Laboratorio de Guillín  

 Ciencias experimentais

blogue deguillin

Química na cociña

Para despedir o ano e introducir o tema das mesturas aproximamos un pouco máis a química ao alumnado trabajando "na cociña" moitos conceptos importantes no estudio da materia: mesturas homoxéneas e heteroxéneas, técnicas de separación, sólidos e gases, proceso de fermentación...tratábase de traballar en grupo para acadar do mellor xeito posible a elaboración dun produto socialmente interesante...neste caso un biscoito. Dende pensar a receita, confecionar un orzamento cos productos necesarios, establecer estratexias de grupo no traballo ata finalmente a planificación do día da elaboración...foi un camiño moi interesante e frutifero. Os biscoitos elaborados foron de gran calidade e así foron cualificados por un gran número de profesores e alumnos do centro, pero o máis importante foi que se percataron que a química é un saber que está presente nas tarefas máis cotiás e comprender determinados procesos non é tan complicado como parece.

Parabéns a todos os alumnos e alumnos de 3ºESO polo resultado acadado.

MINIPROGRAMACIÓNS DE FÍSICA E QUÍMICA

Nos arquivos que se xuntan podedes atopar o resumo da programación de Física e Química nos distintos niveis, centrándose case exclusivamente nos contidos a impartir e no xeito de avalialos.

 

AS MINIPROGRAMACIÓNS DE FÍSICA E QUÍMICA

Aquí tedes dun xeito resumido os contidos e o xeito de avalialos nos distintos cursos onde se imparte a materia de física e química.

MINIPROGRAMACIÓNS DE FÍSICA E QUÍMICA

Para que a lectura da programación sexa máis doado de entender aqui tedes as miniprogramacións da materia de Física e Química nos distintos cursos onde se imparte. Faise fincapé nos contidos impartidos e na avaliación dos mesmos.

MINIPROGRAMACIÓNS DE FÍSICA E QUÍMICA

Para que a lectura da programación sexa máis doado de entender aqui tedes as miniprogramacións da materia de Física e Química nos distintos cursos onde se imparte. Faise fincapé nos contidos impartidos e na avaliación dos mesmos.

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE FÍSICA E QUÍMICA 2019-20

No arquivo que se xunta podedes atopar a programación de departamento de Física e Química para o curso 2019-20 na materia de Física e Química.

Distribuir contido