Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Apadriñamento

O alumnado do IES Mugardos non está cego.

Sabemos que ó noso redor suceden cousas que non están ben, que hai compañeiros que non son felices na escola porque non se atreven a falar.
Sabemos que ás veces danse situacións entre nós que producen sufrimento a outros.
Sabemos que entre nós hai quen sofre por non ser como os demais pensan que debería ser.
Sabemos que hai quen non ten con quen falar.
Sabemos que na escola e na casa non atopamos ás veces a axuda que necesitamos.
Sabemos que hai quen se sente indefenso.
...
Sabemos moitas cousas e queremos facer algo por mellorar.

Probaremos a crear un programa de apadriñamento entre nós
O apadriñamento será unha relación de amizade e axuda. Os que participen deberán ser alumnos e alumnas responsables, discretos e capaces de solicitar axuda no centro no caso de atopar algunha situación problemática.

En que consiste?
Todo o alumnado de 3º e 4º de ESO e Bacharelato que o desexen poden ser padriños ou madriñas dalgún compañeiro/a que o solicite.

Que poden os padriños e madriñas ao seus afillados/as?
Amizade, axuda, confianza, apoio, discreción.

Que hai que facer para ser padriño ou madriña? Cales son as súas misións?
Debes cubrir a solicitude, comprometerte a asistir a unhas sesións de formación e respectar as regras do apadriñamento: responsabilidade, discreción e axuda. O padriño ou madriña deberá actuar como un verdadeiro amigo do seu afillado, coñecerá os seus problemas no centro e axudaralle a resolvelos. Periodicamente deberá acudir a unha reunión de todos os padriños e madriñas para valorar a convivencia no centro e introducir melloras no sistema.

Quen poderá ser padriño ou madriña?
Atendendo á dispoñibilidade, seguirase a seguinte orde:

  1. Alumnado de 1º ESO
  2. Alumnado de 2º  ESO
  3. Alumnado que o necesite. Para saber quen está nesta situación pedirase a opinión de delegados, orientación e xefatura de estudos.
  4. Alumnado que o solicite.

Quen escolle a quen?
Os afillados escollerán os padriños ou madriñas. No caso de haber máis peticións que padriños, estes poderán ter ata dous afillados.

Que pasa se non funciona ben a relación entre un padriño/madriña e o seu afillado/a?
Existirá unha comisión de apadriñamento formada por padriños e madriñas, a responsable de orientación e dous membros da dirección do centro que actuará cando xurdan problemas.