e de Vela que se imparten neste centro

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou hoxe o Centro Integrado de FP Fontecarmoa, en Vilagarcía de Arousa, co gallo das Charlas olimpismo e deporte nas que participan o exseleccionador olímpico de Baloncesto Aíto García Reneses; o seleccionador olímpico de Vela, Xisco Gil, e o expreparador físico da Selección Olímpica de Baloncesto Pepe Casal.

O responsable autonómico de Educación agradeceu a participación “destas lendas do mundo deportivo” nesta actividade e compartiu con eles a importancia que teñen as ensinanzas deportivas na formación dos profesionais do futuro. “É unha honra para nós contar con estes convidados de primeiro nivel para ofrecer unha experiencia educativa extra ao alumnado que cursa as ensinanzas de Baloncesto e Vela”, engadiu.

Neste senso, Román Rodríguez, que estivo acompañado pola directora xeral de FP, Eugenia Pérez, explicou que os ciclos deportivos como os que se imparten neste centro de Vilagarcía de Arousa englóbanse nas ensinanzas de réxime especial, que este curso realizan 27.000 alumnos. “Trátase dunha vía que se consolida ano tras ano como unha opción académica e de saída profesional de calidade”, sinalou. 

Programa da xornada

O programa previsto para a xornada de hoxe comezou cunha conferencia sobre baloncesto impartida por Aito García Reneses para alumnos do grao medio e superior das ensinanzas de Baloncesto como xogadores, adestradores, árbitros e afeccionados. Os actos continuarán cun foro pola tarde no auditorio de Vilagarcía de Arousa con Xisco Gil, actual seleccionador olímpico de Vela, e Pepe Casal, preparador físico que ten traballado para o Obradoiro, a Selección nacional ou na formación de xogadores como Pau Gasol.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: departamentos

Román Rodríguez anuncia que o alumnado do instituto IES Valle-Inclán poderá estrear as primeiras aulas novas a partir do luns

fai 6 horas 33 min

Summary: 

Salienta a envergadura da obra neste edificio histórico que cualifica como “unha das catedrais educativas que temos en Galicia” cun investimento de 4,7M€

Felicita á dirección do centro, ao profesorado, ao alumnado e ás familias pola súa colaboración e apoio neste proceso, que se está desenvolvendo de xeito satisfactorio

Idioma Gallego

O alumno do Instituto IES Valle-Inclán de Pontevedra poderá estrear as primeiras aulas novas a partir do vindeiro luns. Así o anunciou esta mañá o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, durante unha visita ao centro educativo para supervisar o desenvolvemento dos traballos.

Segundo explicou o titular de Educación do Goberno galego, trátase de nove aulas do terceiro andar do edificio que xa están totalmente rematadas no interior e tan só resta limpalas e colocar o mobiliario, polo que a partir do luns xa estarán en uso. Xunto con estas aulas, proxectadas para na fase 1 da rehabilitación integral do centro, tamén xa están operativos desde hai varias semanas o ximnasio e os vestiarios do semisoto.

Román Rodríguez subliñou que, pese a envergadura da obra e ás condicións climatolóxicas adversas deste inverno, estanse seguindo os tempos marcados no cronograma de planificación da mesma, xa que agora remata a primeira fase e comeza a segunda. Nesta próxima fase acometerase o remate outras nove aulas máis así como a retirada dos módulos exteriores, que está previsto que deixen de usarse en xuño.

Envergadura loxística e técnica

O conselleiro aproveitou para felicitar ao conxunto da comunidade educativa, entre os que destacou o equipo directivo do instituto, os docentes, o alumnado e as familias, pola súa implicación e apoio nesta obra que é a de maior envergadura a nivel técnico e loxístico que está a levar a cabo a Consellería. “Dá boa conta da súa magnitude as 326 ventás de 33 tipoloxías diferentes que hai que facer ah hoc, en madeira de castaño, co fin de realzar a tipoloxía orixinal deste edificio histórico singular que é unha catedral educativa”, subliñou.

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional inviste un total de 4,7M€ nesta rehabilitación integral da que é a maior obra que se está realizando nestes momentos nun centro educativo galego. A intervención arrancou a mediados de setembro do ano pasado e prevese que estea totalmente rematada a comezos de 2025.

Tras o remate da primeira fase, agora dará comezo a segunda fase, que suporá ir actuando na cuberta, no reforzo de forxados, falsos teitos, acabados interiores e iluminación doutras nove aulas, polo que quedarían outras nove aulas máis pendentes así como as zonas comúns.

Edificio de arquitectura ecléctica

Cómpre salientar que o Instituto IES Valle-Inclán está situado nun edificio histórico singular con características da arquitectura ecléctica de finais do XIX e elementos do Art Nouveau, que iniciou a súa construción en 1908. Desde entón foi obxecto de diferentes obras de reforma e reparación de distinta envergadura, realizándose a última gran intervención no ano 1972.

Agora entra nunha nova etapa coa obra de maior calado desde hai cinco décadas que inclúe a rehabilitación enerxética, estrutural e funcional deste instituto histórico, programada ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, e que redundará nun aforro de preto do 60% de enerxía no centro.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: departamentos

A Xunta potencia na feira Innovart 24 as ensinanzas artísticas, deportivas e de idiomas que reúnen a 6.000 personas, case o dobre que na primeira edición

Xov, 18/04/2024 - 10:23

Summary: 

Os conselleiros fan fincapé na importancia destas ensinanzas como canteira tanto da cultura como do deporte en Galicia e destacan o traballo para profesionalizalas

Case 35.000 estudantes cursan estas opcións formativas, cun incremento do 20% nas deportivas e do 3% nas artísticas como resultado das melloras na oferta

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inauguraron hoxe a segunda edición de feira Innovart, organizada polo Goberno galego co obxectivo de potenciar as ensinanzas de réxime especial, modalidade que agrupa as ensinanzas artísticas, deportivas e de idiomas. 

O evento, que se desenvolve ata mañá na Cidade da Cultura, reúne a 103 centros, un 20% máis ca o ano pasado, e a 6.000 persoas, case o dobre que o pasado ano, en concreto, un 60% máis. A cita actúa como escaparate para que o alumnado amose todo o aprendido e, ao mesmo tempo, permite aos potenciais estudantes destas disciplinas coñecelas para valoralas como unha opción de futuro e de inserción laboral. 

Os conselleiros fixeron fincapé na importancia destas ensinanzas como canteira tanto da cultura de Galicia como do deporte. De feito, incluso deportistas profesionais teñen completado a súa formación en centros educativos a través da oferta de ciclos existente.

“Temos un compromiso xeral e unha aposta de Goberno coa calidade e a innovación do noso sistema educativo e estas ensinanzas non poden quedar á marxe”, afirmou Román Rodríguez. “Levamos tempo traballando arreo para que esta opción educativa se consolide como sinónimo de profesionalización”, destacou.

Non en balde, son case 35.000 os alumnos que cursan estas opcións formativas este curso 2023/24, cun incremento do 20% nas deportivas e do 3% nas artísticas respecto do ano académico anterior. Como indicaron, estas cifras son resultado das melloras e novidades introducidas na oferta por parte do Goberno galego.

Pola súa banda, o titular de Cultura puxo en valor Galicia como unha potencia cultural na que este modelo de formación nutre das capacidades e dos medios precisos para “fortalecer a canteira da nosa cultura” e para que sigan agromando e medrando novos profesionais. “A nosa cultura require dun compromiso firme que estimule o talento que xa atesouran os máis mozos”, cuestión na que se traballa a través destas ensinanzas. Por tanto, “esta feira une talento mozo e futuro da nosa cultura”, remarcou. 

Máis e mellor oferta

Entre as melloras introducidas destaca a implantación este curso, no Conservatorio Superior de Música de Vigo, do primeiro máster en ensinanzas artísticas de Galicia do mesmo nivel dos universitarios oficiais: o Máster en ensinanzas artísticas en creación, interpretación e investigación musical. Ademais, a Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, en Santiago, comezou a impartir un itinerario dual pioneiro en España de xoiaría e complementos, concretamente da especialidade de deseño de produto.

Así mesmo, incrementouse o plurilingüismo nas ensinanzas artísticas coa implantación de novos ciclos plurilingües nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño Ramón Falcón (Lugo) e Pablo Picasso (A Coruña) e novas seccións bilingües con carácter experimental no Conservatorio Profesional Manuel Quiroga de Pontevedra e na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Nas ensinanzas deportivas implantáronse os ciclos superiores de Vela con aparello fixo e con aparello libre no Centro Integrado de FP Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa). Mentres que nas de idiomas medrou a oferta con Incremento de cursos de actualización lingüística do profesorado, linguaxe administrativa, CELGA e cursos monográficos, ao tempo que se potenciaron os cursos semipresenciais.

Ampla oferta de actividades

InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. 

A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo. 

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: departamentos

Román Rodríguez sinala como unha prioridade de goberno a tolerancia cero contra o acoso escolar

Mér, 17/04/2024 - 07:53

Summary: 

Grazas ao novo plan, o 100% dos centros contan xa co punto laranxa, actualizouse o protocolo contra o acoso e constituíronse os equipos de actuación

“Traballamos coa Consellería de Sanidade para apoiar ás vítimas e moi pronto presentaremos as primeiras campañas de sensibilización”, explica

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, sinalou hoxe como unha prioridade de Goberno “a loita contra o acoso e o ciberacoso, co obxectivo da tolerancia cero neste tipo de conductas”. Na inauguración da primeira Xornada de formación dos Equipos de actuación contra o acoso escolar, o titular do departamento educativo da Xunta reafirmou o compromiso da Xunta co “reto de país” de eliminar dos centros educativos calquera forma de violencia ou discriminación, para o que se están a implementar as diferentes medidas do Plan integral contra o acoso e o ciberacoso escolar.

Román Rodríguez destacou os avances alcanzados desde a aprobación deste devandito plan a finais do ano pasado. “Ademais de actualizar o protocolo contra o acoso e o ciberacoso, o 100% dos centros educativos contan xa cun punto laranxa para denunciar anonimamente posibles situacións e hoxe comezamos coa formación destes Equipos de actuación contra o acoso escolar, que xa foron constituídos en cada centro”, dixo.

“Ademais, xa estamos traballando de xeito coordinado coa Consellería de Sanidade para apoiar ás vítimas, cun proceso de deriva prioritaria aos servizos de saúde mental, tanto para a diagnose como para a intervención terapéutica e moi pronto presentaremos as primeiras campañas de sensibilización, deseñadas para chegar especialmente á mocidade”, incidiu.

O conselleiro explicou que se traballa desde a detección precoz, prestando atención aos primeiros indicios, fomentando a confianza e ofrecendo apoio emocional e salientou a importancia de actuar desde unha perspectiva transversal e integral entre os diferentes departamentos da Xunta que teñen vinculación con este ámbito. Tamén puxo de manifesto a necesidade de facer partícipes e responsables a todos os axentes que poidan ter relación cunha situación de acoso, ”desde o persoal docente, pasando polo alumnado e, por suposto, coa implicación das familias”.

Relatorios de especialistas

O conselleiro agradeceu aos 600 docentes asistentes a súa participación nesta xornada: “O voso traballo é fundamental para acadar este obxectivo común e, por iso,  gardo que esta primeira xornada de formación contribúa á vosa correcta formación nesta tarefa”.

Ao longo do día asisten a diferentes relatorios para abordar o acoso e o ciberacoso desde unha perspectiva integral. Deste xeito, cóntase coa participación do presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, Fernando Suárez, que afonda nas medidas de prevención do acoso escolar na rede; e de Alexandre García Caballero, psiquiatra e coordinador de programas de prevención e promoción da saúde mental do Sergas, cunha aproximación sobre a repercusión destas condutas na saúde mental do alumnado.

Ademais, o fiscal delegado autonómico da Unidade Especializada de Menores da Fiscalía Xeral do Estado e fiscal delegado adscrito á Rede de Fiscais de Cooperación Xurídica Internacional, José Manuel Ucha, está a cargo da mesa redonda sobre a abordaxe xurídica destas situacións; mentres que Víctor Salgado Seguín, socio-director en Pintos&Salgado Abogados, é o encargado de achegar a perspectiva da confidencialidade e a protección de datos.

A xornada péchase cunha mesa redonda sobre a utilidade da entrevista como ferramenta de escoita e apoio fronte o acoso escolar, da man de Mónica Rodríguez Enríquez, profesora do departamento de Psicoloxía Evolutiva e Comunicación da Universidade de Vigo.

A xornada pode seguirse a través da canle de educación da Xunta en YouTube.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: departamentos

A Xunta financiará as probas para que 5.500 alumnos poidan acreditar oficialmente o seu nivel de idiomas

Lun, 15/04/2024 - 17:27

Summary: 

O Goberno galego destina 550.000€ a sufragar o custo das probas de certificación en idiomas para 4º de ESO, Bacharelato e FP nos niveis B1, B2 ou C1

Apoiará ás familias cunha achega de 100€ para costear os exames

Esta acción enmárcase na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras, que contempla un paquete de medidas para a mellora destas competencias entre o alumnado

Idioma Gallego

O Goberno galego impulsa o Programa de Acreditación en Linguas Estranxeiras, de xeito que este curso un total de 5.500 alumnos de 205 centros de toda Galicia poderán certificar as súas competencias lingüísticas en diferentes idiomas a través de probas de específicas financiadas pola Xunta.

O Consello analizou un informe da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades sobre este programa enmarcado na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras (EDUlingüe 2030) para o fomento e a mellora do plurilingüismo no ensino non universitario, na que se contemplan medidas e accións para a mellora da competencia lingüística do alumnado galego noutros idiomas.

Ao abeiro deste programa, a Consellería de Educación habilita unha partida de 550.000€ para o financiamento destas probas, cunha contía de 100€ por alumno, que vai destinada a sufragar o custo das probas das destrezas orais e escritas que realicen estudantes de 4º de ESO, Bacharelato ou FP para certificar os niveis B1, B2 ou C1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas, correspondentes cos niveis intermedio e avanzado.

Inglés, francés, portugués e alemán

Cada alumno pode matricularse nunha proba dunha lingua estranxeira que será, preferentemente, a que curse como primeira lingua estranxeira. Isto é, inglés, francés, portugués e alemán. O estudante, previa orientación do profesorado, poderá decidir o exame ao que se presenta e coñecerá con antelación as características da mesma.

A organización e xestión das probas é competencia exclusiva do centro educativo, que deberá seleccionar o alumnado candidato ás probas, o nivel da proba á que se presenta e as institucións ou empresas certificadoras oficialmente recoñecidas a través da cal as realiza.

Modelo plurilingüe consolidado

O modelo plurilingüe implantado pola Xunta -que implica a impartición de ata un terzo do horario lectivo en lingua estranxeira- comezouse a aplicar no curso 2010/11 para as etapas de educación obrigatoria, isto é, de Primaria e ESO. Xa a partir do curso 17/18, a Consellería de Educación ampliouno ás etapas de Infantil, Bacharelato e Formación Profesional e hoxe é un programa consolidado.

No actual curso 2023/24 hai un total de 500 centros plurilingües, que contan co apoio de 655 auxiliares de conversa nativos de ata 22 nacionalidades distintas que imparten clases nestes centros.

No caso do Programa de Acreditación da Competencia Lingüística en Linguas Estranxeiras, a Consellería de Educación implantouno por primeira vez no ano 2018 como experiencia piloto para os centros plurilingües e no ano 2021 ampliouse a todo os centros educativos que imparten ESO, Bacharelato e FP.

Canto ás certificacións realizadas, o pasado curso 2022/23, a meirande parte dos alumnos certificados fixérono na lingua inglesa (máis do 90%), seguido de francés, portugués e alemán. Por nivel de acreditación, a maioría acadaron o nivel B2 de Inglés (o 41%) seguido do B1 de inglés (o 36%).

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: departamentos

A Xunta reforza o seu compromiso coas ensinanzas de réxime especial na segunda edición de Innovart

Lun, 15/04/2024 - 17:15

Summary: 

Case 35.000 alumnos cursan estas opcións formativas, cun incremento do 20% nas deportivas e do 3% nas artísticas como resultado das melloras na oferta

Os días 18 e 19 de abril celébrase na Cidade da Cultura a nova edición desta mostra, que serve para darlle visibilidade ás ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas

Prevese que acudan 6.000 persoas, a maioría delas alumnado que poderá obter información e orientación profesional nesta cita

Idioma Gallego

Máis dun centenar de centros amosarán a excelencia das ensinanzas de réxime especial na segunda edición da mostra Innovart, que se celebrará o 18 e 19 de abril na Cidade da Cultura de Galicia, a mostra coa que a Xunta de Galicia reforza o seu compromiso con darlle pulo ás ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas. Froito deste impulso, esta nova edición conta cun 20% máis de centros participantes, que teñen nesta cita un gran escaparate para dar a coñecer o seu traballo.

Prevese un incremento da asistencia de público en xeral, podendo acadar un total dunhas 6.000 persoas asistentes. A maior parte delas será alumnado, que poderá obter neste evento información e orientación profesional sobre as posibilidades e saídas destas ensinanzas.

A mostra porá a disposición dos visitantes novos obradoiros de cada unha das ensinanzas de réxime especial, espectáculos, concertos e representacións escénicas, así como un renovado set de entrevistas e televisión polo que pasarán parte do alumnado e docentes participantes.

Melloras na oferta

Son case 35.000 os alumnos que cursan estas opcións formativas neste ano académico, cun incremento do 20% nas deportivas e do 3% nas artísticas respecto do 2022/23, como resultado das melloras e novidades introducidas na oferta por parte da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

No eido das ensinanzas artísticas, este ano implantouse no Conservatorio Superior de Música de Vigo o primeiro máster en ensinanzas artísticas de Galicia do mesmo nivel dos universitarios oficiais, o Máster en ensinanzas artísticas en creación, interpretación e investigación musical. Ademais, a Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo (Santiago de Compostela) comezou a impartir este curso un itinerario dual pioneiro en España de xoiaría e complementos, concretamente da especialidade de deseño de produto na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.

Así mesmo, incrementouse o plurilingüismo nas ensinanzas artísticas coa implantación de novos ciclos plurilingües nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño a través do programa PLURIART nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño Ramón Falcón (Lugo) e Pablo Picasso (A Coruña) e novas seccións bilingües con carácter experimental no Conservatorio Profesional Manuel Quiroga de Pontevedra e na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

No caso das ensinanzas de idiomas, medrou a oferta con Incremento de cursos de actualización lingüística do profesorado, linguaxe administrativa, CELGA e cursos monográficos, ao tempo que se potenciaron os cursos semipresenciais.

A maiores, nas ensinanzas deportivas implantáronse os ciclos superiores de Vela con aparello fixo e con aparello libre no Centro Integrado de FP Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa).

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: departamentos

A FP galega demostra a súa calidade ao alzarse con nove medallas no campionato Spainskills

Sáb, 13/04/2024 - 13:09

Summary: 

O alumnado da FP galega obtén tres medallas de ouro nas categorías de Desenvolvemento web, Panadaría e Recepción hoteleira; cinco de prata en CNC Fresado, Escaparatismo, Floraría, Servizo de restaurante e bar e Sistemas robóticos integrados, e unha medalla de bronce en Tecnoloxía do automóbil

Os centros galardoados nesta edición son o IES San Clemente, o CIFP Paseo das Pontes, CIFP Manuel Antonio, IES Politécnico de Vigo, IES Ramón Menéndez Pidal, CIFP A granxa, CIFP Paseo das Pontes, CIFP Politécnico de Lugo e IES As Mariñas

Galicia queda en terceira posición en número de medallas, só por detrás de Andalucía e Valencia

Idioma Gallego

A FP galega demostrou toda a súa calidade nas Spainskills 2024, o campionato nacional no que o equipo de Galicia se alzou con nove medallas. A aposta da Xunta por fortalecer estas ensinanzas xa ten dado os seus froitos en numerosas ocasións, tanto nestas olimpíadas estatais como nas europeas e mundiais.

A delegación galega obtivo tres medallas de ouro, cinco de prata e unha de bronce. Queda, así, na terceira posición no medalleiro, só por detrás de Andalucía e Valencia.

Representantes da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades acompañaron ao alumnado e profesorado participante na competición durante estes días e transmitiron hoxe o orgullo que supón para o sistema educativo galego o resultado acadado nesta cita.

A relación de galardóns acadados por Galicia é a que se reflicte na seguinte táboa:

Medalla

Especialidade ou skill

Equipo galardoado

Ouro

Desenvolvemento web

Centro: IES San Clemente (Santiago)

Alumno: Ezequiel Soto Seoane 

Titora: Cristina París Brandariz

Ouro

Panadaría

Centro: CIFP Paseo das Pontes (A Coruña)

Alumna: Maria Bazar Verdes

Titora: Avelina Amado Fernandez

Ouro

Recepción hoteleira

Centro: CIFP Manuel Antonio (Vigo)

Alumna: Laura Pereira Ramilo 

Titor: Roi Álvarez González

Prata

CNC Fresado

Centro: IES Politécnico de Vigo (Vigo) 

Alumno: Pedro Rodríguez Rodríguez 

Titor: Javier Fondevila Blanco

Prata

Escaparatismo

Centro: IES Ramón Menéndez Pidal (A Coruña)

Alumno: Antía Fernández Loureiro

Titor: María Soledad Seoane Sobrino

Prata

Floraría

Centro: CIFP A Granxa (Ponteareas)

Alumna: Carmen Regueira Fernández 

Titora: M Jesús Pena Fariña

Prata

Servizo de restaurante e bar

Centro: CIFP Paseo das Pontes (A Coruña) 

Alumna: Melisa Touriñán Canosa 

Titor: Gabriel Vilar Longarela

Prata

Sistemas robóticos integrados

Centro: CIFP Politécnico de Lugo (Lugo)

Alumnos: Andrés Díaz López y Carlos Fernández Rodríguez

Titor: Carlos Victorio Álvarez Pérez

Bronce

Tecnoloxía do automóbil

Centro: IES As Mariñas (Betanzos) 

Alumno: Hugo López Lameiro 

Titor: Miguel Vilela González

 

Participación en 34 "skills"

Arredor de 100 persoas, entre alumnos e docentes, conformaron o equipo galego nestas olimpíadas nacionais da Formación Profesional, que se desenvolveron no recinto feiral de IFEMA, en Madrid, desde o 9 de abril.

Competiron un total de 38 alumnos de 23 centros nun total de 34 modalidades de skills, das cales 29 foron competicións oficiais e cinco en formato demostración. Neste último formato, Galicia logrou a maiores tres medallas. Samuel Hermida, do CIFP Valentín Paz Andrade de Vigo logrou o ouro en Enerxías renovables; Hugo Aguiar do CIFP As Mercedes de Lugo levou outra medalla de ouro en Tecnoloxía de vehículos pesados, e Carmen Oubiña do CIFP Montecelo de Pontevedra fíxose co bronce en Farmacia e parafarmacia.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: departamentos

A Xunta destaca a importancia das matemáticas nos desafíos actuais que supoñen a intelixencia artificial ou a enerxía

Ven, 12/04/2024 - 14:48

Summary: 

A representante da Consellería agradece o compromiso do profesorado participante neste programa “con transmitir esta ciencia desde unha perspectiva universal adaptada aos novos retos”

Idioma Gallego

A directora xeral de Ordenación e innovación educativa, Judith Fernández, participou hoxe no Encontro Nacional ESTALMAT, celebrado na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Unha cita que reúne “docentes de Matemáticas de todo o país, que buscan reforzar a vocación STEM do alumnado e afondar na importancia desta ciencia no mundo contemporáneo”, destacou.

A representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades fixo fincapé na importancia de concienciar os alumnos sobre o valor real das matemáticas e a súa influencia ante os desafíos actuais en eidos como a Intelixencia Artificial, o desenvolvemento sostible ou a enerxía. “Por iso, agradezo o voso compromiso con transmitir esta ciencia desde unha perspectiva universal adaptada aos retos e circunstancias que nos rodean”, afirmou.

“O contexto de transformación social e tecnolóxica esixirá dunha profesionalización inmediata das competencias STEM, polo que debemos afondar nas súas posibilidades e ofrecer un valor engadido que marque a diferenza e permita sacar o máximo partido posible ao coñecemento adquirido”, explicou a directora xeral. “O programa ESTALMAT é unha oportunidade extraordinaria para seguir desenvolvendo a vosa formación específica e contribuír a impulsar la cualificación do estudantado”, sinalou. 

ESTALMAT-Galicia conta co apoio da Xunta de Galicia e ten como obxectivo detectar e estimular o talento matemático precoz entre os rapaces de 12 e 13 anos, a través de diferentes actividades. A iniciativa naceu a nivel nacional en 1988 e implantouse en Galicia hai 17 anos, da man do ex reitor da USC e catedrático de Matemática aplicada, Juan Viaño. É a decana da Facultade de Matemáticas,  Elena Vázquez Cendón, a que ostenta hoxe a presidencia de ESTALMAT-Galicia e desenvolve o programa.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: departamentos

A Xunta financiará a contratación de 50 profesores universitarios e esixe ao Ministerio de Universidades que garanta que asumirá a parte que lle corresponde

Mér, 10/04/2024 - 09:06

Summary: 

Os conselleiros de Facenda e de Educación en funcións reúnense cos reitores para reafirmarlles o compromiso do Goberno galego coas tres universidades públicas

Román Rodríguez lamenta o chantaxe do Ministerio ao impoñer esta medida sen negociala coas comunidades autónomas, malia ter que cofinancialas

Idioma Gallego

Os conselleiros en funcións de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, anunciaron hoxe que a Xunta financiará a contratación de 50 profesores universitarios, isto é, un terzo do total de 150 prazas estimadas para Galicia, e esixirá ao Ministerio de Universidades garantías do pagamento –aínda cos Orzamentos prorrogados– das prazas que se comprometeu a asumir.

Así o explicaron aos reitores da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López; da de Vigo, Manuel Reigosa, e da da Coruña, Ricardo Cao, nunha reunión mantida esta mañá en San Caetano para informalos dos pormenores da última Conferencia General de Política Universitaria, na que se abordou este asunto.

No transcurso da reunión, o titular do departamento educativo do Goberno galego explicou que o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades non ofrecera ningún tipo de diálogo ao respecto, “senón que fixo unha chantaxe ás administracións autonómicas”. “Trátase dun novo exemplo de ‘eu invito e ti pagas’ ao que nos ten afeito o Goberno central, que adoita impoñer novas leis que implican máis gasto para as comunidades autónomas, sen acompañalas dunha memoria económica nin de transferencias de orzamentos”, explicou Román Rodríguez.

“Somos agora as comunidades as que temos que facer fronte a un problema xerado pola nova Lei Orgánica do Sistema Universitario, unha normativa que Moncloa non negociou cos axentes implicados e que está a xerar dificultades orzamentarias nas universidades e, como consecuencia, nas administracións autonómicas que as cofinanciamos”, explicou.

Agravio ás universidades cumpridoras

O conselleiro de Educación destacou o bo traballo das universidades galegas “que teñen os seus cadros entre os máis estabilizados do Estado, polo que a medida ten menos impacto”. Neste sentido lamentou que outras universidades de fóra de Galicia se vaian ver máis beneficiadas por este plan, malia non ter feito unha boa política laboral interna. “Do mesmo xeito existe un agravio comparativo entre as comunidades e as que nos esforzamos por manter a estabilidade somos descompensadas”, sinalou.

Diante desta situación, e malia non estar conformes co plan proposto polo Ministerio, a Xunta decidiu cumprir a súa parte e asumir con fondos propios o custo do terzo das prazas que lle corresponden, segundo o criterio imposto polo departamento dirixido por Diana Morant. En calquera caso, esixirá ao Goberno central que garanta que vai pagar ás universidades a totalidade das prazas que lles toca contratar xa este ano.

Neste sentido, os conselleiros explicaron que o Ministerio non foi quen de aclarar como vai facer fronte ao pagamento das prazas de profesorado axudante doutor que se comprometeu a asumir na súa totalidade este ano, tendo en conta que non vai haber novos Orzamentos. Así mesmo, o Goberno central aínda non remitiu –nin aclara a data na que o vai facer– o convenio bilateral que vai impoñer ás comunidades autónomas para este fin.

“Pese a todo isto, a Xunta ten unha responsabilidade cara as universidades públicas galegas, cara o país en definitiva, polo que imos cofinanciar a parte correspondente deste proceso e apoiar ás universidades para poder implementar esta medida”, afirmou Román Rodríguez.

 

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: departamentos

A Xunta loa o traballo da rapazada na entrega de galardóns da III edición do Premio Otero Pedrayo para estudantes

Mér, 10/04/2024 - 08:16

Summary: 

O secretario xeral de Política Lingüística participa neste acto que tamén conmemora o 48 aniversario do pasamento do autor ourensán

O IES Otero Pedrayo de Ourense faise cos galardóns individuais e colectivos na categoría de Bacharelato polos traballos de Lucía González e o grupo ‘As Oterianas’

Na categoría de Secundaria resultou gañador o grupo ‘Araucaria’, do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo, mentres que a categoría individual quedou deserta

Idioma Gallego

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe na entrega dos galardóns do III Premio Otero Pedrayo para estudantes de ESO e Bacharelato, impulsados desde a fundación homónima co apoio da Xunta de Galicia co fin de fomentar entre a mocidade o coñecemento e o recoñecemento do autor ourensán.

 

No acto, que tamén foi unha homenaxe a Pedrayo no 48 aniversario do seu pasamento este 10 de abril, o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades loou o traballo de todas as persoas participantes “pola calidade dos traballos presentados, que ademais foron preto de medio cento, o cal demostra o alto interese que segue espertando entre as novas xeracións a figura dun autor tan significativo para o galego e para Galicia”.

 

Canda Valentín García tamén participaron nesta entrega, que acolleu a Casa Grande de Cima de Vila, sede da Fundación Otero Pedrayo, o presidente da dita entidade, Eduardo López Pereira, e o alumnado e profesorado dos centros premiados.

 

Alumnado premiado

Na terceira edición deste certame, o IES Otero Pedrayo de Ourense fíxose cos dous galardóns na categoría de Bacharelato: o premio individual foi para Lucía González Vázquez, polo traballo Poesía e Xeografía de Bocarribeira; mentres que o colectivo recaeu no grupo ‘As Oterianas’, que analizou os cinco anos do autor como alumno preuniversitario no proxecto Otero Pedrayo alumno, traxectoria no centro que leva o seu nome.

 

Ademais, o xurado acordou recoñecer cun accesit o traballo titulado Violencia e delito en O mesón dos ermos: brutos, bandoleiros e negreiros, presentado por un grupo de estudantes do IES de Ponteceso.

 

Doutra banda, na categoría reservada para alumnado de Secundaria, recibiu o premio colectivo o grupo ‘Araucaria’, do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo. O seu traballo Galeguízate con Otero, un videoxogo realizado con scratch, foi eloxiado polo xurado pola excelente aplicación das novas tecnoloxías. Nesta categoría tamén recibiu un accesit o grupo ‘Ilustres dinámicos’, do IES Chan do Monte Marín.

 

Por último, o premio na categoría individual quedou deserto, aínda que se lle concedeu tamén un accesit a Avril Lagos González, alumna do IES Chan do Monte de Marín, pola súa biografía en verso de don Ramón.

 

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: departamentos

Un total de 46.500 alumnos de 4º de primaria e 2º de ESO realizan entre hoxe e mañá as probas diagnósticas fixadas polo Ministerio de Educación na LOMLOE

Mér, 10/04/2024 - 07:08

Summary: 

Na xornada de hoxe teñen lugar as probas de competencia lingüística en lingua e literatura galega e castelá e mañá serán as de lingua estranxeira e matemática

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, achegouse un colexio en Santiago para comprobar o normal desenvolvemento das mesmas

No proceso participan máis de 16.000 docentes, que son os encargados da súa aplicación, corrección e contraste externo

Idioma Gallego

Un total de 46.500 alumnos, a razón de 21.600 de 4º curso de Educación Primaria e de 24.900 de 2º curso de ESO, realizan entre hoxe e mañá as avaliacións de diagnóstico fixadas polo Ministerio de Educación a través da actual lei educativa estatal LOMLOE para toda España.

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, achegouse esta mañá ao Colexio CEIP Monte dos Postes de Santiago para comprobar o normal desenvolvemento da realización das probas na que interveñen máis de 16.000 docentes encargados da organización da súa aplicación, corrección e contraste externo.

No día de hoxe os alumnos realizan as avaliacións de competencias lingüísticas en lingua e literatura galega e castelá, mentres que na xornada de mañá farán as de competencias en lingua estranxeira e competencia matemática. Así pois, deben cubrir un caderno por cada unha das competencias a avaliar, que inclúen contidos que versan sobre os obxectivos de área e de materia recollidos nos currículos destas asignaturas para cada un dos cursos. A duración de cada unha das probas é de máximo de 75 minutos e cun descanso de 30 minutos en entre probas.

Informe de resultados por centro

Estas probas teñen un carácter informativo, formativo e orientador para os centros, que recibirán un informe de resultados sobre o conxunto do seu alumnado por nivel e por competencia avaliada, sen resultados individuais.

A información obtida ten unha finalidade estritamente diagnóstica, xa que os datos obtidos proporcionan unha información complementaria tanto aos centros como á Administración para deseñar accións específicas de mellora do sistema educativo.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: departamentos

Unha delegación do Instituto Estatal de Calidade e Investigación escolar de Munich coñece en Lugo a estratexia da Xunta en ensino innovador

Mar, 09/04/2024 - 10:25

Summary: 

Visitan o Instituto IES Nosa Señora dos Ollos Grandes para afondar na metodoloxía didáctica nas materias sobre Intelixencia Artificial

Coñecen o Colexio Sagrado Corazón, como exemplo do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, o IES Sanxillao e o CIFP As Mercedes, referentes en FP

Idioma Gallego

A directora xeral de Ordenación e Innovación educativa, Judith Fernández, visitou hoxe o Instituto IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes con representantes do Instituto Estatal de Calidade Escolar e Investigación Educativa de Munich, no marco da estadía desta delegación alemá para coñecer o sistema educativo galego.

En concreto no instituto lucense, xunto con docentes do centro e técnicos da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, a delegación xermana afondou na metodoloxía didáctica para impartir materias relacionadas coa Intelixencia Artificial. Cómpre lembrar que o sistema educativo galego conta con dúas materias específicas neste sentido: Intelixencia artificial para a sociedade e Tecnoloxías intelixentes, ambas impartidas no Ollos Grandes.

Na súa visita a Lugo, os representantes do Instituto Estatal de Calidade Escolar e Investigación Educativa de Munich coñeceron tamén o Colexio CEIP Sagrado Corazón, como modelo de centro adaptado ao Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica. Así mesmo, esta tarde visitan o Instituto IES Sanxillao e o Centro Integrado de FP As Mercedes, ambos referentes de innovación na Formación Profesional.

Durante a súa estadía en Galicia, que se prolongará ata o venres, afondarán tamén nas estratexias da Xunta en materia de dixitalización do ensino, de innovación educativa e de formación do profesorado en senllas visitas a Centro de Innovación Educativa e Dixital  e a Centro Autonómico de Formación e Innovación. Entre outros asuntos, abordaranse o proxecto EdugalIA, de intelixencia artificial aplicada ao sistema educativo galego, ou os Polos Creativos. Así mesmo, farase unha posta en común e estudarase a posibilidade de establecer sinerxías entre ambas institucións en prol da calidade do sistema educativo. 

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: departamentos

Máis de 21.000 persoas concorrerán ás oposicións de educación convocadas pola Xunta neste 2024

Lun, 08/04/2024 - 10:20

Summary: 

Convocáronse 1.743 prazas e as probas desenvolveranse a partir do 22 de xuño

O obxectivo do Goberno galego con este proceso é consolidar a estabilidade dos planteis de profesorado, cun 86% das prazas de novo ingreso

Idioma Gallego

Un total de 21.046 persoas concorrerán ás oposicións convocadas pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades neste 2024, segundo o listado provisional de admitidos publicado no Portal Educativo. As probas para as 1.743 prazas convocadas desenvolveranse a partir do 22 de xuño en diferentes localidades, que se concretarán nas vindeiras semanas.

O obxectivo deste proceso é consolidar a estabilidade do que é o piar do sistema educativo público, os docentes. Das 1.743 prazas, un total de 1.512, o 86%, son de novo ingreso. Delas, 520 son para o corpo de mestres, 875 para o de profesores de ensino secundario, 84 do novo corpo de profesores especialistas en sectores singulares da FP e 33 de escolas oficiais de idiomas.

A maiores, as oposicións permiten ao profesorado avanzar na súa carreira docente. Deste xeito, as 231 prazas restante son para que funcionarios docentes poidan acceder ao corpo de profesores de ensino secundario (220) ou ao de inspectores de educación (11).

Corpo de mestres

520 prazas, oito especialidades, 8.887 inscritos.

Especialidades

Prazas

Inscritos

Educación Infantil

50

2385

Lingua Estranxeira: Inglés

65

645

Lingua Estranxeira: Francés

50

242

Educación Física

40

538

Música

20

314

Pedagoxía Terapéutica

110

1565

Audición e Linguaxe

80

867

Educación Primaria

105

2331

Corpo de profesores de ensino secundario

875 prazas, 34 especialidades, 11.122 inscritos:

Especialidades

Prazas

Inscritos

Filosofía

24

211

Latín

10

78

Lingua Castelá e Literatura

36

680

Xeografía e Historia

29

922

Matemáticas

24

641

Física e Química

20

573

Bioloxía e Xeoloxía

10

592

Debuxo

15

466

Francés

10

183

Inglés

80

915

 Música

10

245

Educación Física

46

578

Orientación Educativa

21

350

Tecnoloxía

60

619

Lingua Galega e Literatura

80

528

Economía

22

290

Administracións de Empresas

15

219

Formación e Orientación Laboral

20

506

Informática

50

185

Intervención sociocomunitaria

22

405

Organización e Xestión Comercial

17

142

Organización e Procesos de Mantemento de Vehículos

19

75

Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica

20

86

Procesos de produción agraria

11

128

Sistemas Electrotécnicos e Automáticos

16

108

Instalacións e mantemento de equipos térmicos e de fluídos

10

45

Instalacións electrotécnicas

18

68

Operacións e equipamentos de produción agraria

10

103

Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico

13

171

Procedementos sanitarios e asistenciais

18

369

Procesos comerciais

11

160

Procesos de xestión administrativa

25

260

Sistemas e aplicacións informáticas

65

165

Equipos electrónicos

18

56

Corpo de profesores especialistas en sectores singulares da FP

84 prazas en cinco especialidades, 534 inscritos

Especialidades

Prazas

Inscritos

Cociña e pastelería

10

181

Fabricación e instalación de carpintería e moble

11

77

Mantemento de vehículos

25

156

Mecanizado e mantemento de máquinas

28

68

Soldadura

10

52

Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas

33 prazas en tres especialidades, 306 inscritos

Especialidades

Prazas

Inscritos

Francés

9

47

Galego

7

56

Inglés

13

166

Portugués

4

37

Acceso ao corpo de Inspectores de Educación

Especialidade

Prazas

Inscritos

Inspección Educativa

11

95

Acceso do Subgrupo A2 ao Subgrupo A1 ao corpo de profesores de ensino secundario

220 prazas en 34 especialidades, 102 inscritos

Especialidades

Prazas

Inscritos

Filosofía

6

1

Latín

2

0

Lingua Castelá e Literatura

9

1

Xeografía e Historia

7

4

Matemáticas

6

3

Física e Química

5

0

Bioloxía e Xeoloxía

2

1

Debuxo

4

1

Francés

2

2

Inglés

20

10

Música

2

12

Educación Física

12

18

Orientación Educativa

5

26

Tecnoloxía

15

1

Lingua Galega e Literatura

20

6

Economía

6

1

Administracións de Empresas

4

0

Formación e Orientación Laboral

5

2

Informática

13

0

Intervención sociocomunitaria

6

11

Organización e Xestión Comercial

5

0

Organización e Procesos de Mantemento de Vehículos

5

0

Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica

5

1

Procesos de produción agraria

3

0

Sistemas Electrotécnicos e Automáticos

4

0

Instalacións e mantemento de equipos térmicos e de fluídos

2

0

Instalacións electrotécnicas

5

0

Operacións e equipamentos de produción agraria

2

1

Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico

3

0

Procedementos sanitarios e asistenciais

5

0

Procesos comerciais

3

0

Procesos de xestión administrativa

6

0

Sistemas e aplicacións informáticas

16

0

Equipos electrónicos

5

0

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: departamentos

A Xunta distingue co primeiro Selo de excelencia os graos en Enxeñaría Informática e en Fisioterapia da Universidade da Coruña e en Veterinaria da de Santiago

Lun, 08/04/2024 - 10:17

Summary: 

Trátase dunha distinción que é garantía de alto nivel académico destes estudos

A estratexia e resultados, o currículo, o deseño do proceso de ensino–aprendizaxe, o profesorado e a inserción laboral son algúns dos criterios de avaliación que se tiveron en conta

Esta mención, que xa rexía para os estudos de máster, súmase a outras accións impulsadas desde a Xunta para fomentar un sistema universitario galego innovador e adaptando ás demandas do conxunto da sociedade

Idioma Gallego

Os graos en Enxeñaría Informática e en Fisioterapia (da Universidade da Coruña) e en Veterinaria (da Universidade de Santiago de Compostela) son os primeiros en obter o selo de excelencia que outorga a Xunta de Galicia para estes estudos no Sistema Universitario Galego (SUG), unha distinción de calidade que ata o momento operaba unicamente para os estudos máster.

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades vén de facer pública a resolución deste distintivo, que se publicará mañá no Diario Oficial de Galicia, e que ten como obxectivo recoñecer e acreditar a calidade académica destes estudos universitarios.

Enmarcada nas diferentes medidas impulsadas desde o Goberno galego para fomentar a excelencia e a adaptación da oferta formativa ás demandas do conxunto da sociedade, esta nova distinción contribúe a sensibilizar á comunidade universitaria sobre a relevancia da innovación para adaptarse as transformacións de procesos, métodos, ferramentas, materiais e contidos que esixe a sociedade do coñecemento. Ao mesmo tempo, procúrase aliñar o deseño das titulacións de grao coas novas tendencias internacionais, contribuíndo a elevar os seus estándares de calidade e darlles visibilidade.

Vixencia de seis anos

O selo de grao de excelencia ten unha vixencia de seis cursos académicos, con seguimentos anuais e posibilidade de renovación, e continuará con financiamento específico no marco do Plan Galego de Financiamento Universitario 2022-26.

Entre os requisitos para optar a el, as titulacións deben levar impartíndose de xeito ininterrompido, como mínimo, desde o curso 2018/19 e continuar na actualidade, e cada universidade podía presentar tres solicitudes como máximo.

No que atinxe aos criterios de avaliación, fixáronse un total de oito: estratexia e resultados, currículo, deseño do proceso de ensino–aprendizaxe, profesorado, avaliación, inserción laboral, internacionalización e exposición da proposta. Cada un deles será valorado cun máximo de 10 puntos, agás no caso da estratexia e resultados (máximo de 25 puntos) e da exposición da proposta (ata 15 puntos).

Nestes bloques valóranse cuestións como as taxas de ocupación, gradación, cambio e abandono; a contribución do plan de estudos ao desenvolvemento rexional e a súa relación co entorno e tecido empresarial; a metodoloxía docente e acompañamento personalizado ao alumnado, ou a excelencia do profesorado e a súa participación en formación e iniciativas innovadoras.

Así mesmo, tamén se teñen en conta as estratexias para avaliar a calidade da titulación (avaliación continua, diarios de aprendizaxe), a inserción laboral do grao e, no eido da internacionalización, ítems como a colaboración con universidades estranxeiras, os créditos ofertados en linguas estranxeiras, a mobilidade do estudantado ou a acreditación do nivel de idiomas do persoal docente investigador.

Máster de excelencia

Este recoñecemento súmase ao de máster de excelencia, un selo implantado hai catro anos. En total, son doce as titulacións que contan xa con esta mención que reflicte a súa calidade e nivel de solvencia científica, técnica e formativa.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: departamentos

A Xunta demanda que a última proposta da ABAU sexa debatida en Conferencia Sectorial, debido aos cambios con respecto ao documento inicial

Dom, 07/04/2024 - 09:54

Summary: 

A Consellería de Educación presenta un paquete de alegacións ao novo texto ministerial que regulará o acceso á Universidade a partir de 2025

Insiste en habilitar mecanismos efectivos para a homoxeneidade das probas que garantan a igualdade real entre o alumnado das distintas comunidades

Pide que se recuperen as matrices e especificacións das probas de acordo aos currículos actuais, concretando as competencias e os criterios de avaliación

Idioma Gallego

A Xunta de Galicia reclama que o último borrador real decreto co que o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes pretende regular as probas de acceso á universidade (ABAU) a partir de 2025 sexa debatido no marco da Conferencia Sectorial de Educación, xa que este texto presenta “diferencias significativas” respecto á proposta presentada en xullo de 2022. 

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades vén de elevar ao Ministerio as alegacións, que fan de novo fincapé na necesidade de habilitar mecanismos efectivos para a homoxeneidade das probas e, deste xeito, garantir a igualdade real entre o alumnado independentemente da súa procedencia, unha cuestión irrenunciable nun contexto de distrito universitario único como é o caso de España. 

A Xunta denuncia que, con esta última proposta, o Goberno do Estado renuncia de facto á súa competencia de “deseñar unha proba cunha estrutura e uns parámetros comúns” e delega “por completo” o deseño das probas nas comunidades autónomas. Isto, na práctica, afastará aínda máis a consecución do obxectivo de garantir a equidade, a igualdade de oportunidades da mocidade e unha xusta concorrencia competitiva no acceso á universidade, como vén reclamando Galicia desde hai anos.

O Goberno galego entende que a última proposta de real decreto do Ministerio introduce cambios significativos como a eliminación da proba de madurez inicialmente presentada ou a falta de criterios de deseño e avaliación dos cuestionarios, polo que o novo documento debe ser analizado e debatido nos órganos correspondentes, dándolle voz ás comunidades autónomas, que deben ser escoitadas, posto que son as encargadas de aplicar as probas.

Así pois, a Xunta insiste en advertir que o Ministerio segue sen establecer “instrumentos de coordinación efectivos que permitan garantir o carácter de proba única que esixe a existencia dun distrito universitario único”, así como os principios “de igualdade, non discriminación, mérito e capacidade” que deben rexer na elaboración e realización das probas de acceso á universidade.

Outra das alegacións da Xunta pon o acento na falta de matrices de especificacións dos temarios das distintas materias, un  elemento clave nas características e no deseño das probas, xa que a través delas vincúlanse os currículos coas competencias específicas, os criterios de avaliación e os saberes básicos.

Isto é, que o Ministerio non aporta indicacións claras e obxectivas sobre o peso de cada materia, polo que vai dar como resultado exames aínda máis desiguais.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: departamentos

Román Rodríguez anima ao equipo galego a demostrar todo o potencial da nosa FP no campionato Spainskills

Mér, 03/04/2024 - 10:30

Summary: 

O conselleiro de Educación en funcións recibe aos 38 mozos de 23 centros educativos que representan a nosa Comunidade nas olimpíadas nacionais destas ensinanzas

O certame desenvólvese en Madrid entre do 9 ao 13 de abril

Idioma Gallego

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, recibiu hoxe ao equipo que vai representar a Galicia no certame Spainskills 2024. “Agardo que demostredes neste campionato todo o potencial que ten a nosa FP”, animounos, lembrando que os resultados da delegación galega en citas de anos anteriores foron “moi satisfactorios e un orgullo para o noso sistema educativo”.

Son aproximadamente 100 as persoas, entre alumnos e docentes, que conforman o equipo galego nestas olimpíadas nacionais da Formación Profesional, que se desenvolverán no recinto feiral de IFEMA, en Madrid, do 9 ao 13 de abril.

En total haberá 38 alumnos de 23 centros competindo xa que en catro modalidades se participa por parellas (Xardinería paisaxística, Mecatrónica, Sistemas robóticos integrados e Robótica Colaborativa). 

Galicia participa en 34 modalidades de skills, das cales 29 son competicións oficiais, e polo tanto clasificables para os campionatos internacionais, e cinco son en formato demostración. No caso das skills oficiais, a relación de centros galegos participantes por cada unha delas son:

Modalidade de competición

Concello

Centro educativo

Animación 3D e xogos

A Coruña

CIFP Imaxe e Son

Atención socio sanitaria

Cee

IES Agra de Raíces

Carpintería

Ortigueira

IES de Ortigueira

CNC fresado

Vigo

IES Politécnico de Vigo

Cociña

Pontevedra

CIFP Carlos Oroza

Control industrial

Lugo

CIFP Politécnico de Lugo

Desenvolvemento web

Santiago de Compostela

IES San Clemente

Deseño mecánico CAD

Ferrol

CIFP Ferrolterra

Ebanistería

Melide

IES de Melide

Electrónica

Lugo

CIFP Politécnico de Lugo

Escaparatismo

A Coruña

IES Ramón Menéndez Pidal

Estética

A Coruña

CIFP Someso

Floraría

Ponteareas

CIFP A Granxa

Fontanaría e calefacción

Culleredo

CIFP Universidade Laboral

Instalacións eléctricas

Lugo

CIFP Politécnico de Lugo

Xardinaría paisajística

Pontevedra

CIFP Montecelo

Mecatrónica

Lugo

CIFP Politécnico de Lugo

Panadaría

A Coruña

CIFP Paseo das Pontes

Peiteado

Vigo

IES de Teis

Pintura do automóbil

A Coruña

CIFP Someso

Recepción hoteleira

Vigo

CIFP Manuel Antonio

Refrixeración e aire acondicionado

Lugo

CIFP As Mercedes

Reparación de carrozaría

Ponteceso

IES Eduardo Pondal

Servizo de restaurante e bar

A Coruña

CIFP Paseo das Pontes

Sistemas robóticos integrados

Lugo

CIFP Politécnico de Lugo

Soldadura

Vila de Cruces

IES Marco do Camballón

Tecnoloxía da moda

A Coruña

CIFP Paseo das Pontes

Tecnoloxía do automóbil

Betanzos

IES As Mariñas

TIC administración de sistemas en rede

Vigo

IES de Teis

 

Ademais, haberá representación galega nas seguintes demostracións:

Modalidade de demostración

Concello

Centro educativo

Cloud Computing

A Coruña

IES Fernando Wirtz Suárez

Enerxías Renovables

Vigo

CIFP Valentín Paz Andrade

Farmacia e parafarmacia

Pontevedra

CIFP Montecelo

Robótica Colaborativa

Vigo

IES Politécnico de Vigo

Tecnoloxía de vehículos pesados

Lugo

CIFP As Mercedes

 

Os estudantes gañadores da medalla de ouro en Spainskills 2024 formará parte da delegación española que participará nos próximos campionatos internacionais de FP. Galicia participa activamente desde o ano 2007 nas distintas edicións das Competicións Nacionais de Formación Profesional, Spainskills, e tamén nas edicións internacionais Worldskills e Euroskills. Ademais, desde o ano 2012 organízase o campionato autonómico, Galiciaskills.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: departamentos

Román Rodríguez convida a celebrar a fonda tradición e legado dos estudos de Historia da Universidade de Santiago

Mér, 03/04/2024 - 10:03

Summary: 

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións participa na presentación do libro ‘Razón de historia’ dirixido polo catedrático Ramón Villares

A obra, encadrada no centenario destes estudos, afonda na evolución da Facultade de Xeografía e Historia da USC a través de estudos, biografías e testemuñas

Idioma Gallego

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, participou hoxe na presentación do libro Razón de historia, un volume dirixido polo catedrático Ramón Villares que se encadra na celebración dos 100 anos cumpridos por estes estudos no curso pasado.

 

Na súa intervención, o representante do Goberno galego convidou a celebrar a “fonda tradición e legado” destes estudos aos que se referiu como unha “clave para entender a Galicia contemporánea”. “Os que pasamos por esta facultade, no meu caso tanto como estudante como profesor, temos a sorte de formar parte dunha gran comunidade educativa e profesional xunto con algúns dos nomes máis brillantes da historiografía española e europea e os miles de mozos e mozas que hoxe continúan adquirindo coñecemento”, sinalou Román Rodríguez antes de referirse a persoeiros como Antonio Eiras Roel, Xosé Ramón Barreiro ou Ramón Otero Pedrayo.

 

Neste senso, gabou o traballo feito pola Universidade de Santiago de Compostela ao longo dos anos “e a súa capacidade para avanzar de xeito parello ao curso da sociedade e adaptar o ensino da historia para ofrecer un maior entendemento da realidade pasada, presente e futura”. “O historiador é unha figura transversal que abrangue coñecementos de moitos eidos, pero que ten un obxectivo concreto: ampliar a visión da poboación e por iso é importante que os estudos ofrezan unha formación o máis ampla posible, como se fai en Santiago”, puntualizou.

 

O volume presentado hoxe en Santiago nun acto no que tamén estivo o reitor da USC, Antonio López, está feito baixo a dirección do catedrático Ramón Villares e afonda na evolución da Facultade de Xeografía e Historia a través de estudos, biografías e testemuños directos, ofrecendo unha obra coral e ilustrada que proporciona unha estampa rigorosa e de calidade dun centro universitario senlleiro que, durante décadas, foi a única licenciatura ofrecida na USC no eido das Humanidades.

 

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: departamentos

A Xunta esixe ao Ministerio de Universidades diálogo e negociación coas comunidades e que aclare como vai reducir a temporalidade docente sen orzamentos

Mér, 03/04/2024 - 09:50

Summary: 

O Goberno central non explica como asumirá este ano o pago das prazas anunciadas sen acordo previo dado que non ten previsión de aprobar Orzamentos en 2024

O conselleiro Román Rodríguez lamenta este xeito de facer política, resumido no “yo invito y tú pagas”, e reprocha a “falta de respecto á arquitectura institucional”

Idioma Gallego

A Xunta de Galicia participou hoxe na Conferencia General de Política Universitaria en Madrid, onde se abordou a redución da temporalidade do profesorado universitario. No transcurso do encontro, ao que asistiu o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, 11 das 17 comunidades autónomas esixiron ao Ministerio de Universidades que aclare como vai executar o seu plan, despois de que Moncloa esixise adherirse in situ pese a non estar na orde do día.

 

Neste sentido, Galicia, ao igual que a inmensa maioría das comunidades, explicou que non é posible sumarse a un acordo cuxo contido e financiamento específico se descoñece e que non foi negociado previamente cos gobernos autonómicos a pesar de que se pretende que parte do financiamento recaia neles. Cómpre lembrar que o Goberno do Estado deixou sen efecto o grupo de traballo coas autonomías, que eles mesmos constituirán para abordar este asunto, anunciando un plan sen acordo previo.

 

Na Conferencia General de hoxe non houbo lugar a negociación, dado que o Ministerio indicou que as administracións autonómicas deberían adherirse ao acordo e pagar un terzo das prazas desde o curso 2024/25 ao 2027/28. Iso malia que o Ministerio non foi quen de aclarar como vai asumir o pago completo das prazas este ano, tendo en conta que o Goberno central non vai ser quen de aprobar Orzamentos para o 2024.

 

Posición vantaxosa de Galicia

A este respecto, o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, lamentou en declaracións aos medios de comunicación que o Ministerio de Universidades afonde na política do “yo invito y tú pagas”, con accións “sen orzamento que as sustente”, o que representa “unha falta de respecto á arquitectura institucional do Estado español”. “É necesario que se acheguen fondos específicos ás comunidades autónomas, que somos as que financiamos practicamente o 100% dos sistemas universitarios autonómicos”, explicou o representante da Xunta de Galicia.

 

En todo caso, explicou que Galicia parte dunha situación vantaxosa: “Afortunadamente levamos tempo con plans de financiación plurianuais que están posibilitando que as universidades teñan os máximos orzamentos da súa historia”. En concreto, este ano a achega da Consellería de Educación ás universidades supera por primeira vez os 500M€. Nesta mesma liña, lembrou que na nosa Comunidade “se fixeron ben as cousas tamén en relación ás plantillas universitarias, polo que o impacto da medida será menor”.

 

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: departamentos

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia avala a adxudicación do servizo de transporte escolar da Xunta

Mér, 03/04/2024 - 09:42

Summary: 

Na súa última sentenza, o TSXG subliña que a Xunta actuou “conforme a dereito” e descarta que un único adxudicatario superara o máximo de adxudicacións previstas nos pregos de contratación

O fallo da sala, tendo en conta as alegacións e proba achegadas pola Administración, rectifica o criterio das sentenzas anteriores do mesmo tribunal emitidas en sentido contrario

Idioma Gallego

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de avalar o proceso de adxudicación de transporte escolar realizado pola Xunta de Galicia, por realizarse conforme á legalidade e aos pregos de contratación aprobados. Na súa última sentenza, o TSXG subliña que a Xunta actuou “conforme a dereito” e descarta que se producira unha concentración de adxudicacións nunha única empresa adxudicataria que superase o máximo de oito previsto nos pregos, contradicindo neste sentido a tese que se mantiña no recurso dos demandantes.

 

A resolución atinxe á adxudicación do lote nº 50, e nela o TSXG finalmente conclúe que non se incumpriu o requisito do número máximo de oito adxudicacións previsto nos pregos. Así o estimou o Tribunal logo de analizar a proba achegada pola administración e as alegacións realizadas polos servizos xurídicos da Xunta, que advertían de que nas súas sentencias anteriores o tribunal non tiña aplicado a regra do prego de contratación que determinaba que no número máximo de adxudicacións non debían computarse aquelas relativas a lotes nos que se presentase un único licitador.

 

Así pois, este último fallo rectifica o criterio que o mesmo TSXG mantiña nas súas anteriores sentenzas, o que conduce ao “rexeitamento total” das pretensións do demandante. Contra as aludidas sentenzas (correspondentes aos lotes 40, 45, 51, 54, 55 e 57) ), a Xunta de Galicia presentou recurso de casación que se encontra pendente ante o Tribunal Supremo. Do mesmo xeito será presentado estes días recurso de casación contra a correspondente ao lote 46.

 

A Xunta de Galicia considera moi positivo que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declare finalmente nesta sentenza a conformidade a dereito do proceso de contratación do servizo de transporte escolar, e insiste en que se fixo desde a máis absoluta rigorosidade e transparencia e de acordo coa normativa vixente. Non en balde, en todas as sentenzas emitidas, o Tribunal indica de forma expresa que non existen indicios fundados de prácticas colusorias (alteración do principio de competencia) no procedemento, aos que agora se suma a validación no que atinxe ao número máximo de adxudicacións por concesionaria.

 

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: departamentos


by Dr. Radut