FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Profesores en prácticas
Enviado por admin o Dom, 24/04/2016 - 22:18
No último claustro tivemos a oportunidade de despedirnos dos profesores en prácticas que a longo dos últimos meses estiveron realizando este período de formación entre nós. Trátase ademais de tres ex-alumnos do centro, o que nos enche de orgullo e satisfacción: Raquel Cartelle, de lingua inglesa; Rosa Fernández, de lingua castelá e Adrián González, de Educación Física. Recibiron o recoñecemento do claustro polo labor realizado e desexámoslles moitos éxitos para desenvolver a súa vocación docente.