blogue deadmin

Día da Poesía (21 de marzo)

Neste día facemos unha pequena escolma de poemas inspirados no mar e lembramos ao autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, o poeta Florencio Delgado Gurriarán.

     

Recollida de títulos de bacharel e graduado ESO e técnico FP Básica

     

AVISO:

Xa están dispoñibles para a súa recollida na secretaría do centro os títulos degraduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato e FP Básica do curso 2019-2020 e anteriores.

Para poder recollelo é imprescindíbel que o realice persoalmente o/a interesado/a e que acredite a súa identidade mediante o DNI.
Se non o pode recoller persoalmente, poderá autorizar outra persoa, preferentemente un familiar, a través un escrito asinado polo/a interesado/a no que deberá figurar o nome e apelidos e mais o número do DNI da persoa autorizada, quen tamén deberá acreditar a súa identidade.
Este escrito acompañarase dunha fotocopia simple do DNI do titular. Achégase un modelo do escrito.

 

Charla de Francisco Rodríguez sobre o 10 de marzo

O alumando de 4.º ESO asistiu a unha charla co político e antigo deputado Francisco Rodríguez. O asunto principal da actividade xirou arredor da conmemoración do 50 aniversario do 10 de marzo de 1972. Ademais da súa intervención, realizouse a proxección dun vídeo con testemuños e explicacións dos acontecementos e realizouse un breve debate.

Aviso da "Folga estudantil feminista" (8 de marzo)

Día de Rosalía

No Día de Rosalía achegámonos á súa obra xogando cos seus poemas.

 

 

 

 E felicitamos ao alumnado de FP Básica pola realización desta exposición:

Entroido, 2022

Volta ás clases

 

O  luns 10 de xaneiro retomamos as clases seguindo as pautas establecidas pola administración a nivel estatal:

A pertinencia de probas diagnósticas, test de detección, etc. serán sempre determinada por Sanidade en función da situación e protocolos en cada momento. En todo caso, os períodos de corentenas e illamentos serán os que Sanidade paute nas súas guías e protocolos, que son documentos que se van adaptando en función desta situación cambiante.
 

 

Samaín, 2021

 Iniciamos o mes de novembro coa tradicional festa de Samaín e o concurso de cabazas.
Agradecemos a colaboración do alumnado de FP.

Non esquezades recoller o voso premio na Biblioteca.

 

Plan Anual de Lectura

 

Plan Anual de Lectura 2021-22

Semana do 25 ao 29 de outubro

Comeza naESO a

HORA DE LER - ESO

1) Só para ler. Son quince ou vinte minutos de lectura non utilizables para realizar outras tarefas (estudar, deberes...)
2) Lectura libre. Cada un elixirá o que quere ler. O profesor/a pode recomendar lecturas e vixiar o contido das publicacións.

3) Individual silenciosa. É importante mater o silencio para permintir a concentración na lectura. Cando o grupo o decida, poderase ler en voz alta.
4) Se alguén non quere ler deberá estar calado ata que o profesor lle subministre outras tarefas relacionadas coa lectura ou a escritura. 

Plan de adaptación á situación covid 19 no curso 2021-2022

Axudas para o ensino e o transporte (Concello de Mugados)

Convocatoria de axudas para o ensino e o transporte do Concello de Mugardos 

PRAZO
do 1 ao 15 de setembro

Bases e solicitude

Recoñecemento aos mellores expedientes das ABAU

 

 Parabéns ás alumnas Sofía Cao e Sara Rodríguez recoñecidas hoxe no acto de homenaxe aos mellores expedientes das ABAU.

Minuto 56:33

Actividade no Club de Remo de Mugardos

Na semana do 7 ao 11 de xuño, todo o alumnado do IES Mugardos tivo a oportunidade e participar nunha actividade de promoción do Club de Remo de Mugardos. As sesións resultaron dunha colaboración entre o departamento de Educación Física e o club local, que tivo a ben dispoñer das embarcacións e dos monitores para realizar unha actividade ao aire libre, con todas as medidas de seguridade e de balde.

Os rapaces e rapazas puideron comprobar coma o esforzo é ineludible neste deporte, no que o adestramento é moi esixente pero a perseverancia da os seus froitos.

Unhas xornadas distintas para esquecer este curso tan duro que a rapazada superou con tanto ánimo. Parabéns a todos e todas!

Ao longo das segunda semana de xuño, todo o alumnado da ESO baixou á ribeira para realizar unha actividade práctica de coñecemento do remo. Grazas ao Club de Remo de Mugardos por abrir as súas portas aos centros educativos.

Para todas as familias animamos a seguir con esta toma de contacto cos deportes do mar coa inscrición na Escola de verán.

 

Circular fin de curso

Graduación de 2.º Bacharelato

Este venres, 21 de maio, celebramos a despedida de 2.º bacharelato correspondente á promoción 2019-2021. O propio alumnado organizou o acto cos tradicionais discursos e visionado das imaxes do seu paso polo centro. Entre outras contou coa intervención dos profesores titores Telmo de Paz e Miguel Gil. Salientamos a mención da matrícula de honra á alumna Sara Rodríguez Vilaboa.

Foi sen dúbida un ano duro. Co esforzo e mais a fortaleza da súa mocidade, o apoio das familias e do profesorado, esta promoción puido sacar o curso adiante.

Moita sorte, bachareis. Parabéns!!! 

 

Guía de lectura: "Diarios e cartas"

Guía de lectura
Diarios e novelas epistolares

07 Circular caso covid (23 de abril)

 

    

 Comunicamos que desde o día  22 de abril confirmouse 1 caso positivo 
no centro educativo ao que acode o seu fillo ou a súa filla. 

Agradecemos a súa colaboración imprescindible para que ningún membro
da comunidade
educativa asista  ao instituto no caso de manifestar síntomas
compatibles coa covid 19. 


Cómpre manter a máximo rigor nas medidas de protección individual e de
seguridade colectiva.

 

Xubilación de Gabriela

Grazas, Gabriela, por todos estes anos de boa e xenerosa dedicación ao ensino. No IES de Mugardos deixas unha fonda pegada de admiración e afecto. Desexamos que a xubilación che traia unha nova xeira de felicidade.

Reproducimos o emotivo poema escrito por Yoel e o vídeo do alumnado de 4.º ESO lembrando cando a profesora Gabriela lles levaba candies

  

 Xúbilo e saúde, teacher!!!

8 de marzo. Día Internacional da Muller

 

Detrás dun gran home hai sempre unha gran muller   Estereotipos da muller no cine
         
 
   

   

Elas


 

Circular sobre a folga feminista do 8M

Preme na imaxe

Comunicación de casos covid 19 (3 de marzo)

 

Comunicamos que hoxe, 3 de mazo, confirmáronse 2casos positivos no centro educativo ao que acode o seu fillo ou a súa filla.

Unha vez máis, agradecémoslles a súa colaboración para que ningún membro da comunidade educativa aisista presencialmente ao instituto no caso de manifestar algún síntoma compatible coa covid19.

 

 

Día de Rosalía de Castro

O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro coa lectura dun dos seus poemas. Da man do alumnado de Artes Escénicas (4º ESO) lembramos "A volta ó lar".

 

Entroido

Como non podía ser doutra maneira neste Entroido tiñamos que traballar, si ou si, sobre as máscaras. Máscaras tribais, máscaras do Entroido, máscaras funerarias, máscaras teatrais, máscaras da Peste Negra, máscaras venecianas, máscaras no cinema. 
Sobre todas elas traballou o alumnado de todos os niveis facendo unha investigación que se plasmou nestas máscaras, e que deixa moi claro o potencial artístico que hai neste centro. Todas estas máscaras optan a premio, nas distintas categorías, no Concurso convocado pola Biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística.

+info: Lecturamos

Día da Paz

Este curso o motivo central arredor do cal xirou boa parte do traballo do alumnado foi a carga simbólica da flor como elemento portador de paz. Dende o flower power dos anos 60, coas súas icónicas fotos de flores contra armas, ata as revolucións con nomes e presenza de flores (rosas de Georgia, caraveis en Portugal, flores brancas en Bielorrusia...). Flores como marco de frases sobre a paz, e flores tamén coas que se reproducen moitos dos símbolos da paz cuxa orixe tamén nos explicaron o alumnado nos seus traballos.
Traballo a cargo do alumnado de 1º e 3º de Valores, 2º de Investigación, e FPB Xardinería.
Fonte: Blogue LECTURAMOS
 

Búscanse humoristas

      

 Que o venres de entroido sexa entroido. Queremos clases de humor! Lembra anotarte e participar co teu chiste, anécdota graciosa, meme, monólogo, coreografía, mimo, etc. Lembra que a actuación debe durar aproximadamente 2 minutos.

Folla de inscrición en conserxería.

06 Circular caso covid (1 de febreiro)

  Comunícolles que nos últimos dez días

  confirmáronse 3 novos casos positivos

  no centro educativo.

 

 

 

 

 

 

 

   
Distribuir contido