FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Visita do club de lectura a Pontevedra (27 de marzo)
O club de lectura "A boca do lobo" realizou este xoves, 27 de marzo, a súa visita anual a unha localidade galega para mercar libros. Nesta ocasión a elixida foi a boa vila de Pontevedra cadrando coa celebración do Salón do Libro Infantil e Xuvenil. Alí recibiunos a mascota Orbil e percorremos as instalacións. Logo tivemos a oportunidade de realizar o roteiro guiado pola cidade vella e co noso guía Roberto descubrir as pegadas do burgo medieval. Despois das compra na Libraría Paz e Cronopios e do xantar, aínda tivemos tempo para ver varias salas do Museo Provincial.