Blog de Ofelia Lubián  

 Filosofía práctica

blogue deofelia786

Conferencia sobre neurociencia de Javier Cudeiro e visita ao MUNCYT

O martes 16-1-24 fomos de visita ao Museo de Ciencia e Tecnoloxía en Coruña tres profesoras dos departamentos de Bioloxía e Filosofía cun grupo de 50 alumnos de Bacharelato de varias optativas. Alí esperábanos o Dr. Javier Cudeiro Mazaira, catedrático de Fisioloxía da UDC e director do Centro de Estimulación Cerebral de Galicia, para darnos unha charla sobre o funcionamento do cerebro. A conferencia foi moi interesante e amena. Puidemos ver en imaxes como lle afecta ao cerebro a privación de estímulos, o estrés, as drogas, a falta de soño... Tamén nos explicou, entre outras cousas, os factores que inflúen na atención, na memoria -como a curva do esquecemento de Ebbinghaus- e os cambios que se producen durante a adolescencia.

Ao acabar a conferencia fomos visitar a exposición temporal Os Labirintos do Cerebro, inspirada na metáfora dos labirintos, que sempre funcionaron como modelos para a investigación e comprensión do funcionamento do noso cerebro.

Por último, a directora do Museo ofreceunos unha visita guiada en dous grupos ao resto de salas do Museo, como a dos inventores españois, na que puidemos ver, entre outras cousas, a maqueta do submarino de Isaac Peral ou a primeira Enciclopedia Mecánica de Ángela Ruiz Robles, antiga mestra en Ferrol.

 

Participación na X Olimpiada de Filosofía de Galicia (vídeo)

 As fronteiras

     

Participación no Parlamento Xove

O equipo formado por Uxía Mesía, Lía Rodríguez, Carlota Vidal e Yoel Sanjuán coordinado pola profesora Ofelia Lubián participaron a pasada fin de semana na fase clasificatoria da 13ª edición do Parlamento Xove. 

Parlamento Xove é unha competición na que os diversos equipos inscritos investigarán e debaterán sobre un tema formulado pola organización. Neste caso o tema de debate foi Debería existir unha regulación para ser youtuber ou influencer que garanta que desempeñen as súas funcións correctamente? A dificultade da actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico procederase ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo, ‘a favor’ ou ‘en contra’, en relación á cuestión formulada. 

Malia non clasificarnos para a fase final, a experiencia sempre resulta enriquecedora. O obxectivo deste programa é potenciar as habilidades individuais e en grupo, entre as que destacan o desenvolvemento da capacidade de selección de información, a expresión escrita, a expresión oral, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo ou a convivencia.

Actividades de Filosofía e Valores Éticos

 

As actividades diarias para todos os cursos de Filosofía están dispoñibles no blog Seda Salvaxe.

 

Tamén os de Valores Éticos de 4.º ESO


 


 

3.º premio na VII Olimpíada Filosófica de Galicia (categoría de disertación)

 

 Sofía Cao

1.º Bacharelato

3.º premio
na VII Olimpiada Filosófica de Galicia

Categoría de disertación.

 

 

A fase final tivo lugar o xoves, 20 de febreiro. 

Podemos ler o artigo de Sofía Cao "Todos podemos ser un heroe" na revista Filoxornal publicada o 21 de novembro, Día Internacional da Filosofía.

 

 

O pasado venres, 24 de xaneiro, as alumnas de bacharelato Iria Fernández, Yuxin Zheng, Marta Ibón, Sofía Cao e Esther Rodríguez acompañadas da profesora Ofelia Lubián asistiron á Olimpíada Galega de Filosofía. A súa participación este ano foi na modalidade de Disertación sobre " O camiño do mito ou o mito do camiño". As probas tiveron lugar na Faculade de Filosofía de Santiago de Compostela.

 

Filoxornal: o poder do mito

Baixo o lema O poder do mito a Olimpíada Filosófica de Galicia invítanos este ano a profundizar no sentido do mito e no papel que xoga na sociedade actual, inmersa nos desafíos da globalización.

Para conmemorarmos o Día da Filosofía, o alumnado de 2.º Bacharelato, profesorado e a dirección da profesora Ofelia Lubián editaron a revista que podemos ler na seguinte ligazón: Filoxornal.

 

Recoñecemento na Olimpíada de Filosofía de Galicia: 3º premio na categoría de vídeo

As alumnas Elena Martínez, Noelia Calvo e Noa Martínez, de 2.º bacharelato, veñen de recibir o terceiro premio da Olimpíada de Filosofía de Galicia na modalidade de vídeo. O seu traballo, dirixido pola profesora Ofelia Lubián, foi seleccionado como un dos finalistas entre uns vintecinco presentados de toda a comunidade.

 A través da pantalla

 

O acto de entrega do premio celebrouse este xoves na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela. Parabéns polo traballo sobre as identidades e comportamentos dixitais que nos deixa a gran pregunta e invitación filosófica final: que pensades?

Día da Filosofía

Parlamento Xove (2017)

 Esta fin de semana celebrouse o encontro de debate do Parlamento Xove correspondente á categoría de Bacharalato. O IES de Mugardos participou co equipo formado por Noelia Calvo, Raquel Pérez, Lupa Pérez e Alberto Pérez coa coordinación da profesora de Filosofía, Ofelia Lubián

Os debates desta fase clasificatoria discorreron nas instalacións do Centro Residencial Docente situado en Culleredo. O tema desta edición era a seguinte pregunta: As novatadas estudantís. Pasaron a ser un suposto de acoso entre a mocidade?

Malia que non resultamos seleccionados para a fase final, completamos unha meritoria participación. Parabéns, equipo, polo traballo e esforzo que representa a preparación desta actividde altamente formativa.

Día Internacional da Filosofía (17 de novembro)

           O terceiro xoves de novembro vénse celebrando o Día Internacional da Filosofía. Foi instaurado pola UNESCO, entre outros obxectivos, para "salientar a importancia da xeneralización da ensinanza filosófica nas xeracións futuras".

O Departamento de Filosofía do noso centro, en colaboración co IES Fragas do Eume de Pontedeume e o IES Félix Muriel de Rianxo, elaborou un caderno de lecturas que se distribuirá entre o alumnado.

A escolma inclúe textos de Epicteto, Platón e Kant para estimular a práctica e reflexión filosófica.

    Ligazón

 

  

 

 

 

FILOXORNAL 2016

Bases do

Premio

Filoxornal

2016

Parlamento Xove (Bacharelato)

 Esta fin de semana celebrouse o encontro de debate do Parlamento Xove correspondente á categoría de Bacharalato. O IES de Mugardos participou con dous equipos. Un formado por Tania García, Noelia Calvo, Raquel Pérez e Marica López, coordinado polo profesor de Lingua Castelá, Telmo de Luis. Outro equipo integrado por Cristina Fernández, Lupa Pérez, Alberto Pérez e Guillermo Gallego coordinado pola profesora de Filosofía, Ofelia Lubián. O tema desta edición era a seguinte pregunta: Determina o papel do/a profesor/a o futuro dos mozas e mozas?

Parabéns polo traballo e esforzo que representa a preparación desta actividade altamente formativa.

 

Parlamento Xove (ESO)

O equipo de debate formado por Sara Salido, Marta Rumbo, Noa Canido e David Romero asistiu esta fin de semana o encontro de debate do Parlamento Xove. Aínda que non foron seleccionados para a fase final, completaron unha meritoria participación cun debate gañado e outro moi empatado. Parabéns ao equipo e á coordinadora Ofelia Lubián.

A vindeira semana tocaralle o turno á categoría de bacharelato, na que o noso centro presenta dous equipos. O tema desta edición é a seguinte pregunta: Determina o papel do/a profesor/a o futuro dos mozas e mozas?

Pinta o mundo de laraxa

Desde o 25 de novembro (Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres) ata o 10 de decembro (Día dos Dereitos Humanos) a campaña patrocinada pola ONU invítanos a PINTAR O MUNDO DE LARANXA como símbolo dun fútuto sen violencia. Así está o taboleiro da entrada ao instituto:

  Máis información

Páxina ONU Mulleres

 

Estrea teatral de "Derrota en Kioto" (Os Dramáxicos)

O grupo de teatro Os Dramáxicos, formado por alumnado de 4º.ESO E 1º BAC, estreou este luns a obra titulada "Derrota en Kioto". Con guión orixinal do propio grupo e unha coidada posta en escena dirixida pola profesora Ofelia Lubián, presentaron a obra no marco do Certame de Teatro Candilejas. A representación tivo lugar no salón de actos do centro Calvo Sotelo da Coruña. A próxima actuación será no acto cultural fin de curso no noso instituto.

Parabéns a toda a compañía. Adiante co teatro.

Os Dramáxicos do IES de Mugardos

Pleno Xove (17 de decembro)

Canle IES Mugardos TV
Gravación: Pablo Pérez - Xornalista: Sara Vázquez  

Reportaxe fotográfica
Sofía Vila, Marta Pérez e Aurora Silvar

 

 

 

---ooo---


Foto e nova en La Voz de Galicia

Congreso Internacional da Xuventude

O Congreso Internacional da Xuventude foi un evento celebrado en Ribeira durante os días 25 e 26 de outubro e organizado pola Dirección Xeral de Xuventude. A el foron invitados catro dos nosos alumnos en calidade de relatores: de 2º de BAC acudiron  Aida, Arume e Nerea, para expoñer a súa experiencia no Parlamento Xove do ano pasado. De 4º de ESO foi Javier Maceiras, para presentar o seu proxecto empresarial "Jack´s Macy".
 
O encontro tivo un contido formativo e se nos brindou a posibilidade de asistir a conferencias de expertos en diferentes ámbitos (empresarial, universitario, ONGS...) de recoñecido prestixio. Por outra banda, tamén lle permitiu aos xoves que participaron en actividades voluntarias expoñer as súas experiencias e coñecer as de outros rapaces. 
 
 

Entrevista con Serxio Pazos

Co actor Serxio Pazos en Fene antes da actuación "Se galego, my friend"

Galería

Distribuir contido